Plenilunio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Plenilunio ou lúa chea é unha das fases da lúa que acontece cando o planeta Terra se atopa situado xustamente entre o Sol e a Lúa, e a Lúa na súa totalidade queda reflectida na Terra.
Características
[editar | editar a fonte]Ocorre sempre cando a Lúa completa media volta á terra despois da Lúa nova, así pois o seu disco lunar é totalmente iluminado e é visíbel enteiramente á noite, pois ela se opón ao Sol en relación á terra.
Como a órbita lunar é unha elipse, e non un círculo perfecto, así como nas outras fases, a lúa chea pode posicionarse no punto máis próximo da Terra, denominada esta posición como perixeo, ou máis distante, o apoxeo.
A lúa chea no perixeo é un 14 % maior e un 3 0% máis brillante do que no apoxeo. O 19 de marzo de 2011 a lúa chea ficou a 356.577 quilómetros da terra. Esta non se aproximaba tanto á terra durante a lúa chea desde o ano 1993, e ese fenómeno é chamado o de "súperlúa", o que ocorre cada 18 anos.
A lúa chea que ocorre logo despois do equinoccio de marzo, que ocorre por volta do día 20 de marzo, determina a data da Pascua, que se celebra o domingo seguinte á data desa lúa chea. Dese modo, a Pascua pode acontecer do 21 de marzo ao 25 de abril.
Eclipses lunares
[editar | editar a fonte]É nesta fase na cal ocorren as eclipses lunares, os cales poden ser:
- Total; cando a Lúa se sitúase completamente na sombra da Terra.
- Parcial; cando apenas parte dela fica escondida na sombra.
- Penumbral; cando ela se localiza na rexión ao redor da sombra, chamada penumbra.
Lúa azul
[editar | editar a fonte]Cando ocorren dúas lúas cheas nun mesmo mes, o evento é coñecido polo nome de lúa azul, Blue Moon en inglés, cuxa designación é difundida nos Estados Unidos, Canadá e Europa.
Nomes das lúas cheas
[editar | editar a fonte]De acordo coa cultura inglesa e a norteamericana, cada lúa chea que ocorre durante o ano recibe un nome ben diferente. Eses nomes están relacionados ás estacións do ano, no hemisferio norte. E acostumaban ser un referencial para a época de plantío, recolleita, etc.
Mes asociado | Nome en inglés | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Inverno (hemisferio norte) | ||||||
Xaneiro | Wolf Moon (ou Old Moon) | |||||
Febreiro | Snow Moon (ou Wolf Moon) | |||||
Marzo | Worm Moon (ou Lenten Moon) | |||||
Primavera (hemisferio norte) | ||||||
Abril | Pink Moon (ou Egg Moon) | |||||
Maio | Flower Moon (ou Milk Moon) | |||||
Xuño | Strawberry Moon (ou Flower Moon) | |||||
Verán (Hemisferio norte) | ||||||
Xullo | Buck Moon (ou Hay Moon) | |||||
Agosto | Sturgeon Moon (ou Grain Moon) | |||||
Setembro | Harvest Moon (ou Fruit Moon) | |||||
Outono (Hemisferio norte) | ||||||
Outubro | Hunter's Moon (ou Harvest Moon) | |||||
Novembro | Beaver Moon (ou Hunter's Moon) | |||||
Decembro | Cold Moon (ou Oak Moon) |