George S. Patton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Patton")
George S. Patton
GeorgeSPatton.jpg
Nome completo George Smith Patton, Jr.
Alcumes(s) "Bandito", "Old Blood and Guts", "The Old Man"
Nacemento 11 de novembro de 1885, San Gabriel (California)
Defunción 21 de decembro de 1945, Heidelberg (Alemaña)
Soterrado Luxembourg American Cemetery and Memorial
Fidelidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Rama Seal of the United States Department of War.png Exército dos Estados Unidos
Servizo 1909–45
Rango Xeneral do Exército Xeneral do Exército
Mandos 7º Exército dos Estados Unidos
3º Exército dos Estados Unidos
15º Exército dos Estados Unidos
Batallas/Guerras
Premios
Sinatura George S Patton Signature.svg

George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel (California) o 11 de novembro de 1885, e finado en Heidelberg (Alemaña) o 21 de decembro de 1945, foi un militar estadounidense, máis coñecido como Xeneral Patton. Foi un dos máis peculiares e carismáticos líderes dos aliados, era coñecido polos seus habituais desplantes á prensa e o seu férreo sentido da disciplina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xunto ó mariscal alemán Erwin Rommel, o primeiro en descubri-las posibilidades das divisións mecanizadas. Como proba disto, as súas actividades en Europa tralo desembarco en Normandía: o III Exército dos Estados Unidos (baixo o seu mando), foi a unidade militar que máis terreo conquistou e máis prisioneiros capturou en menos tempo que ningunha outra antes.

Veterán da Primeira Guerra Mundial, Patton involúcrase por primeira vez na Segunda Guerra Mundial no escenario do norte de África, onde vence a Rommel. Tras acadaren a dominación do Norte de África trala unión dos exércitos británicos e americanos, Patton participa na invasión de Sicilia, e sorprendentemente captura Messina antes que as forzas aliadas británicas, producindo unha pequena humillación ó Mariscal Montgomery do Reino Unido, con quen mantiña unha dura rivalidade.

Porén, un incidente cun soldado que sufría de fatiga de guerra é recollido pola prensa, que logra que o mando dos Estados Unidos o alonxe da acción, facendo que viaxe por Europa, e logo, antes do Día D, polo Reino Unido, para así distrae-la atención do Estado Maior Alemán, que o consideraba o xeneral aliado máis proclive a dirixi-lo desembarco en Francia. Tralo desembarco de Normandía, o seu terceiro exército desembarca no oeste de Francia, logrando vantaxe táctica fronte os alemáns, e avanzando rapidamente cara ó leste. Protagoniza grandes vitorias como a da Batalla das Ardenas ou a liberación de elementos da 101ª Aerotransportada do Sitio de Bastogne.

Poucos meses despois de remata-la Segunda Guerra Mundial, sufriu un aparatoso accidente automobilístico mentres desenvolvía as funcións de gobernador aliado de Luxemburgo. De feito, no pequeno país europeo, o xeral Patton está considerado a día de hoxe un heroe nacional.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: George S. Patton

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.