Río Rin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Rin
Chutes du rhin.jpg
Fervenzas en Schaffhausen.
País Suíza Suíza
Austria Austria
Liechtenstein Liechtenstein
Flag of France.svg Francia
Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
Rexión n/d
Nacemento Alpes (Suíza)
Altitude 2.344 msnm
Lonxitude 1.238 km
Caudal medio 2.300 m³/s
Conca
Desembocadura Mar do Norte (Países Baixos)

O Rin (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés, Rain en retorrománico) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa, con 1.238 Km e un caudal de 2.300 metros cúbicos por segundo. Atravesa Europa de sur a norte, desembocando no Mar do Norte.

Loreley

O nome Rin é de orixe celta e significa fluír (como en grego antigo 'rheīn'=fluír). Xunto co Danubio, o Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban o río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Rin

O Rin nace nos Alpes, no leste da Suíza, no cantón de Grisons (ou Graubünden en alemán) e é o resultado da confluencia de dous ríos, o « Rin anterior » e o « Rin posterior ». Desauga no mar do Norte mesturando as súas augas coas do río Mosa no grande delta. Atravesa ou acompaña seis países : a Suíza, a Austria, o Liechtenstein, a Alemaña, a Francia e os Países Baixos.
Constitúe a fronteira natural entre a Suíza e o Liechtenstein, entre a Alemaña e a Suíza e entre a Alemaña e a Francia.

Nos Países Baixos, o Rin divídese para formar un delta:

Historia[editar | editar a fonte]

Esta característica de fronteira nacional é relativamente recente, con excepción do período durante o cal o Imperio romano o transformou nunha barreira ao norte contra os bárbaros, cunha fronteira (limes) enchida de fortificacións, como Colonia ou Estrasburgo. Entre a caída do Imperio romano e a conquista da Alsacia por Luís XIV, o Rin facía parte do mundo xermánico, que o denominaba Vater Rhein, o Rin paternal.

Acontecementos históricos[editar | editar a fonte]

Hidroloxía[editar | editar a fonte]

Canyon ou Ruinaulta, entre Ilanz/Glion e Chur, Suíza.

Con 14.000 á 17.000 anos de idade, as cataratas do Rin teñen unha altura de 23 metros (desnivel total de 33 metros) e unha largura de 150 metros, cun fluxo medio de 373 m³/s.

O fluxo medio anual na fronteira franco-alemá é de 1.240 m³/s, en Estrasburgo de 1.080 m³/s, e en Basilea de 1062 m³/s. A maior seca foi de 202 m³/s, e a maior enchente de 5.700 m³/s.

Afluentes principais[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Entre a Basilea e o seu estuario, o Rin atravesa unha das zonas máis densamente poboadas da Europa occidental, historicamente rica en comercio e trocas. O Val do Rin tamén foi o berce dunha das principais rexións da Revolución Industrial, a rexión do Ruhr, que se beneficia dunha importante reserva de recursos minerais, de fácil acceso e favorábeis ao desenvolvemento da industrialización.

Desde a «Convención de Mannheín» de 1868, o Rin considérase unha rexión de "augas internacionais" da última ponte da Basilea até o mar do Norte, asegurándolle a Suíza un acceso libre ao mar. A sede da Comisión central pola Navegación do Rin é en Estrasburgo. Fundada en 1815 durante o Congreso de Viena, é a máis antiga organización internacional.

En 2000, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura (UNESCO) inscribiu os 65 km do Val Medio do Rin na lista do Patrimonio da Humanidade, xuntamente co rochedo da Lorelei, preto da cidade de Saint-Goar, na Alemaña.

= Departamentos[editar | editar a fonte]

O Rin deu o seu nome aos dous departamentos (fr.: départements) franceses da rexión Alsacia:

Dá tamén o seu nome a dous Estados (al.: Bundesländer) da Alemaña:

Canais[editar | editar a fonte]

Gran Canal da Alsacia.

O curso do Rin está afectado por diversos canais, de varias naturezas, que discorren paralelos (O gran canal da Alsacia) ou que o unen co curso doutros ríos (o Canal Saint-Symphorien que o une co Ródano-Saona).

Gran Canal da Alsacia[editar | editar a fonte]

Comezou a construírse no ano 1920 no lado francés da Alsacia, o que permitiu a este país construír no seu territorio centrais hidroeléctricas e presas. Estas construcións fixeron baixar ostensibelmente o caudal do río e que o Río Rin pasase a ser un dos máis contaminados do continente europeo, como consecuencia en 1935 o salmón desaparecera das súas augas.

Grazas á labor conxunta dos países polos que trascurre o río este recobrou parte da súa pureza e o salmón ao igual que algunha outra especie volve ter presenza nel.

Canal Rin-Meno-Danubio[editar | editar a fonte]

Comezou a construirse despois da Segunda Guerra Mundial e rematouse en 1993, con 677 quilómetros de lonxitude percorre a parte meridional de Alemaña, exténdese polo Estado federado de Baviera dende Aschaffenburg ata as proximidades da fronteira con Austria. Pasa polos vales dos ríos Meno, Regnitz e Altmül, permitindo a navegación ata o Río Danubio e polo tanto ata o Mar Negro dende o Mar do Norte.

Cita[editar | editar a fonte]

« Il y a toute l'histoire de l'Europe (...) dans ce fleuve des guerriers et des penseurs, dans cette vague superbe qui fait bondir la France, dans ce murmure profond qui fait réver l'Allemagne. Le Rhin réunit tout. » Le Rhin, Victor Hugo, 1842.

En galego: « Toda a historia da Europa (...) está resumida neste río de guerreiros e de pensadores, nesta onda inmensa que sacode a Francia, neste murmurio profundo que fai soñar a Alemaña. O Rin reúne todo. » Le Rhin, Victor Hugo, 1842.

"L'empire, réduit aux faubourgs de Constantinople, finit comme le Rhin, qui n'est qu'un ruisseau lorsque il se perd dans l'océan". (Montesquieu, Considerations sur les causes de la grandeur des Romains et de leur decadence)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Rin

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]