Saltar ao contido

Refraneiro galego sobre o viño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua do deus Baco en Cambados feita por Francisco Leiro
  • A adega cheira ó viño que ten [1].
  • A auga de febreiro derrama o viño [2].
  • A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan [2].
  • A auga de San Xoán quita o viño e tolle o pan [3].
  • A auga de San Xoán tolle o viño e non dá pan [2][4].
  • A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan [5].
  • A auga fai mal i o viño fai cantar [2].
  • A auga non emborracha, nin enferma, nin entrampa [2].
  • A auga non enferma nin embebeda [2].
  • A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes [6].
  • A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan.
  • A augardente, na tenda; o viño, na taberna [7].
  • A beber viño nunca me ganou veciño [8].
  • A bo viño non hai mal bebedor [9].
  • A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
  • A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto [10][11].
  • A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto [11][12].
  • A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan.
  • A cuba do bo viño non necesita bandeira.
  • A home bo, picheles cheos [13][14].
  • A home vello, picheles novos [14].
  • A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan [15].
  • A millor siñal de auga é non haber pra viño [2].
  • A moza i a parra, non se ven ben se non lle erguen a faldra [16].
  • A muller e a viña dan ó home alegría [17].
  • A muller e a viña faina o home garrida [17].
  • A muller e o viño sacan o home de tino [17].
  • A muller que ó seu home queira ter gordiño dispois que coma o caldo déalle un gotiño [17].
  • A pouco viño, coidadiño [9].
  • A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan [18].
  • A vide e a xesta co demo en testa.
  • A vindima, enxoita e fría [19].
  • A vindima non é cada día [19].
  • A viña de bo amo, pódase en marzo. A viña do ruín, pódase en abril [20].
  • A viña i o poldro que os críen outros [20].
  • A viña non quere máis sombra que a do amo.
  • A viña o dá e a viña o come.
  • A viña vella quer amo novo [20].
  • A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber [9].
  • A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño [8].
  • A xogueta e a bebedela botan as casas por terra.
  • Abril frío, moito pan e pouco viño [21].
  • Abril frío, pan e viño [21].
  • Abril frío quer compango, viño e pantrigo [21].
  • Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
  • Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
  • Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo.
  • Adega fría quentarse espera [1].
  • Adega fría quentarse espera ó chegala colleita [1].
  • Agosto a madura e setembro vendima a uva.
  • Agosto e vendimia non son cada día [22].
  • Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con ganancia e outros con dano.
  • Agosto e vendima non son cada día e sí cada ano, us con proveito e outros con dano [12].
  • Agosto, madura, e setembre vindima as uvas [12].
  • Aí vén San Miguel, co seu tonel [23].
  • Alegre, alegrete, arranca-carrascos e tente-bonete [24]
  • Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño.
  • Anaco de touciño pide trago de viño [25].
  • Ano de viño, garda viño.
  • Ano de viño, merca e garda viño [26].
  • Ano de viño, vende viño e garda viño.
  • Ano novo e viño novo non manteñen [26][27].
  • Anque estou malo das pernas, inda podo ir á taberna [28].
  • Anque teño mala a perna, ben sei onde está a taberna [28].
  • Antes da vindima, compón as cubas axiña [20].
  • Antes de pan, viño; antes de viño, touciño; e antes touciño que liño.
  • Antes de San Martiño, pan e viño; dispois de San Martiño, fame e frío [29].
  • Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño [30].
  • Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño [30].
  • Ao lacón e ao touciño, grolos de viño [31].
  • Apregoar viño, e vender vinagre [9].
  • As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan.
  • Ás veces val máis o viño que as borras; e de contino, val máis o viño [9].
  • Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
  • Ata o san Pedro, o viño ten medo.
  • Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.
  • Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.
  • Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, fame e frío bastante.
  • Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante.
  • Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
  • Auga de agosto dá mel e mosto [32].
  • Auga de agosto, mel e mosto [2].
  • Auga de san Xoán, tolle viño e non dá pan [2].
  • Auga e sol, pras froitas, lagarto; pras viñas, pulgón [2].
  • Auga en agosto, azafrán, mel e mosto [33].
  • Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan [34].
  • Auga ó figo; e á pera viño [2].
