Os peixes na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Peixes en xeral[editar | editar a fonte]

Tonnes of sardines at Rameswaram fishing port in India..JPG
Locucións
  • Caer coma un peixe: caer inesperadamente.
  • Meter peixe a bordo: comer moito e con ganas [1].
  • Nin rabo de peixe: non quedar nada, non ter nada.
  • Ser bo peixe: ser pouco de fiar ou malo de controlar.
  • Un peixe gordo: persoa moi importante, de influencia.
Refraneiro
  • A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes [2].
  • A carne carne cría, e o peixe, auga fría [2].
  • A muller do mariñeiro, cando hai peixe ten diñeiro [2].
  • Cesta patela, arrumba máis que leva [2][3].
  • Chuvia de morriña, nin peixes nin fariña [2][4].
  • Inda é máis caro o pringue que o peixe [5].
  • Mariñeiro que dorme, peixes non colle [2].
  • Non hai mellor rede que a que colle o peixe [2].
  • Non hai mellor rede que a que pilla o peixe.
  • O home e a pesca, ós tres días apesta.
  • O peixe de maio, a quen cho pida dallo [2].
  • O peixe de maio, nin probalo [2].
  • O peixe de maio, que o parta un raio [2].
  • O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño [2][6].
  • O peixe grande sempre come ó pequeno.
  • O peixeiro trae peixe, o panadeiro trae pan e as trasnadas San Xoán.
  • Para mentir e comer pescado, hai que ter moito coidado [2].
  • Peixe algareado, cambio de tempo.
  • Peixe con ollos, á caixa [2].
  • Peixe con ollos, ó caldeiro [2].
  • Pola boca morre o peixe [2].
  • Quen peixes queira pescar, tense que mollar [2].
Cantigueiro
  • Teño lanchas, teño redes/ e teño peixes no mar,/ teño unha moza bonita,/ xa non quero traballar [7].

A anguía[editar | editar a fonte]

  • A anguía en empanada e a lamprea escabechada [8].

O bacallau[editar | editar a fonte]

A muller que ha de ser miña/ ha de te-lo cu de pau,/ a barriga de cortizo/ e os peitos de bacallau
  • A muller que ha de ser boa/ ha de ter o cu de pau,/ a barriga de cortiza/ i o nariz de bacallau [9].
  • A muller que ha de ser miña/ ha de te-lo cu de pau,/ a barriga de cortizo/ e os peitos de bacallau [10].
  • A muller que ha de ser miña/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau [11].
  • Cantas pedras tes, parede,/ cantos fíos tes no pano,/ home que ten muller fea/ ten bacallau todo o ano [12].

O barbo[editar | editar a fonte]

  • Cando o trigo é louro, é o barbo coma un touro.
  • Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro [13].
  • Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro.
  • Mais val pescar no mar linguados, que no río barbos [2].
  • O barbo é coma un touro cando o trigo está louro [2].
  • O barbo val ouro cando o trigo é louro [2].
  • O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio [14].

A boga[editar | editar a fonte]

  • A cabeza do budión diante de ti a pon, e a da boga diante da túa sogra [8][15]

O budión[editar | editar a fonte]

  • A cabeza do budión diante de ti a pon, e a da boga diante da túa sogra [8][15].

O cazón[editar | editar a fonte]

  • Can do mar, can mariño: cazón [16].
Refraneiro
  • A langosta e o cazón, en maio están en sazón [2][8].

O congro[editar | editar a fonte]

  • Bébedo coma un congro / máis bébedo ca un congro: moi bébedo.

O coruxo[editar | editar a fonte]

O escacho[editar | editar a fonte]

Escachos
  • Galo: escacho. Ríos Panisse supón que o nome lles vén das cores vivas e a aleta dorsal que asemella a crista dun galo [17].
  • Miñato: escacho (Trigla lucerna) [18].
Refraneiro
  • Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir.
  • Ós escachos no abril, non hai máis que lle pedir.

A faneca[editar | editar a fonte]

  • En xaneiro a faneca sabe a carneiro [2].

A lamprea[editar | editar a fonte]

  • A anguía en empanada e a lamprea escabechada [8]
  • Lampreas en san Xoán, pra o can [19].

O linguado[editar | editar a fonte]

  • Mais val pescar no mar linguados, que no río barbos [2].

O mero[editar | editar a fonte]

  • Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" (paspallás) e se o porco voara a todos lle ganara.
  • Das carnes o carneiro, e dos peixes o mero.
  • Do mar o mero e da terra o becerro [2].
  • Do mar o mero, e da terra o carneiro.
  • Dos peixes, o mero; das carnes, o carneiro [2].

