Bernard Law Montgomery
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Bernard Law Montgomery, primeiro viceconde de El Alamein, nado en Londres o 17 de novembro de 1887 e finado o 24 de marzo de 1976, foi un mariscal de campo do Reino Unido, coñecido pola súa participación na segunda guerra mundial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alcumado Monty, foi nomeado comandante en xefe do oitavo exército británico, no norte de África, onde obrigou ó mariscal alemán Rommel a retirarse de Exipto trala Segunda Batalla de El Alamein.
Cunha grande rivalidade co xeneral americano Patton, liberou Sicilia (Italia) no 1943 e continuou a invasión de Italia ata que foi chamado para participar no Desembarco de Normandía. Tralo desembarco e ata a chegada de Eisenhower á Europa continental, foi o comandante en xefe de tódalas forzas aliadas. Foi nomeado vizconde de El Alamein en 1946.