  • Auga por agosto, nin pan nin mosto [2].
  • Auga, de cepas; arruído, de tellas [2].
  • Auga, pros peixes; pros homes, viño a feixes [2].
  • Bebamos hastra que máis non poidamos [8].
  • Bebamos hastra que non nos vexamos [8].
  • Bebe dispois do caldo, e manda o médico ó diaño [35].
  • Bebe dispois do caldo, e rite do ciruxano [35].
  • Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto, e así vivirás [8].
  • Beber, beber, hastra máis non poder [8].
  • Beber bo viño faino todo veciño: o que é malo, é beber viño malo [9].
  • Beber e comer bo pasatempo é [8].
  • Beber frío; e xantar, quente[8].
  • Beber astra non ver [36].
  • Beber polo ancho, e dar de beber polo estreito [8].
  • Beber sin comer, é cegar e non ver [8].
  • Bebín auga porque non houbo auga; que se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera [2].
  • Borracheira de auga non emborracha.
  • Bótamo todo en viño e non en liño [9].
  • Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo [37].
  • Cada cuba cheira ó viño que lle botan [38].
  • Cada cuba cheira ó viño que ten [38].
  • Cal o ano, tal o xerro [26].
  • Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
  • Cando chove por agosto, chove mel e mosto [39].
  • Cando deas viño ó teu señor, non o mires ó sol [9].
  • Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo [40].
  • Cando o borracho ronca, o viño no barril apousa.
  • Cando ó mariñeiro lle dan de beber, ou está fodido ou vanno foder [41].
  • Cando o vello non pode beber, pódenlle a cova facer [8].
  • Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño.
  • Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta [9].
  • Canto máis bebo, máis sede teño [8].
  • Casa, viño e poldro, fáganos outro.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Cava fondo e terás anada de abondo [42].
  • Cávame tarde, bímame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ó labrego [42].
  • Cáveme quen queira, pódeme quen seipa; bímeme calquera; cóideme o meu amo [20].
  • Cáveme quen queira, pódeme quen seipa, díxolle a cepa á terra [42].
  • Chafar, chafoume, mais como pagar, o viño pagoume [43].
  • Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan [44].
  • Chuvia polo agosto é mel e mosto [11].
  • Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan [11].
  • Coida ben a viña e terás vindima [20].
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
  • Collerás viño mosto se vendimas enxoito [9].
  • Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño [45].
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín [41].
  • Con pan e viño anda calquera o camiño.
  • Con pan e viño ándase o camiño [30].
  • Con pan e viño ben se pasa o camiño [30].
  • Con pan e viño faise o camiño.
  • Con pan e viño lévase o camiño.
  • Con pan e viño pásase o camiño [34].
  • Con pan e viño xa se anda o camiño [43].
  • Da boa nai busca a filla, e da boa cepa pranta a viña [46].
  • Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés [47].
  • Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [48].
  • Dáme o viño cando quixeres; máis dispois do caldo non mo negues [9].
  • Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro [49].
  • De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro.
  • Debaixo dunha mala capa, hai ás veces un bo bebedor [50].
  • Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor.
  • Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos [9].
  • Deica San Pedro o viño ten medo [51].
  • Deixa a auga e bebe viño, dispois do San Martiño [2].
  • Derramarse o viño é boa siñal, pero non o sal [9].
  • Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
  • Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño.
  • Despois de San Martiño, deixa a agua e bebe viño.
  • Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado.
  • Día de San Martiño, proba o teu viño [52].
  • Día de San Martiño, todo o viño é bo viño [53].
  • Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz [54].
  • Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás [55]
  • Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás.
  • Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.
  • Dispois de comer e beber, cada un da o seu parecer [8].
  • Dispois de San Martiño, deixa a iauga e bebe o viño [56].
  • Dispois de vindimas, corvos [19].
  • Dixo o viño, moi campante: "No corpo do home son valente e voante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" [9].
  • Dixo o viño: "No corpo do home sou valente e boiante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" [57].
  • Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo [25].
  • Do bo viño, bo vinagre [9].
  • Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño [9].
  • En abril xa soio poda o labrego ruín.
  • En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril.
  • En agosto, as castañas arder, e en setembro, beber [58][59].
