Saltar ao contido

Luxemburgo (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cidade de Luxemburgo»)
Modelo:Xeografía políticaLuxemburgo
Stad Lëtzebuerg (lb)
Luxembourg (fr)
Luxemburg (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°36′38″N 6°07′58″L / 49.6106, 6.1328
EstadoLuxemburgo
Cantões (pt) TraducirLuxemburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Luxemburgo
Luxemburgo (pt) Traducir
County of Luxembourg (en) Traducir (1059–1353)
Ducado de Luxemburgo (pt) Traducir (1353–1795)
Forêts (en) Traducir (1795–1814) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación134.697 (2024) Editar o valor en Wikidata (2.617,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie51,46 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Alzette (pt) Traducir, Pétrusse (en) Traducir, Zéissengerbaach (en) Traducir, Q25584407 Traducir e Drosbach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude146 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación963 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
22 de novembro de 1794Siege of Luxembourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataLydie Polfer (pt) Traducir (2013–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLuxembourg communal council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webvdl.lu… Editar o valor en Wikidata
Facebook: Ville.de.Luxembourg Twitter: CityLuxembourg Instagram: villedeluxembourg LinkedIn: ville-de-luxembourg Youtube: UCoyeReMRqQN-5R8QeAiAZpw TikTok: villedeluxembourg BNE: XX6517920 Editar o valor en Wikidata

Luxemburgo (luxemburgués: Lëtzebuerg, francés: Luxembourg, alemán: Luxemburg),[pron 1] tamén coñecida como cidade de Luxemburgo (luxemburgués: Stad Lëtzebuerg ou d'Stad, francés: Ville de Luxembourg, alemán: Stadt Luxemburg, Luxemburg-Stadt),[pron 2] é a capital do Gran Ducado de Luxemburgo, e a comuna máis poboada do país. A miúdo, simplemente, denomínase d’Stad (« a Cidade » en lingua luxemburguesa); máis raramente é chamada o Xibraltar do Norte ou o Corazón verde de Europa (a causa das súas fortificacións e polo seu verdor). Situada na confluencia dos ríos Alzette e Pétrusse, no sur de Luxemburgo, a cidade está no corazón de Europa occidental, situada a 213 km. por estrada de Bruxelas, 372 km. de París e 209 km. de Colonia.[1] A cidade contén o castelo de Luxemburgo, construído polos francos na Idade Media temperá, ao redor do cal se desenvolveu un asentamento.

En xaneiro de 2019, a cidade de Luxemburgo tiña 119.214 habitantes,[2] que é máis de tres veces a poboación da segunda comuna máis poboada do país (Esch-sur-Alzette). A poboación da cidade está composta por 160 nacionalidades. Os estranxeiros representan o 70% da poboación da cidade, mentres que os luxemburgueses representan o 30% da poboación, e o número de residentes estranxeiros nados na cidade aumenta constantemente cada ano[3].

Luxemburgo é unha das capitais de facto da Unión Europea (xunto a Bruxelas e Estrasburgo), xa que é a sede de varias institucións, axencias e organismos da Unión Europea, incluído o Tribunal Europeo de Xustiza, o Tribunal de Contas Europeo , o Secretariado do Parlamento Europeo, o Banco Europeo de Investimentos, o Fondo Europeo de Investimentos e o Mecanismo Europeo de Estabilidade.

Na época do Imperio Romano, unha torre fortificada custodiaba o cruzamento de dúas vías romanas que se atopaban no lugar da cidade de Luxemburgo. A través dun tratado de intercambio coa abadía de San Maximín en Trier no 963, Siegfried I de Ardenas, un parente próximo do Rei Lois II de Francia e o emperador Otón I o Grande, adquiriron as terras feudais de Luxemburgo. Siegfried construíu o seu castelo, chamado Lucilinburhuc ("pequeno castelo"), no Bock Fiels ("rocha"), mencionado por primeira vez en dito tratado.

No 987, o arcebispo Egbert de Trier consagrou cinco altares na Igrexa da Redención (hoxe igrexa de San Miguel). Nunha estrada romana preto da igrexa, apareceu un mercado ao redor do que se desenvolveu a cidade.

