Conferencia de Casablanca


A Conferencia de Casablanca tivo lugar no Hotel Anfa, en Casablanca, Marrocos, que daquela era un protectorado francés, entre o 14 e o 24 de xaneiro de 1943, co obxectivo de planear unha estratexia europea para o funcionamento aliado durante a segunda guerra mundial. Nesta conferencia estiveron presentes Franklin Delano Roosevelt, Winston Churchill, Charles de Gaulle e Henri Giraud.
O líder da URSS, Iosif Stalin foi tamén convidado á conferencia, pero non quixo ir. O xeneral Charles de Gaulle negouse inicialmente a participar na conferencia, pero tivo que cambiar de parecer debido á ameaza de Winston Churchill de recoñecer a Henri Giraud como único líder das Forzas da Francia Libre. Henri Giraud tamén estivo presente na conferencia. Durante as conversacións foi evidente a tensión entre os dous líderes franceses.
A declaración da Conferencia de Casablanca expresou que debía buscarse a rendición sen condicións por parte das Potencias do Eixo. Tamén se acordou axudar á Unión Soviética, así como invadir Sicilia e Italia e recoñecer o liderado de maneira conxunta da Francia Libre por parte de De Gaulle e Giraud. Roosevelt presentou os resultados da conferencia ao pobo norteamericano a través da radio o 12 de febreiro de 1943. Tamén se acordou que non habería invasión polo canal da Mancha durante o ano 1943.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Casablanca Conference of 1943
- United States Department of State Foreign Relations of the United States.Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. The Conferences at Washington, 1941–1942, and Casablanca, 1943