Saltar ao contido

Os insectos na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoaniña, voa, voa,/ que teu pai está en Lisboa/ e túa nai está na cama/ a comer pan e cebola.

A presenza dos insectos na cultura popular galega está focalizada nun pequeno número de especies que en nada se corresponden coa variedade de insectos presentes en Galicia. Entre aqueles que entran a formar parte da cultura popular hainos que reportan beneficios ó home, como é o caso da abella, e hainos tamén prexudiciais, como sería o caso dos piollos e pulgas. Hainos tamén que non cumpren ningún papel en ningún dos dous sentidos, como sería o caso de grilos e formigas.[1]

  • A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
  • A abellariza e o coello, no monte vello.
  • A cera sobexa queima a igrexa.
  • A chuvia no mes de agosto non é chuvia, que é mel e mosto.
  • A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
  • A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
As avelaíñas negras considéranse de mal agoiro

En Galicia crese que as avelaíñas son as almas dos nosos devanceiros que toman esta forma -dun xeito circunstancial e momentáneo, segundo Risco[2]- para aparecerse ante os mortais. Crese que as avelaíñas de alas brancas son almas redimidas que veñen agradecer as oracións ou esmolas por elas ofrecidas, mentres que as de alas negras son almas que aínda están no purgatorio e veñen implorar máis oracións.

Tamén está estendida a crenza de que as primeiras veñen traer boas noticias ou a próxima chegada dunha carta dalgún familiar ausente con novidades agradables. As segundas, polo contrario, considéranse de mal agoiro. En calquera caso, Eladio Rodríguez asegura que os campesiños galegos nunca maltratarán unha avelaíña, por temor ou respecto ós seus poderes[3]

Locucóns
  • Ser coma unha avelaíña[4]
  • Ter menos paraxe que unha velonia.[5]
Cantigueiro
  • Miña nai, do meu amor/ hoxe ou mañá terei carta/ que vin unha bolboreta/ na miña roca pousada.[6]

A dor de moas cúranse moendo e fumando panais secos de avespas.[7]

