Prisioneiro de guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Soldados de Austria-Hungría feitos prisioneiros de guerra en Rusia durante a primeira guerra mundial; unha fotografía en cor de 1915 tomada por Serguei Prokudin-Gorski.
Prisioneiros de guerra alemáns capturados tras a caída de Aquisgrán, en 1944, durante a segunda guerra mundial.

Un prisioneiro de guerra (PDG), (en inglés: Prisoner of War ou War Prisoner, POW, PoW, PW, P/W, WP, ou PsW), e tamén coñecido como inimigo prisioneiro de guerra ou inimigo de prisioneiro de guerra (EPG), (en inglés: enemy prisoner of war ou enemy war prisoner) (EPW), é un soldado, piloto ou mariño que é feito prisioneiro polo inimigo durante ou inmediatamente despois dun conflito armado. Existen leis para asegurarse de que os prisioneiros de guerra serán tratados humana e diplomaticamente. As nacións varían no cumprimento de tales leis.

O artigo 4 da Terceira Convención de Xenebra protexe o persoal militar capturado, algúns guerrilleiros e certos civís. Isto aplícase desde o momento da captura ata cando é liberado ou repatriado. Un dos principais puntos da convención fai que sexa ilegal torturar os prisioneiros, e o prisioneiro só lle poden pedir o seu nome, data de nacemento, rango e número de servizo (se é aplicable).

O status de prisioneiro de guerra non inclúe desarmados ou non combatentes capturados en tempo de guerra, os cales están protexidos pola Cuarta Convención de Xenebra algo máis que pola terceira. En moitas culturas renderse ante un inimigo era considerado un acto moi deshonroso.

Lista de prisioneiros famosos[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista de prisioneiros de guerra que chamaron a atención da opinión pública:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]