O muxe[editar | editar a fonte]

  • Corvo: muxe grande, que recibe este nome porque se curva formando unha media lúa [20].
  • Pardal do mar: muxe [21].
Refraneiro
  • Cando o trigo é louro, o muge é d'ouro [22].
  • Cando o trigo está louro, o múxele vale ouro [13].
  • Cando o trigo vai louro, o muxe vale ouro [2].
  • Folla na figueira, muxe na ribeira [2][23].
Cantigueiro
  • Senteime a pescar na praia/ con pouquichiña carnada,/ veu un muxe galopín/ deixoume quedar sen nada [2].

O ollomol[editar | editar a fonte]

  • A castaña i o besugo, en febreiro están en zugo [24].
  • A castaña e o besugo, en febreiro non teñen zugo [2].
  • O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro.
  • Ollomol de xaneiro vale un carneiro [2].

A pescada[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • A muller e a pescada, sempre dá máis adiantada [2].
  • A pescada en xaneiro val por carneiro [2].

pescada:

Cantigueiro
  • Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón [25].

A piarda[editar | editar a fonte]

  • Xaneiro piardeiro [2].

A raia[editar | editar a fonte]

Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro
  • A raia en xaneiro sabe a carneiro.
  • En xaneiro a raia val carneiro [2].
  • Mentras canta o cuco, non comas raia nin pulpo [26].
  • Por ben que che vaia non coma-la raia [2].
  • Raia en xaneiro sabe como o carneiro [2].
  • Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
  • ¡Roubei unha raia! Polo demo veu, polo demo vaia [2].

O salmón[editar | editar a fonte]

  • En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoan para o can.
  • O percebe e o salmón, en maio están en sazón [2][27].

O sanmartiño[editar | editar a fonte]

Sinonimia
  • Peixe de San Pedro: o nome provén da lenda que conta que san Pedro pescou un destes peixes e, ó subilo a bordo, queixouse tan penosamente que o santo decidiu devolvelo ó mar. Para facelo, colleuno cos dedos índice e polgar, deixando as pegadas da presión dos dedos sobre a súa pel, que quedaron formando esas manchas características. Outra lenda conta que san Pedro deixou esas manchas cando suxeitou un peixe co fin de coller da súa boca a moeda que levaba na boca e poder pagar con ela os tributos a Roma.
  • Peixe de Samartiño, peixe samartiño, samartiño, sanmartiño: en Galicia, esta mesma lenda atribúese a san Martiño, o que explica que aquí reciba este nome. Outra posible orixe pode ser que este peixe está en sazón no mes de novembro.
  • Peixe galo, galo de mar, galo do mar, galo mariño: pola longa aleta dorsal, que lembra a crista dun galo [28].

A sardiña[editar | editar a fonte]

Sardiñas
  • A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina [2].
  • A muller e a sardiña, pequena e escanchadiña [29].
  • A muller e a sardiña, pequeniñas [2].

A solla[editar | editar a fonte]

  • A solla en abril cóllea na man e déixaa ir [2].
  • Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla [6].
  • Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir [30].
  • Solla en abril, abre a man e déixaa ir [31][32].
  • Solla de abril, abre as maos e déixaa ir.

A troita[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • A muller e a troita pérdense pola boca [8].
  • A muller e a troita préndense pola boca [33].
  • A troita, para que guste, ha de tres sete efes: fresca, fría, fiada, frangosa, fea e femia [34].
  • Besta de Liñares, mora de Melide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos [35].
  • Muller costureira e home troiteiro, nin bo arranxo, nin bo palleiro [36].
  • Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro [37].
  • O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio [14].
Cantigueiro
  • A troita que anda no río,/ como se anda revolvendo!/ Esí fan as malas lengoas/ que de mi andan decendo [38].
  • A troita que anda no río/ sempre anda de beira en beira;/ agarde, señora troita,/ que vou busca-la chumbeira [39].
  • Cálate, boca de troita,/ pelo de cabra tiñosa,/ ollos de pita sarnenta/ i hastra por non ter, es coxa [40].
  • Canta tu, cantarei eu,/ miña boquiña de troita,/ por baixo dun burro xema/ quen o meu cantar escoita [41].
  • Disme que vou tan velliño/ que non podo cos calzós;/ olla que a troita i o unto/ canto máis vellos, millor [42].
  • Pasei a Ponte de Ourense/ e paseina dacabalo;/ vin unha troita no río/ i atireille cun zapato [43].
  • Pasei por San Xes cantando,/ pra me ver saíche á porta,/ figuécheste a distraída,/ nena da cara de troita [44].
  • Polo río abaixo/ vai unha sartén,/ vai fritindo troitas/ han de saber ben! [45].
  • Polo río abaixo vai/ unha troita de pé,/ quen a poidera pillar,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera pillar,/ polo río abaixo vai/ unha troita a nadar [46].
  • Queridiña, donche os ollos,/ tamén me a min don os meus,/ ímolos lavar ao río/ onde a troita lava os seus [47].
  • Rosiña, miña Rosiña,/ miña troita do remanso,/ cando te vexo, Rosiña,/ cando te vexo, descanso [48].
  • Vaite á merda, vaite á merda,/ cara de troita lambeta/ que na punta do zapato/ levo un corno que che meta [49].

