Os galeses[12] (galés:cymry), son unha nación e grupo étnico nativo de Gales. A súa lingua nativa é o galés, que pertence á familia de linguas célticas insulares, e foi historicamente falada en toda Gales. O seu devanceiro, o britano foi falada en toda a illa de Gran Bretaña. Antes do século XX, unha gran cantidades de galeses falaban só galés, con escasos ou nulos coñecementos do inglés.[13] Malia que o galés se mantivo como a lingua predominante nalgunhas áreas do país de Gales, particularmente no norte e no oeste, o inglés é a lingua predominante en case todo o país. Porén, un número significativo de galeses, mesmo os que viven en áreas predominantemente de fala inglesa son falantes de galés en diversos graos.
Mesmo que a lingua galesa e os seus devanceiros foron falados na actual Gales dende antes da incursión romana en Britania, o historiador John Davies suxire que a orixe da "nación galesa" procede dos séculos IV e V, após a marcha dos romanos.[14] O termo "pobo galés" aplícase ós habitantes de Gales e á xente con devanceiros galeses que se identifican cunha orixe e unha herdanza cultural.[15]
No 2016, unha análise xeográfica dos apelidos galeses levada a cabo polo Goberno Galés descubriu que unhas 718000 persoas (arredor do 35% da poboación galesa) ten un apelido de orixe galesa, comparado co 5,3% no resto do Reino Unido, o 4,7% en Nova Zelandia, o 4,1% en Australia e o 3,8% nos Estados Unidos, o cal representan 16,3 millóns de persoas neses países que teñen cando menos algún devanceiro galés.[1]
↑Neighbourhood Statistics. "Welsh people in England". Neighbourhood.statistics.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2009.