Desembarco de Normandía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Tamén coñecido por Operación Overlord, ou Desembarque de Normandía foi unha operación militar aerotransportada e anfibia levada a cabo polos Aliados o 6 de xuño de 1944 nas costas de Normandía no penúltimo ano da segunda guerra mundial.
Os aliados levaban esperando no sur de Inglaterra dúas semanas a que fixera bo tempo para que os avións soubesen onde deixar caer ós seus paracaidistas. Finalmente, o 6 de xuño quedou establecido como o "Día D". A "hora H" sería ás seis da mañá, cos primeiros raios do sol. O lugar sería Normandía, tendo en conta os esforzos aliados para que os alemáns pensasen que o desembarque ía ser no paso de Calais.
O día 5 bombardeáronse fortemente as posicións alemás na costa con 66.000 toneladas de bombas. Despregáronse dúas divisións aerotransportadas americanas (a 101ª e a 82ª, 17.000 homes) na península de Cotentin e unha británica (4.255 homes) no val de Odon. A súa misión era sabotea-la retagarda alemá.
A zona de desembraque dividiuse en seccións, chamadas:
- Utah: Zona americana, sur de Cherburgo. Tardan pouco en conectar cos paracaidistas da 82ª.
- Omaha: Zona americana, preto de Viervielle-sur-mer. A 352º División alemá sitúase xusto tralos cantís da praia. As divisións americanas 1ª e 4ª sofren numerosísimas baixas (3.000)
- Gold : Zona británica, preto de Arromanches.
- Xuno: Zona británica.
- Sword: Zona británica e canadense. Montgomery recibira ordes de tomar Caen o mesmo día da invasión. Tardouse dúas semanas en toma-la cidade.
O obxectivo principal era Caen, cidade onde tiña o seu cuartel xeral o 1º Grupo Acoirazado alemán.
A fin da batalla de Normandía pode situarse no 30 de xuño, coa caída de Cherburgo, cuxo importante porto de gran calado converteuse na plataforma fundamental para a chegada do material pesado de guerra aliado.
París foi liberada en agosto, e os aliados efectuaron outro desembarco na costa mediterránea de Francia (Operación Anvil) como reforzo. Agora, o único que separaba ós Aliados do corazón do Reich era a Liña Sigfrido e o Rhin.
Defensas alemás
[editar | editar a fonte]As defensas da "muralla do Atlántico" (Atlantikwall) xermanas -baixo o mando de Erwin Rommel- concentrábanse en Calais, quedando virtualmente desprotexidas as praias normandas. O segundo dirixente foi o xefe supremo da fronte do oeste, Mariscal Von Rundstedt.
- Bombardeiros: 100
- Cazas: 70
- Divisións: 58
Tropas aliadas de ataque
[editar | editar a fonte]O máximo responsable era o Comandante Aliado Supremo (Supreme Allied Commander), o xeneral Eisenhower. A frota de desembarco estaba baixo o mando dos almirantes Alan C. Kirk e Philip Vian.
- Bombardeiros: 3.467
- Cazas: 5.049
- Divisións: 39 (tres aerotransportadas)
- Avións de transporte e multipropósito: 4.600
- Planeadores (que levaban ós paracaidistas): 2.591
- Acoirazados: 6
- Cruceiros de ataque: 23
- Destrutores: 122
- Torpedeiros: 360
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Historia |