O xurelo[editar | editar a fonte]

  • Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu [50].
  • Lacón con grelos,/ repolo de Betanzos/ e mais xurelos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramón Anxo Martíns Seixo.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 2,26 2,27 2,28 2,29 2,30 2,31 2,32 2,33 2,34 2,35 2,36 2,37 2,38 2,39 Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  3. A patela é a cesta ou caixa de bordo baixo que utilizan as peixeiras para transportar e expoñer o peixe.
  4. Chuvia de morriña é o orballo.
  5. Saudade.
  6. 6,0 6,1 Clodio González Pérez, 145.
  7. Fermín Bouza-Brey, 193.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Clodio González Pérez, 142.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: .
  10. Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: tel-o, .
  11. É posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau.
  12. Fermín Bouza Brey, 189. No orixinal: tés, bacalau.
  13. 13,0 13,1 Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
  14. 14,0 14,1 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
  15. 15,0 15,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza. No orixinal: tí, i a da boga, tua.
  16. Ríos Panisse, s. v. can.
  17. 17,0 17,1 Ríos Panisse.
  18. Ríos Panisse, s. v. miñato.
  19. M. Rosario Soto Arias.
  20. Juan Cuveiro Piñol.
  21. Ríos Panisse, s. v. pardal. Supón que o nome pode deberse ó movemento gregario do peixe, como bandadas de pardais.
  22. Recollido xa en 1762 por Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, referíndose a que este peixe, o muxe, que en invierno no vale nada y en verano es tan gustoso que en Pontevedra hay este adagio. Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.
  23. Cando comezan a agromar as follas da figueira, os muxes achéganse á costa.
  24. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  25. Fermín Bouza Brey, 172. No orixinal: Noya, Són.
  26. Eladio Rodríguez González, s. v.cuco.
  27. Eladio Rodríguez González, s. v. maio. No orixinal: i o salmón.
  28. Ríos Panisse, Eladio Rodríguez.
  29. Escanchada, de escanchar, significa aberta, esparrada (a sardiña) ou aberta de pernas (a muller). Lino Lema Bouzas, 1.
  30. Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  31. Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: folla (erro por solla), deixâ.
  32. Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No texto: folla.
  33. Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  34. Apéndice a Eladio Rodríguez González, s. v. troita.
  35. J. Leitede Vasconcellos (1845).
  36. Eladio Rodríguez González, s. v. costureira.
  37. Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  38. Xaquín Lorenzo Fernández, 50. No orixinal: .
  39. Xaquín Lorenzo Fernández, 50. No orixinal: buscala. A chumbeira é un tipo de rede para pescar no río.
  40. Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és.
  41. Xaquín Lorenzo Fernández, 58. No orixinal: tú, cantaréi, de un.
  42. Xaquín Lorenzo Fernández, 71.
  43. Xaquín Lorenzo Fernández, 128. No orixinal: paséi. Refírese á ponte romana de Ourense, a Ponte Vella. O arco central da ponte foi reconstruída polo bispo Lourenzo (1218-1248), despois de moito tempo de estar caído. Mentres non se arranxou, o Miño cruzábase por dúas barcas, unha do concello, no mesmo lugar da ponte, e outra do Cabido, no Portovello. Xaquín Lorenzo transcribe unha cantiga asturiana que acredita a existencia desas barcas: “Pasé la barca de Orense,/ pasela de madrugada,/ pasela en el mes de enero/ cuando llovía y nevaba”, cantiga que pode falar daquel período de tempo ou ser máis moderna e falar doutra barca que cruzase o río durante momentos de reparacións ou interrupción do paso.
  44. Xaquín Lorenzo Fernández, 130. No orixinal: paséi, saiche, distraida. San Xes de Vilariño, parroquia do concello de Lobeira.
  45. Xaquín Lorenzo Fernández, 134.
  46. Fermín Bouza Brey 1929, 179. No orixinal: Pol-o.
  47. Xaquín Lorenzo Fernández, 138.
  48. Xaquín Lorenzo Fernández, 140.
  49. Fermín Bouza Brey 1929, 181. No orixinal: â m... (por eufemismo).
  50. No orixinal: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • CUVEIRO PIÑOL, Juan: Diccionario Gallego, Barcelona 1876.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • Martíns Seixo, Ramón Anxo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega' 15, 2013, 463-486.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
  • MARTÍN SARMIENTO: Obra de 660 pliegos 1762, en Dicionario de Dicionarios.
  • SOTO ARIAS, M. Rosario: “Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos”, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.