Saltar ao contido

Guillerme I de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme I de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) William I the Conqueror
(ang) Wilhelm se Gehīersumiend
(fr) Guillaume le Conquérant
(nrm) Gllâome lé Counqùéreus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Guillaume Editar o valor en Wikidata
1027 ↔ 1028 Editar o valor en Wikidata
Falaise (Ducado de Normandía) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 1087 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Ruán (Ducado de Normandía) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Saint-Étienne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
25 de decembro de 1066 – 9 de setembro de 1087
← Haroldo II de InglaterraGuilherme II de Inglaterra (pt) Traducir →
Duque de Normandía
3 de xullo de 1035 – 9 de setembro de 1087
← Roberto I de NormandíaRoberto II, Duque da Normandia (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMonarca de Inglaterra (1066–1087)
Duque de Normandía (1035–1087) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Normandía Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMatilde de Flandres (1053–) Editar o valor en Wikidata
FillosConstança da Normandia, Alberta, Cecília da Normandia, Matilda of Normandy, Agatha of Normandy, Henrique I de Inglaterra, Roberto II, Duque da Normandia, Adeliza da Normandia, Ricardo da Normandia, Guilherme II de Inglaterra, Adela da Normandia Editar o valor en Wikidata
PaisRoberto I de Normandía Editar o valor en Wikidata  e Herleva de Falaise Editar o valor en Wikidata
IrmánsOdo de Bayeux
Roberto
Adelaide da Normandia Editar o valor en Wikidata
ParentesEduardo o Confesor, tío
Odo, Count of Champagne, cuñado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Normandie-32 Find a Grave: 1948 Editar o valor en Wikidata
Guillerme I de Inglaterra

Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Haroldo II de Inglaterra na batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Guillerme naceu no 1027 e accedeu ao ducado de Normandía á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por Henrique I de Francia, e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra, Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que Harold Godwinson, o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en Harold II de Inglaterra, e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do papa.

A batalla definitiva da Conquista Normanda de Inglaterra foi a de Hastings, onde Harold II morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres saxóns non tardaron en renderse ao poder normando, e Guillerme foi proclamado rei.

Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro catastro da historia, chamado Domesday Book. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis anglosaxoas coas normandas. Por último, impuxo o francés normando como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico inglés cunha enorme cantidade de léxico de orixe latino do francés normando ata crear a base do inglés moderno.

Predecesor:
Roberto I de Normandía
Duque de Normandía
10351087
Sucesor:
Roberto II de Normandía
Predecesor:
Harold II de Inglaterra
Rei de Inglaterra
10661087
Sucesor:
Guillerme II de Inglaterra