Esta vitoria foi reforzada e apoiada polos Acordos de Potsdam, xa que se buscaba a limpeza de toda a influencia nazi na sociedade, cultura, prensa, xustiza e política da Alemaña e de Austria. O proceso consta de dúas partes compoñentes: unha punitiva e outra preventiva. O Comité de Control dos Aliados aprobou en 1946 unha serie de directivas de desnazificación mediante as cales certos grupos de persoas foron levados a xuízo.