A cidade, debido a súa situación e xeografía natural, pasou pola historia como un lugar de importancia militar estratéxica. As primeiras fortificacións construíronse xa no século X. A finais do século XII, mentres a cidade se expandía cara ao oeste ao redor da nova igrexa de San Nicolás (hoxe a Catedral de Notre Dame), construíronse novas murallas que incluían unha área de 5 hectáreas. Ao redor de 1340, baixo o reinado de Xoán o cego, construíronse novas fortificacións que mantivéronse ata 1867.

En 1443, Borgoña baixo Filipe o Bo conquistou Luxemburgo. Luxemburgo pasou a formar parte do imperio de Borgoña e, posteriormente, dos imperios español e Austríaco (ver Países Baixos españois e Camiño Español) e baixo as administracións dos Habsburgo, o Castelo de Luxemburgo reforzouse repetidamente de xeito que ata o século XVI, Luxemburgo era unha das fortificacións máis fortes de Europa. Posteriormente, os burgundios, os españois, os franceses, de novo os españois, os austríacos, os franceses de novo e os Prusianos conquistaron Luxemburgo.

No século XVII construíronse as primeiras casamatas, inicialmente, España construíu 23 km. de túneles, a partir de 1644.[4] Estes foron despois ampliados baixo o dominio francés polo mariscal Vauban, e aumentaron de novo baixo dominio austríaco nos anos 1730 e 1740.

Durante as guerras revolucionarias francesas, a cidade foi ocupada por Francia dúas veces, unha vez, brevemente, en 1792-3 e, despois de sete meses de asedio.[5] Luxemburgo aguantou durante moito tempo o asedio francés que o político e enxeñeiro militar francés Lazare Carnot chamou a Luxemburgo "a mellor fortaleza do mundo, agás Xibraltar", dando lugar á cidade o alcume de 'Xibraltar do Norte'.[5]

Non obstante, a gornición austríaca acabou por entregarse e, como consecuencia, Luxemburgo foi anexado pola República Francesa, pasando a formar parte do departamento de Forêts, sendo a cidade de Luxemburgo a prefectura. Baixo o Tratado de París de 1815, que puxo fin ás Guerras napoleónicas, a cidade de Luxemburgo quedou baixo o control militar de Prusia como parte da Confederación Alemá, aínda que a soberanía pasou á Casa de Orange-Nassau, en unión persoal co Reino Unido dos Países Baixos.

Despois da Crise de Luxemburgo, o Tratado de Londres obrigou a Luxemburgo a desmantelar as fortificacións na cidade de Luxemburgo. A súa demolición tardou dezaseis anos, custou 1´5 millóns de francos de ouro, e requiriu a destrución de máis de 24 km. de defensas subterráneas e 4 ha de casamatas, baterías, cuarteis, etc.[6] Ademais, a gornición prusiana debía retirarse.[7]

A Passerelle, tamén coñecido como viaduto ou ponte antiga, con vistas ao val do río Pétrusse; abriuse en 1861.

Cando, en 1890, o Gran Duque Guillerme III morreu sen herdeiros masculinos, o Gran Ducado pasou das mans holandesas a unha liña independente baixo Adolfo de Luxemburgo. Así, Luxemburgo, que ata agora só era independente en teoría, converteuse nun país verdadeiramente independente e a cidade de Luxemburgo recuperou parte da importancia que perdeu en 1867 ao converterse na capital dun estado totalmente independente.

A pesar dos grandes esforzos de Luxemburgo para manterse neutral na primeira guerra mundial, foi ocupada por Alemaña o 2 de agosto de 1914. O 30 de agosto, Helmuth von Moltke trasladou o seu cuartel xeral á cidade de Luxemburgo, máis preto dos seus exércitos en Francia para prepararse para unha vitoria rápida. Non obstante, a vitoria nunca chegou e Luxemburgo albergou o alto mando alemán durante outros catro anos. Ao final da ocupación, a cidade de Luxemburgo foi o escenario dunha tentativa de revolución comunista, o 9 de novembro de 1918, os comunistas declararon unha república socialista, pero durou só unhas horas.[8]

En 1921, os límites da cidade expandíronse enormemente. As comunas de Eich, Hamm, Hollerich e Rollingergrund incorporáronse á cidade de Luxemburgo, convertendo a cidade na comuna máis grande do país.(posición que ocuparía ata 1978).

