Lorena
| Lorraine (fr) | |||||
| Epónimo | Ducado de Lorena | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Capital | Metz | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.345.197 (2013) | ||||
| Lingua usada | lingua luxemburguesa Língua zarfática (pt) Alemán do Palatinado | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 23.547 km² | ||||
| Punto máis alto | Hohneck (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Nicolao de Mira | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Regional Council of Lorraine (en) | ||||
| ISO 3166-2 | FR-M | ||||
| Código NUTS | FR41 | ||||
A Lorena[1] (en francés e en lorenés: Lorraine, en alemán: Lothringen) é unha rexión de Francia que linda con Alemaña, Bélxica e Luxemburgo.
Administración
[editar | editar a fonte]O Conseil Régional de Lorraine (goberno rexional) é membro da cooperación interrexional transfronteiriza «Saar-Lor-Lux», xunto con Luxemburgo, os estados federados alemáns do Sarre e Renania-Palatinado e a Valonia, en Bélxica.
A sede do Conseil Régional encóntrase en Metz. A rexión está marcada por unha forte rivalidade entre Metz e Nancy.
Cultura
[editar | editar a fonte]Pola súa posición xeográfica, a Lorena foi un lugar de intercambios culturais privilexiado entre Francia e as culturas xermánicas. Así, numerosas innovacións fixeron a súa entrada na Lorena antes de estenderse polo resto de Francia (música, gastronomía etc.). O esplendor cultural lorenés empezou no Renacemento, antes de ser o berce de movementos culturais orixinais, entre os cales o máis famoso seguramente sexa a Art Nouveau, levada a Francia pola Escola de Nancy.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lorenés.