  • En agosto chove mel e mosto.
  • En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño.
  • En agosto, nin muller nin mosto [22].
  • En agosto, nin viño nin mosto.
  • En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto [12].
  • En agosto, viño mosto [12][22].
  • En chegando san Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará.
  • En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
  • En maio, sulfato [43].
  • En marzo, podar e cavar, se queres colleitar [40].
  • En san Martiño, pan e viño.
  • En san Xoán, tanto viño coma pan.
  • En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo [60].
  • En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
  • En setembro vendima correndo.
  • Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará [61].
  • Ende vindo Todos Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é [62].
  • Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre [63].
  • Eu non bebo o viño, que o como en cuncas, gotiño a gotiño [9].
  • Eu non son dino de bebe-la auga sin viño [2].
  • Folgade, galiñas, que o galo está nas vindimas [64]
  • Grolo a grolo valéirase o xerro [65].
  • Hastra o San Pedro, o viño ten medo [9].
  • Hastra san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame.
  • Home estrevido, pelexo de bo viño, e vaso de bo vidro, duran pouquiño [14].
  • Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro.
  • Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño [43].
  • Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran [14].
  • Home valente e bota de viño, pouco duran [43].
  • Homes bos e picheles de viño, amainan o ruído [14].
  • Hoxe viño e pan, o resto mañán.
  • Inda non é viño e xa quer ser vinagre [9].
  • Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan [66].
  • Ir e vir, como o xerro vai á boca [67].
  • Labrador chalán, non colle viño nin pan.
  • Maio come o trigo, e agosto bebe o viño [68].
  • Maio fai o trigo, e agosto o viño [68].
  • Máis garda a viña o medo que o viñadeiro [20].
  • Máis val viño frío que auga quente [9].
  • Máis val viño quente que auga fría [9].
  • Máis vale beber que cuspir [8].
  • Máis vale que sobre pan que non que falte viño.
  • Máis vale quedar para vestir santos ca para espir borrachos.
  • Mandar rapaces á vindima, é cousa perdida [19].
  • Maruxiña ten bo viño; se o ten, el o dirá, i o que fore sonará [9].</ref>.
  • Marzo, marzal, déixame o viño trasegar.
  • Marzo, o viño polo vaso.
  • Menos valen ás veces as borras que o viño [9].
  • Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [69].
  • Mentres auga leve o Miño non faltará viño [2].
  • Mordedura de alacrán, busca viño e busca pan, que mañá te enterrarán.
  • Muller que moito bebe, tarde paga o que debe [17].
  • Mulleres á eira e viño en coeira [17].
  • Mulleres e viño sacan ó home do bo camiño [17].
  • Na noite de san Xoán andan os probes pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño.
  • Na noite de San Xoán andan os tolos pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño.
  • Na viña de outro ninguién pode ir escoller [20].
  • Na viña vindimada, calquera pode vindimar [20].
  • Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar [70]
  • Nin o teu pan en bolas, nin o teu viño en sopas [30].
  • Nin o teu pan en roscas nin o teu viño en botas [30].
  • Nin o teu pan en sopas, nin o teu viño en probas [30].
  • Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo [20].
  • Nin viña ó pé do camiño, nin casa á beira do rio [20].
  • Ninguién que beba viño chame borracho ó seu veciño [9].
  • Ninguién se emborracha co viño da súa casa [9].
  • No inverno, forneira; no vran, taberneira [71]
  • No millor viño hai borras [9].
  • No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
  • No san Martiño, porco e viño.
  • No san Martiño xa se coñece o bo viño.
  • Non é bo mosto o que se colle en agosto.
  • Non é bo mosto o que se molla en agosto [72].
  • Non hai mellor ciruxán que a boa carne, o bo viño e o bo pan.
  • Non hai millor viño que o da viña [9].
  • Non hai neto de viño que grande sea [9].
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas [9].
  • Non hai tal viño como o pantrigo e o leite macizo [73].
  • Non teñas viña nun rincón nin casa nun cantón [20].
  • Nosa Señora dos Arcos, avogada dos borrachos [74]
  • Nunca lle falta achaque ó viño: no vran polo calor, e no inverno polo frío [9].
