Pancho Villa
Pancho Villa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José Doroteo Arango Arámbula |
Alcume | Pancho Villa e Francisco Villa |
Nacemento | 5 de xuño de 1878 |
Lugar de nacemento | San Juan del Río, Durango |
Falecemento | 20 de xullo de 1923 |
Lugar de falecemento | Parral |
Causa | ferida por arma de fogo |
Nacionalidade | México |
Ocupación | político e guerrilleiro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Doroteo Arango Arámbula, máis coñecido como Pancho Villa, nado en Durango o 5 de xuño de 1878 e asasinado nunha emboscada en Hidalgo del Parral (Chihuahua) o 20 de xullo de 1923, foi un dos xefes da revolución mexicana. A súa actuación militar foi decisiva para a derrota do réxime do entón presidente Victoriano Huerta. Durante a revolución foi coñecido como "O Centauro do Norte".