Locuciuóns
  • Mellor é un niño de avespras no marco da porta: é preferible a sufrir unha muller chismosa.[8]
  • Pegaron as avésporas co-ela: frase irónica aplicada en avanzado estado de xestación.[9]
Locucións
  • Ser coma/parecer o escaravello da bosta: ser unha persoa desagradable ou fea.[10]
Cantigueiro
  • Miña comadre Pelonia,/ veño a que me preste un pan./ Meu compadre escaravello,/ ¿logo que fixo no vran?.
  • O chasco e mais o carrizo/ e mais o escaravello/ anduveron ôs moquetes/ no medio do aparello.[11]
Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro
Léxico
  • Cera das formigas: zume que deitan cerdeiras, ameixeiras ou pexegueiros no tronco; tamén recibe o nome popular de mel de cuco.[12]
  • Pito formigueiro: un dos nomes do peto carpinteiro.[13]
Refraneiro
  • A formiga foi mexar ó mar e dixo que era unha axuda.[14]
  • A formiga tamén quer a súa compañía.
  • Cada formiga ten a súa irra.[15]
  • Cando a formiga se quer perder, aas novas lle queren nacer.
  • Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro.
  • Dá Dios aas á formiga pra que morra máis axiña.
Cantigueiro
  • Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno.[16]
  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas!.[17]
  • Miña comadre formiga,/ meu compadre sandediós,/ temos os santos na casa/ encomendarnos a Dios.[18]
  • Anda tu, pernas de grilo,/ pantorrillas de carneiro;/ pra contestares conmigo/ busca fianza pirmeiro.[19]
  • Chamáchesme trangalleira, fouciño de porco chino,/ pernas de grilo retortas,/ anda conmigo con tino.[20]
  • Eu vin, eu vin/ na casa da miña avó/ un grilo miudiño/ xogar ó dominó.[21]
  • Vai de eí, pernas de grilo,/ pantorrillas de carneiro;/ se queres falar conmigo/ busca fianza pirmeiro.[22]
  • Galo merendeiro, galo monteiro: libélula.[23]
Refraneiro
  • Se te morde un lavacú, busca táboas pra o teu ataú.[24]
Refraneiro
  • A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
  • As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
  • Con mel cóllense as moscas.[25]
A quen se fai de mel, cómeno as moscas
  • Facédevos mel, e comeranvos as moscas.[25]
  • Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
  • Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre.[25]
  • Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
  • Moscas comen o mel i o gando.
  • O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
  • Ó que se fai mel cómeno as moscas.
  • Ó que se volve mel, cómeno as moscas.[25]
  • Quen se fai de mel, cómeno as moscas.[25]
  • San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando.[26]
  • San Sebastián, vinte de xaneiro, cando ceiba a mosca do demo.
  • San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón.
  • Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano.[27]
Cantigueiro
  • Das alas de unha mosca/ hei de faguer un vestido/ e do que de il me sobre/ unha capa ao meu marido.[28]
  • Voume por eiquí embaixo/ pillando moscas cun pondón/ e veu meu pai a correr/ e deume cun terrón nas costas.[29]
  • Cando a semana está de piollos, no val mudar a camisa.[30]
  • Cando se pon a pardela a espiollar non tarda un día o vendaval.
  • Díxolle o peite ó tiñoso: tírate alá, piolloso.[31]
Refraneiro
  • Día de santa Lucía, o salto dunha pulga ó día.[32]
  • No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can.
  • Ó can fraco todo se lle volven pulgas.[33].
  • O que se deita con cás, érguese con pulgas.[33]
  • San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando.[26]
O curazón dunha pulga/ quen o soubera guisar!/ daba xantar e merenda/ e cea para cear
Cantigueiro
  • Ao subir as escaleiras/ unha pulga me picou,/ collina polas orellas,/ que man de piñas levou.[34]
  • As tellas do teu tellado/ botan auga sen chover;/ as pulgas da túa cama/ xa me poden coñecer.[35].
  • Caséime cunha señora/ coidando que tiña don:/ tiña piollos da libra/ e pulgas da cuarterón.
  • Creste que eres moi rica/ porque teñas catro vacas/ e ti o que tes son pulgas,/ unhas gordas i outras flacas.[36]
  • Estando na miña cama/ deitado co meu rapaz/ unha pulga deulle un couce/ e tirouno tras do arcaz.[37].
  • Na camisa teño pulgas/ no xibón teño piollos,/ ¡e téñenme moita invidia!/ ¡inda lles caian os ollos!
  • O curazón dunha pulga/ quen o soubera guisar!/ daba xantar e merenda/ e cea para cear.[38]
  • O piollo e maila pulga/ andan no monte a rozar;/ alá vai o carrapato/ derreado co xantar.[39]
  • O piollo e maila pulga/ andan no monte a rozar;/ alá vai o carrapato/ derreado co xantar.
  • O piollo estaba malo,/ a pulga estaba parida;/ o ladrón do escarrapacho/ tiña a espenilla caída.
Locucións

Ollos de saltón: dise dos ollos saíntes.

Refraneiro
  • Tes mañas de zorro vello,/ pero eu téñoas de ardilla;/ son lista, pois non te quero/ e has de criar polilla.[44]
  • Ventana de pau de bido,/ mala polilla te coma:/ por causa de ti, ventana,/ perdín a miña señora.[45]
Xoaniña de Dios, cóntame os dedos e vaite con Dios

Sinonimia: avelaira, avelairiña, boíña, buíña, cascarrubia, costureiriña, cuco-rei, maruxiña, mosca de deus, papasol, papasolín, penoniña, polboretiña de deus, rei, rei-rei, rinchín, xoana, xoano, xuaniña, xuano.[46]

As mozas que queren casar colocan este insecto na palma da man e recitan estes versos: "Cuco-rei, cuco-rei, ¿por onde amores terei?". Cando a xoaniña levante o vo, a dirección que colla indica de onde virá o noivo desexado. Cunha fórmula semellante, os rapaces pregúntanlle cantos anos vivirán: "Cuco-rei, cuco-rei, ¿cántos anos vivirei?"; e tantos números como lles dea tempo a contar antes de que alce o vo, tantos anos se supón que vivirán.[47]