  • O amor e o viño sacan ao home de tino.
  • O beber, mata axiña a sede [8].
  • O beber quer comer [8].
  • O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis non se beberá [8].
  • O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis se derramará [8].
  • O bo viño cría bo sangue [9].
  • O bo viño trai a venda consigo [9].
  • O borracho logo solta o que ten no papo.
  • Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño [29].
  • Ó comer percebes, mira o que bebes [75].
  • O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [76][77]..
  • O día de san Xoán molla o viño no pan.
  • O día de Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz.
  • O home mesquiño non colle forzas nin co pan nin co viño [14].
  • Ó lacón e ó touciño, tragos de viño [78].
  • O mes de agostiño fai bo viño.
  • O mes de agostiño fai o bo viño.
  • O meu veciño ten unha viña: el a cava, el a bima; el a vindima [79].
  • O millor viño fai borra [9].
  • O millor viño vólvese vinagre [9].
  • O mosto que se colle en agosto, non é mosto [72].
  • O pan, con ollos; o queixo, cego, e o viño, anexo [30].
  • O pan con ollos, o queixo sin ollos, e o viño que salte ós ollos [30].
  • O pan, pan, e o viño, viño [30].
  • O pan polo coor, e o viño polo sabor [30].
  • O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño [45][80].
  • O que bebe pola cabeza non se lle saben os tragos que pasa [8].
  • O que cava e bima fará boa vendima [42].
  • O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde [8][35].
  • O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
  • O que en marzo non poda a viña perde a vendima.
  • O que en marzo non poda perde a vendima toda.
  • O que en ruín lugar fai a viña, ó lombo saca a vindima [20].
  • O que no caldo bota viño, de vello faise mociño [35].
  • O que non bima, non vindima.
  • O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña.
  • O que non ten lagar, cada ano seu pesar [81].
  • O que poda por marzo, vindima no regazo [82].
  • O que se dá á bebida ben pouco estima a súa vida.
  • Ó que ten bo viño non lle faltan amigos [9].
  • O que teña bo viño, bébao, e non llo dea ó seu veciño [9].
  • O que vai á adega e non bebe, eso máis perde [1].
  • O que vendima en san Miguel, bebe ben.
  • Ó touciño, mételle tragos de viño [25].
  • O vello pranta a viña e o vello a vindima [20].
  • O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto.
  • O vinagre i o limón, medio ciruxanos son [83].
  • O viño alegra o ollo e quenta o corpo [9].
  • O viño anda sin calzós [9].
  • O viño barato saca os cartos do farrapo [9].
  • O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño [9].
  • O viño bo é caro, i o barato é malo [9].
  • O viño branco e a muller ao primeiro mercader.
  • O viño chispeiro non necesita pregoeiro.
  • O viño con mel sabe mal e fai ben [9].
  • O viño dá forzas, e a iauga quítaas todas [9].
  • O viño da viña vella zonzonéame na orella [9].
  • O viño das cepas vellas quenta as orellas [9].
  • O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ó teu amigo o deas [9].
  • O viño da viña vella zonnzonéame na orella.
  • O viño de abril, enche o carro e o carril.
  • O viño de abril non vai ó funil.
  • O viño de marzo, lévao a vella no regazo [84].
  • O viño do Avia, ten forza, esprito e labia [85].
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [9].
  • O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [9].
  • O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [9].
  • O viño do Ribeiro non ten compañeiro [9].
  • O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [9].
  • O viño é bo, pero se é viño bo [9].
  • O viño é o antoxo dos vellos e o lambuxo dos nenos [86].
  • O viño é o leite dos vellos [9].
  • O viño e o pan sempre se dan: us anos ben; outros mal, e outros menos mal [87].
  • O viño é o sangue dos vellos [9][88].
  • O viño é pan e medio [9].
  • O viño fai do vello mociño [89].
  • O viño fai ó vello mociño [9].
  • O viño fai rir, fai durmir e fai ás cores á cara saír [9].
  • O viño ha ser comido, máis ben que bebido [9].
  • O viño lava os dentes, alegra os ollos e sana o ventre.
  • O viño polo coor, i o pan polo sabor [9].
