Alfred Jodl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfred Jodl
Bundesarchiv Bild 146-1971-033-01, Alfred Jodl.jpg
Nacemento 10 de maio de 1890
  Würzburg
Falecemento 16 de outubro de 1946
  Núremberg
Causa Enforcamento
Nacionalidade Reino de Baviera e Deutsches Reich
Relixión rejecting the blood
Ocupación político e militar
Premios Cruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro, Golden Party Badge, Clasp to the Iron Cross, Medalha Anschluss, Cruz de Honra e Distintivo de Ferido
editar datos en Wikidata ]

Alfred Jodl, nado en Würzburg, Alemaña, o 10 de maio de 1890 e finado o 16 de outubro de 1946, foi oficial da Wehrmacht e axudante persoal de Wilhelm Keitel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educado na escola de cadetes en Múnic, graduouse en 1910, incorporándose ao exército como oficial de artillería. Durante a Primeira Guerra Mundial combateu nas frontes occidental e oriental, sendo ferido en dúas ocasións.

Coñeceu a Adolf Hitler en 1923 e en 1935 foi nomeado Xefe de Defensa Nacional da Wehrmacht. O 26 de agosto de 1939 ascendeu a xeneral. Durante a Segunda Guerra Mundial foi Xefe do Departamento de Mando e Operacións no OKW, sendo conselleiro estratéxico de Hitler. Á morte deste foi nomeado Xefe de Estado Maior de Karl Dönitz, asinando a capitulación incondicional de Alemaña en Reims o 7 de maio de 1945.

Foi detido polo exército británico o 23 de maio de 1945, recluído no campo de prisioneiros de guerra de Flensburg e acusado polo Tribunal de Nuremberg de crimes de guerra, crimes contra a paz e crimes contra a humanidade, sendo executado na forca o 16 de outubro de 1946.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]