  • Papasolín, cúntame os dedos, marcha pal cielo, e volve pa min.[48]
  • Xoaniña de Dios, cóntame os dedos e vaite con Dios.[49]
  • Xoaniña, voa, voa, que ch´ei dar pan e cebola.[50]
  • Xoaniña, voa, voa, que che dou pan con sebola.[49]
  • Xoaniña, voa, voa,/ que teu pai está en Lisboa/ e túa nai está na cama/ a comer pan e cebola.[49]
  1. Non entramos agora na relevancia ecolóxica que poida representar calquera especie de insecto, aspecto que non se valora na tradición oral.
  2. Vicente Risco (1962), 419. Risco lembra que xa os gregos consideraban que a alma saía do corpo en forma de bolboreta.
  3. Eladio Rodríguez González, s. v. avelaíña.
  4. Zamora Mosquera, 102.
  5. Rivas Quintas (1978), s. v. velonia.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández, 99. No orixinal: volvoreta. Cantiga baseada na crenza de que as bolboretas son mensaxeiras dos ausentes (e dos defuntos).
  7. Vicente Risco (1949), 169.
  8. Eladio Rodríguez, s. v. avespra.
  9. José María Pereda Álvarez: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953.
  10. Cerviño Ferrín.
  11. Fermín Bouza Brey, 162.
  12. Aníbal Otero, s. v. cera.
  13. Eligio Rivas Quintas 2001, s. v. pito.
  14. Clodio González Pérez, 141.
  15. Irra é variante local de ira, cólera.
  16. Eligio Rivas Quintas 1978.
  17. Refírese a Santa Baia de Ribadumia e San Martiño de Meis, parroquias estremeiras. Fermín Bouza-Brey, 172.
  18. Fermín Bouza-Brey, 162.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 39.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 62.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 84. No orixinal: abó.
  22. Xaquín Lorenzo Fernández, 160. No orixinal: ehí.
  23. Rivas Quintas 2001, s. v. galo.
  24. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos, Xerais 2004 (4ª ed), s. v. lavacú.
  25. 1 2 3 4 5 Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
  26. 1 2 San Fernando, 30 de maio.
  27. San Fernando, 30 de maio; San Cibrao, 16 de setembro.
  28. Xaquín Lorenzo Fernández, 66.
  29. Xaquín Lorenzo Fernández, 163. O pondón, ou pendón, é a flor masculina do millo.
  30. Eladio Rodríguez González, s. v. semana.
  31. Eladio Rodríguez, s. v. decir.
  32. En Santa Lucía, 13 de decembro, comezan a medrar os días, aínda que moi lentamente.
  33. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  34. Álvaro das Casas, 216. No orixinal: pol-as.
  35. Xaquín Lorenzo Fernández, 50.
  36. Xaquín Lorenzo Fernández, 65. No orixinal: créste, tí.
  37. Xaquín Lorenzo Fernández, 77.
  38. Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de unha.
  39. Xaquín Lorenzo Fernández, 122.
  40. Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
  41. Eladio Rodríguez, s. v. ano.
  42. O libro da caza, 31.
  43. Xaquín Lorenzo (1983), 19.
  44. Xaquín Lorenzo Fernández, 154). Xaquín Lorenzo supón que se trata dunha cantiga importada.
  45. Xaquín Lorenzo Fernández, 161.
  46. Leandro Carré Alvarellos, Xosé Luís Franco Grande, Constantino García González, Elixio Rivas Quintas, Eladio Rodríguez González, en Dicionario de Dicionarios.
  47. Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
  48. Elixio Rivas Quintas 1978, s. v. papasolín.
  49. 1 2 3 Elixio Rivas Quintas 1978, s. v. xoaniña.
  50. [[Luís Iglesias Iglesias], en "Notas entomolóxicas: insectos de Galiza", en Nós 53, 15.05.1928, 94.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Anónimo (1969). O libro da caza. O Moucho, nº 14. Vigo: Castrelos. 
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • Lorenzo Fernández, Xaquín (1983). Refraneiro galego. O Moucho, nº 63. Vigo: Castrelos. 
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • Risco, Vicente (1949). "Tradiciones referentes a algunos animales". Revista de Dialectología y Tradiciones Populares III: 163–188. 
  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • Zamora Mosquera, Federico (1972). Refráns e ditos populares gallegos. Vigo: Galaxia.