  • O viño polo xerro é como millor o quero [9].
  • O viño que é chispeiro non percisa de pregoeiro [9].
  • O viño ten tres propiedades: facer durmir, facer rir e ás cores saír.
  • O viño tinto quer estar apretado i o branco folgado [9].
  • Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor.
  • Onde allos ha, viño haberá.
  • Onde entra o beber sai o saber [8].
  • ¿Onde haberá millor viño que o que sai das cepas? [9].
  • Ós comenzos de setembre aparella as cubas pra vindimar as uvas [90].
  • Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira [91].
  • Os mariscos queren viño, pois da auga xa veñen [80].
  • Os recíos de agosto son mel e mosto [12].
  • Pan con fartura; e viño, con mesura [30].
  • Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano, manteñen ó home sano.
  • Pan de onte e viño de antano, salú pra todo o ano.
  • Pan de onte, carne de hoxe, e viño de antano, manteñen ó home sano [30].
  • Pan de onte, e carne de hoxe, e viño de antano, salú pra todo o ano [30].
  • Pan de panadeira e viño de taberna, nin farta nin goberna [30].
  • Pan e viño andan camiño [30].
  • Pan e viño andan camiño, millor que mozo garrido [30].
  • Pan e viño, un ano teu, e outro do teu veciño [30].
  • Pan por quilo e viño por medida, o que non rouba algo non leva boa vida.
  • Pan que sobre, carne que abonde, viño que non falte e alegría que abaste [30].
  • Pan quente e uvas, ás vellas quitan engurras [30].
  • Pan, viño e carne quitan a fame [30].
  • Pipa de viño bo e home forte, pouco duran.
  • Poda a viña en marzo e cávaa en maio.
  • Poda a viña en marzo, pra cavala en maio [20].
  • Poda en marzo, vendima no regazo.
  • Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
  • Poda tarde e sementa cedo, que de tres anos acertarás tres e medio [92].
  • Pola Santa Mariña vai ver a tua viña, e cal a cates, tal a vindimas [20].
  • Pola vindima vende as tuas galiñas; pola Navidá, vólveas mercar [20].
  • Pola Virxe do Portal pon a xente a vendimar [93].
  • Pola vosa santa palabra, eu non son digno de beber o viño sin auga [9].
  • Polas vendimas vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar.
  • Polo abril xa solo poda o labrego ruín [21].
  • Polo agosto vale máis viña que mosto [12].
  • Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar [94].
  • Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
  • Polo San Andrés, o mosto viño é.
  • Polo San Andrés, o viño novo vello é.
  • Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas [95].
  • Polo san Lucas saben ben as uvas.
  • Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas [96].
  • Polo san Martiño, barra o teu viño.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Polo san Martiño, cata o teu viño.
  • Polo San Martiño deixa a auga e bebe o viño.
  • Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño [29].
  • Polo san Martiño, proba o teu viño.
  • Polo san Martiño, tapa o teu viño.
  • Polo San Martiño, todo o mosto é bo viño [9].
  • Polo San Martiño, todo o mosto é viño [29].
  • Polo san Martiño, vende o teu viño; antes a pipeiro que a taberneiro.
  • Polo San Martiño, zapa o teu viño [97].
  • Polo San Mateo vindima a reo [98].
  • Polo san Mateu cada un vendima o seu [99].
  • Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu.
  • Polo san Mateu, vendima ti, vendimo eu.
  • Polo san Mateu, vindima arreo.
  • Polo San Mateu, vindima tí, vindimaréi eu [98].
  • Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel [100].
  • Polo san Miguel mete as uvas no tonel [101].
  • Polo san Nicolás, as uvas vendimarás [102].
  • Polo san Simón, apreta o baldón [103].
  • Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño [9][104].
  • Polo san Xenaro, vendimas pró carro [105].
  • Polo san Xoán á sardiña, e en setembro á vendima.
  • Polo san Xoán bébese viño e cómese pan.
  • Polo San Xoán tanto viño como pan [106].
  • Polo Santiago comenza na viña a pintar o bago [107].
  • Por agosto vale máis viño que mosto.
  • Por beber medio netiño e comer media tallada, nunca se perdeu nada [8].
