O centeo na cultura popular galega
Aparencia
Locucións
[editar | editar a fonte]- Bourar nalguén coma en centeo verde: dise cando lle dan unha malleira a alguén [1].
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón [2].
- Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau [3].
- Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.
- Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo [2].
- En febreiro, saca o boi do teu centeo [4].
- Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu [5].
- O centeo, basto na hucha e non no terreo [3][6].
- O pan centeo é bo cando é alleo [7].
- O pan trigo e centeo máis val na barriga que no seo.
- O pantrigo e o centeo, val máis na barriga que no seo [8].
- O trigo centeoso fai un pan moi proveitoso.
- Pan albeiro ou pan centeo, millor quero do meu que do alleo [7].
- Pan centeo, antes comido que no seo [7].
- Pan centeo, millor no meu papo que no alleo [7].
- Pan de trigo ou de centeo, quéroo máis no meu ventre que no alleo [7].
- Quen ó sementar é mesquiño, prá seitura escusa fouciño [9].
- Trigo centeoso, pan proveitoso [10].
- Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [11].
O día de San Bernabeu, o 11 de xuño, adoita considerarse idóneo para a sega do centeo[12]:
- Día de San Bernabeu, está o sol no máis alto do ceu.[12]
- Día de San Bernabel, nin na terra nin no fardel.[12]
- O día de San Bernabé creba o centeo polo pé.[12]
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada [13].
- Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada [14].
- Cálate e vaite calando,/ cara de criba centeo;/ desque tiveche as vexigas/ pareces un cordocelo [15].
- Delgadiña de cintura/ como a palla do centeo,/ chégate a min, delgadiña,/ que non teño outro remedio [16].
- Esta noite hei de ir alá,/ meniña, non teñas medo,/ déixame a porta atrancada/ cunha palla de centeo [17].
- Eu casar, ben me casaba,/ pero témolle ó que temo/ que é andar cun saco ás costas: / por eiquí venden centeo [18].
- Eu casar, ben me casaba,/ recear, ben o recelo;/ eso de andar perguntando/ onde se vende o centeo [19].
- Eu casar ben me casaba,/ recear ben o receo,/ sinto de andar perguntando/ a como vale o centeo.
- Mariquiña da forneira,/ se coceres faime un bolo;/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como [20].
- Quédate con Dios, Ourense,/ coas túas camas de seda,/ que eu voume pra miña terra/ dormir en palla centea [21].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. bourar.
- ↑ 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
- ↑ 3,0 3,1 Eladio Rodríguez González, s. v. centeo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
- ↑ A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como a un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n'a hucha, n'o terreo.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. seitura. Nas terras do pan chaman mes da seitura ó mes de xullo (tamén se chama así ó mes de agosto).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 176
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 54. A criba para o centeo ten os buratos máis grandes, de aí a comparación con que está picado das vexigas; cordocelo non é máis que unha esixencia da rima.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 68.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 77.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 229.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 79. No orixinal: beno recelo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 93.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 137.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.