Saltar ao contido

Republic P-47 Thunderbolt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republic P-47 Thunderbolt
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Alcume
Jug Editar o valor en Wikidata
 Uso
Características
 Representado por
 Impulsado por
Implicados
 Deseñador/a
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
1942 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1966 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
6 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
Altura4,42 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura12,42 m Editar o valor en Wikidata
Área das ás27,87 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional13.100 m Editar o valor en Wikidata
Total producido15686 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/012tq3 Editar o valor en Wikidata
Identificador militarP-47 e P-47 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Republic P-47 Thunderbolt foi un caza estadounidense usado durante a segunda guerra mundial. Desenvolveuse a partir do P-43 e o seu prototipo voou por primeira vez o 6 de maio de 1941. Usouse fundamentalmente como caza, pero tamén foi un bo avión de ataque ó chan empregándose nestas tarefas especialmente tras o desembarco de Normandía. Tiña oito metralladoras de 12,7 mm, catro en cadansúa á, e completamente cargado podía superar as 8 toneladas de peso. Construíronse 15 686 unidades entre todas as súas versións.

O Thunderbolt foi efectivo como caza de escolta de curto-medio alcance en combates a grande altitude, e como avión de ataque a terra tanto en Europa coma no Pacífico. O P-47 deseñouse tomando como base o potente motor radial Pratt & Whitney R-2800 Double Wasp de 18 cilindros que tamén equipaba dous cazas da Armada/Marines, o Grumman F6F Hellcat e o Vought F4U Corsair. Un avanzado sistema turbocompresor aseguraba o seu dominio a grande altitude, á vez que influíu no seu tamaño e no seu deseño.

O P-47 foi un dos principais cazas das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) na segunda guerra mundial, e tamén serviu noutras forzas aéreas aliadas, incluídas as de Francia, o Reino Unido e mais a Unión Soviética. Escuadróns de México e o Brasil equipados co P-47 tamén loitaron a carón da USAAF.

A carlinga blindada era relativamente espazosa e cómoda, e a cúpula en forma de burbulla introducida no P-47D ofrecía unha boa visibilidade. Alcumado "Jug" (xerra), o P-47 destacou pola súa potencia de fogo, así como pola súa habilidade para resistir danos e ficar en voo.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  • Tipo: monopraza de caza e cazabombardeo Republic P-47D-25 Thunderbolt.
  • Planta motriz: un Pratt & Whitney R-2800-59 de 2.535 hp de potencia.
  • Envergadura: 12,43 m.
  • Lonxitude: 11,01 m.
  • Peso máximo de engalaxe: 8.800 Kg.
  • Velocidade máxima: 428 millas/h a 30.000 pés.
  • Alcance operacional: 475 millas.
  • Armamento: oito metralladoras de 12,7 mm e capacidade para 1.134 kg de bombas ou dez foguetas de 127 mm baixo a fuselaxe ou as ás.