En 1940, Alemaña ocupou de novo Luxemburgo. Os nazis non estaban preparadas para permitir o autogoberno luxemburgués e integraron gradualmente Luxemburgo no Terceiro Reich ao unir informalmente o país a unha provincia veciña alemá. Baixo a ocupación, as rúas da cidade da capital recibiron nomes novos alemáns, que foron anunciados o 4 de outubro de 1940.[9] A avenida de la Liberté, por exemplo, unha rúa principal que conduce á estación de ferrocarril, renomeouse como "Adolf-Hitlerstraße".[9] A cidade de Luxemburgo foi liberada o 10 de setembro de 1944.[10] A cidade estivo baixo o alcance das bombas de longo alcance do canón V-3 alemá entre decembro de 1944 e xaneiro de 1945.

Despois da guerra, Luxemburgo puxo fin á súa neutralidade e converteuse en membro fundador de varias institucións intergubernamentais e supraternamentais. En 1952, a cidade converteuse na sede da Alta Autoridade da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro. En 1967, a Alta Autoridade fusionouse coas comisións das outras institucións europeas; aínda que a cidade de Luxemburgo xa non era a sede da CECA, albergou algunhas sesións parciais do Parlamento Europeo ata 1981.[11] Luxemburgo segue sendo a sede do secretariado do Parlamento Europeo, así como do Tribunal Europeo de Xustiza, o Tribunal de Contas Europeo e o Banco Europeo de Investimentos. Varios departamentos da Comisión Europea tamén están radicados en Luxemburgo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Luxemburgo asenta na parte sur da meseta de Luxemburgo, unha grande formación de pedra de gra orixinada no Xurásico Inicial, que constitúe o corazón do denominado Gutland, unha área baixa e plana que cobre 2/3 do país.

O centro urbano ocupa un promontorio con cantís que caen sobre os estreitos vales do Alzette e do Pétrusse, ríos que se xuntan no terreo da cidade. As profundas gargantas, de até 70 m de profundidade, cortadas polos ríos, están unidas por numerosas pontes e viadutos, como a ponte de Adolphe, a ponte da Gran Duquesa Charlotte, e a Pasarela (Passerelle). Aínda que Luxemburgo non é grande, con esa topografía complexa, a cidade asenta en varios niveis definidos polos outeiros e as gargantas dos ríos. Ademais extensas áreas conteñen parques, zonas forestais e sitios particulares (algúns catalogados pola UNESCO), ademais dos asentamentos agrícolas que aínda se conservan dentro do recinto urbano.

Predecesor:
Portugal Lisboa

Capital Europea da cultura

1995
Sucesor:
Dinamarca Copenhaguen
Predecesor:
Grecia Patras

Capital Europea da cultura
xunto con Romanía Sibiu

2007
Sucesor:
Liverpool
Stavanger
  1. Modelo:IPA-lb
    Francés: [lyksɑ̃buʁ]
    Modelo:IPA-de
  2. Modelo:IPA-lb, Modelo:IPA-lb
    Francés: [vil də lyksɑ̃buʁ]
    Modelo:IPA-de
  1. "Great Circle Distances between Cities". United States Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2005. Consultado o 23 de xullo de 2006. 
  2. "Statisiques sur la Ville de Luxembourg: Etat de Population - 2018" (PDF). www.vdl.lu (en francés). Ville de Luxembourg. Consultado o 25 de xaneiro de 2019. 
  3. "The capital of Luxembourg counts 110.499 inhabitants". www.luxembourg.public.lu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2019. Consultado o 2019-09-18. 
  4. "The Fortress". Luxembourg City Tourism Office. Consultado o 23 de xullo de 2006. 
  5. 5,0 5,1 Kreins (2003), p. 64
  6. "World Heritage List – Luxembourg" (PDF). UNESCO. 1 de outubro de 1993. Consultado o 19 de xullo de 2006. 
  7. (en francés) Treaty of London, 1867, Article IV. GWPDA. Consultado o 19 de xullo de 2006.
  8. Luxembourg country profile. WorldStatesman.org. Retrieved 23 de xullo de 2006.
  9. 9,0 9,1 May, Guy (2002). "Die Straßenbezeichnungen der Stadt Luxemburg unter deutscher Besatzung (1940–1944)" (PDF). Ons Stad (en German) (71): 30-32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. 
  10. Thewes (2003), p. 121
  11. "Alcide De Gasperi Building". Centre Virtuel de la Connaissance sur l’Europe. 16 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xullo de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.