  • Por ir á misa entrei na taberna, e quedeime nela [28].
  • Por marzo, a cava; por marzo, a poda; por marzo vólvese a viña toda [40].
  • Por san Luca, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
  • Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
  • Por san Martiño, atesta o viño.
  • Por san Martiño cae máis auga do que o borracho bebe viño.
  • Por san Martiño cata o teu viño.
  • Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas [108].
  • Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto [29].
  • Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño.
  • Por san Martiño, nin fabas nin viño.
  • Por San Martiño, xa se conoce o bo viño [29].
  • Por san Mateu vindima ti, vindimo eu.
  • Por san Miguel, mete o viño no tonel.
  • Por san Simón, aperta o baldón.
  • Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas [109].
  • Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
  • Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
  • Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
  • Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás.
  • Por Santa Mariña vai ve-la túa viña, como a terás, así vendimarás.
  • Por Santiago, xa pinta o bago.
  • Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado.
  • Pra beber con uvas, máis val beber en aúnas [8].
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [9].
  • Pra viña vella, amo novo [20].
  • Que chova, que neve, quen ten sede, bebe [8].
  • Quen bebe un pouco, bebe un pouco máis [8].
  • Quen cava co demo a viña, co demo a vindima [42].
  • Quen cava no mes de Santos, perde o tempo i o traballo [42].
  • Quen co demo cava a viña, co demo a vindima.
  • Quen é amigo do viño, de sí mismo é enemigo [9].
  • Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vindima.
  • Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño [9].
  • Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo.
  • Quen vai á adega e non bebe, boa vez de beber perde [1].
  • San Antonio de xaneiro, se fai sol, bota as pipas ó canteiro, e se chove, bótaas ó fumeiro [110].
  • San Bieito rega a eito. Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote [111]
  • San Mateu, vindima ti, vindimarei eu.
  • San Miguel das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras.
  • San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras.
  • San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.
  • San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras. Se dúas veces ó año viñeras, moito ben nos deras.
  • San Migueliño das uvas maduras, tarde me vés e pouco me duras.
  • San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.
  • San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
  • San Simón, apreta o baldón.
  • San Técola que vindima as uvas e os figos leva [112].
  • San Xoán daime o pan e san Martiño o viño.
  • San Xoán e san Martiño foron merendar ó camiño. San Xoán levara o pan e san Martiño o viño.
  • San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
  • San Xoán trae o fol cheo de pan e san Martiño bota de viño.
  • San Xulián garda o viño e garda o pan [113].
  • San Xullán, garda viño e pan.
  • San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro [114].
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
  • Se bebes co caldo, non darás moita avinza ó ciruxano [35].
  • Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ó ciruxano [35].
  • Se che pica un alacrán busca viño, busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán [115].
  • Se chove día de Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, i si está claro, pipas ó canteiro.
  • Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto.
  • Se chove en febreiro, bota as pipas ó quinteiro.
  • Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro.
  • Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto.
  • Se chove no día de santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro; e se está claro, pipas ó canteiro.
  • Se con uvas bebedes, dúas veces beberedes [8].
  • Se corres como bebes, imos ás lebres [116].
  • Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar.
  • Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar.
  • Se non bebo na taberna, fólgome nela [28].
  • Se non chove en febreiro van as pipas ó canteiro.
  • Se queres ter bo viño, enxerta de boa cepa [117].
  • Se queres ter ó teu home gordiño dispois do caldo dalle un gotiño sempre que sea de viño [35].
  • Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra [118]
  • Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, quen mañán te enterrarán.
  • Se te morde un alacrán, garda viño e garda pan, que mañá te enterrarán.
  • Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán.
  • Se trona en xaneiro, sobe as cubas ó fumeiro.
  • Se Xaniño ten bo viño, xa virá quen o dirá.
  • Sen beber non se debe comer [8].
  • Sin pan nin viño non se anda ben o camiño [30].
  • Taberna sin xente, ben pouco vende [28].
  • Taberna vella non precisa na porta ramalleira [28].
  • Tallada de touciño quer gulapo de viño [25].
  • Todos me saben o viño que bebo, e non me saben a sede que teño [9].
  • Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai o home forte e valente [7].
  • Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
  • Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla.
