Pistola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Heckler & Koch USP, pistola semiautomática de fabricación alemá.

A pistola é unha arma de fogo curta, deseñada para ser usada cunha única man, e que dispara balas na distancia curta. Foi concibida para usala como unha defensa, a pesar do feito de que tamén pode ser usado de xeito ofensivo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que as primeiras pistolas foron creadas no século XVI como armas auxiliares de cabalaría, no século XV o termo pistola a puñais e dagas que se agochaban entre a roupa. No século XVIII, comezou a ser chamarse pistolas ás armas curtas empuñadas cunha man.

A palabra vén do francés pistole, e esta do checo píšťala (frauta), pola forma das antigas armas de guerra husitas. Outra teoría refírese á cidade italiana Pistoia, onde é manufacturaban puñais.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Pistolas antigas[editar | editar a fonte]

Pistola española de 1733 con chave de faísca.

A pistola empregaba os mesmos mecanismos de disparo que os mosquetes e fusiles de avancarga: chave de roda nos séculos XVI e XVII, chave de pedernal no século XVIII e primeira parte do XIX e chave de percusión, ó aparecer, a comezos do XIX.

Todas estas pistolas requirían a recarga da súa munición de xeito manual logo de cada disparo. A munición introducíase pola boca do canón (arma de avancarga) e consistía en pólvora, proxectil e taco de papel (que servía de tapón para manter comprimidos os dous anteriores dentro do canón). Logo premíase cun adminículo chamado baqueta. Este método de recarga era moi lento e, xeralmente, os combatentes desenfundaban os seus sabres ou espadas despois de disparar, xa que as circunstancias non permitían recargar novamente a pistola.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Pistol», artigo en inglés no sitio web Etymology Online. Consultado o 31 de maio de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]