Congreso dos Estados Unidos de América
Congreso dos Estados Unidos de América | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | bicameralismo ![]() | |||
Parte de | Goberno federal dos Estados Unidos ![]() | |||
Historia | history of the United States Congress (en) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ten en propiendade
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 4 de marzo de 1789 ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Distrito Federal | Distrito de Columbia | |||
Capital federal | Washington, D.C. ![]() | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | |||
Localización | Capitolio dos Estados Unidos ![]() | |||
Xurisdición | Estados Unidos de América ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | congress.gov ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
O Congreso dos Estados Unidos (en inglés: United States Congress) é o depositario do poder lexislativo dos Estados Unidos. É un órgano bicameral, composto pola Cámara de Representantes e o Senado.
A Cámara de Representantes ten 435 membros que representan un distrito congresual ó que serven por un bienio. Os postos divídense en función da poboación de cada estado. No presente, o seu número non medra, aínda que nos inicios, correspondía un representante por cada 30.000 persoas.
En troques, cada estado conta con dous Senadores, sen importar a súa poboación. Hai 100 senadores, que serven polo menos un sexenio. Tanto os representantes como os senadores son hoxe día elixidos polo pobo, aínda que nalgúns estados o gobernador pode pór un substituto no caso de que o posto dalgún senador do seu estado estea vacante.
Ambas as cámaras reúnense no edificio do Capitolio, en Washington, D.C.
Historia
[editar | editar a fonte]O Congreso dos Estados Unidos deriva do Primeiro Congreso Continental, unha reunión de representantes de doce das dezasete colonias de Gran Bretaña en Norteamérica, no outono de 1774. O 4 de xullo de 1776, o Segundo Congreso Continental declarou as Trece Colonias do leste da costa de Norteamérica (dende Xeorxia até Massachusetts do Norte ou Maine), referíndose a si mesmos como "Os Estados Unidos de América". Baixo os Artigos da Confederación, o Congreso era un órgano unicameral onde cada estado tiña igual representación, e no cal cada estado podería pór vetos en case todas as accións. A falta de efectividade deste goberno federal fixo que o Congreso convocase unha Convención, que se celebrou en 1787. Esta tiña como obxecto revisar os Artigos da Confederación, terminou escribindo unha nova constitución.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Congreso dos Estados Unidos de América ![]() |