Monte da Cova da Serpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°05′19″N 7°54′45″O / 43.0885949, -7.9123983

A Cova da Serpe é a maior elevación da serra do mesmo nome con 841 m sobre o nivel do mar, e sitúase xusto no punto onde conflúen as lindes dos concellos de Guitiriz, Friol e Sobrado.

O monte é citado xa no século X como Cova de Serpente e era un dos fitos que sinalaban a doazón inicial ao mosteiro de Sobrado. O nome procede dunha caverna localizada nas proximidades da cima, dunha lonxitude duns 12 metros, e un altor na boca de sobre 2 metros; a anchura máxima é de 5 metros.

Inscrición no monte da Cova da Serpe.

Domingo Fontán, durante a elaboración da súa Carta xeométrica de Galiza, estivo até tres veces na Cova da Serpe: en 1822, 1828 e 1830. A última vez, grazas ao acompañamento de bo tempo, puido ver polos seus aparellos a Torre de Hércules, situada a uns 70 quilómetros.[1]

Lendas[editar | editar a fonte]

Estanislao Fernández de la Cigoña recolleu dúas lendas diferentes sobre a cova. Nunha fálase dunha enorme serpe, capaz de tragar gando, dun bocado en Miraz (Friol), a uns 8 quilómetros de distancia, sen que o rabo do réptil saíra do gruta. Os veciños acaban por matar o monstro dándolle de cebo un burro de alcatrán, e prendéndolle lume. Na segunda lenda a filla do señor de Miraz escapa cun mozo aldeán, do que está namorada, acabando os amantes por refuxiarse na cova, onde o mozo será quen de matar á serpe. Porén, nas lendas recollidas por Carré, o señor de Miraz é substituído polo señor da torre de Narla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hugo Brandalise, Vitor (30.8.2012). "La Cova da Serpe: geografía, montañismo y… leyendas". El primer rostro de Galicia (en castelán). Consultado o 27.1.2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Torres Luna, Mª Pilar de; Pazo Labrador, Alberto J.; Santos Solla, José Manuel (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-592-8
  • Fernández de la Cigoña, Estanislao (1995): As covas de Galicia. Guía práctica para visitar as arcas, grutas, furnas, palas, buratos, cavernas, bolas e covas galegas. Vigo, Edicións Xerais. ISBN 84-7507-897-4