  • Vai a chiva pola viña, tal é a mai como a filla.
  • Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz [119].
  • Val máis que sobre pan, que non que falte viño [30].
  • Vinagre e mel, saben mal e fan ben [120].
  • Vindima enxoito, se queres coller viño mosto [98].
  • Vindima no regazo aquel que poda por marzo [98].
  • Viña entre viñas, e casa entre veciñas [20].
  • Viña que non se poda dispacio, dará poucos e ruís acios [20].
  • Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar [20].
  • Viñas, cantas bebas; terras, cantas vexas [20].
  • Viño, a pasar; auga, a fartar [82].
  • Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [9].
  • Viño de cepa torta inda ben non te bebo non vexo a porta.
  • Viño de ricos e pan de pobres [121].
  • Viño de maio, pouco e malo [9].
  • Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.
  • Viño de peras nono bebas, nin o deas a quen ben queiras [9].
  • Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.
  • Viño en sopas non emborracha.
  • Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante [9].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [9].
  • Viños e amores, os vellos son os millores [9].
  • Viño e vinagre irmaus son: un vai á misa e o outro non.
  • Viño por fóra, viño por dentro curan os males nun momento.
  • Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.
  • Viño quitado, bebelo ou tiralo [9].
  • Viño ruín, pra quen o queira, pero non pra mín [9].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.
  • Viños e amores os vellos son os millores.
  • Zapa o viño polo San Martiño.
  1. 1 2 3 4 5 Eladio Rodríguez González, s. v. adega.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  3. ↑ Rosario Soto Arias 2013.
  4. ↑ Eladio Rodríguez González), s. v. San Xoan.
  5. ↑ A chuvia en xuño prexudica as viñas e os campos de cereais. Real Academia Galega 1913, s. v. auga. No rixinal: Juan.
  6. ↑ Lino Lema Bouzas, 1.
  7. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. augardente.
  8. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 Eladio Rodríguez González, s. v. beber.
  9. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  10. ↑ Real Academia Gallega, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.
  11. 1 2 3 4 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  12. 1 2 3 4 5 6 7 Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
  13. ↑ Pichel: “Xerra alta e redonda, máis ancha na base ca no colo, xeralmente de estaño, con tapa unida á asa, que se empregaba para quitar o viño dos pipotes” (DRAG).
  14. 1 2 3 4 5 6 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  15. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mera. Mera significa néboa espesa, húmida e baixa.
  16. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. moza.
  17. 1 2 3 4 5 6 7 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  18. ↑ Refírese á arada que cómpre dar ás viñas neste mes.
  19. 1 2 3 4 Eladio Rodríguez González, s. v. vindima.
  20. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  21. 1 2 3 4 Eladio Rodríguez González, s. v. abril'.
  22. 1 2 3 Real Academia Gallega, s. v. agosto.
  23. ↑ San Miguel, 28 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel. No orixinal: Ahí ven.
  24. ↑ Son os graos da bebedela.
  25. 1 2 3 4 Eladio Rodríguez González, s. v. touciño.
  26. 1 2 3 Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  27. ↑ Real Academia Gallega, s. v. ano.
  28. 1 2 3 4 5 6 Eladio Rodríguez González, s. v. taberna.
  29. 1 2 3 4 5 6 Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.
  30. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  31. ↑ X. L. Franco Grande: Diccionario galego-Castelán (1972), s. v. lacón.
  32. ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.
  33. ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
  34. 1 2 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán.
  35. 1 2 3 4 5 6 7 Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
  36. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. beber. No orixinal: hastra.
  37. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
  38. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. cuba.
  39. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  40. 1 2 3 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  41. 1 2 Lino Lema Bouzas, 3.
  42. 1 2 3 4 5 6 Eladio Rodríguez González, s. v. cavar.
  43. 1 2 3 4 5 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  44. ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: San juan, tòlle, da.
  45. 1 2 Clodio González Pérez, 145.
  46. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. nai.
  47. ↑ Fala a viñan pedindo a cava.
  48. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
  49. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ave.
  50. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. debaixo.
  51. ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: tèn.
  52. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día, s. v. viño, s. v. San Martiño.
  53. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  54. ↑ A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.
  55. ↑ O día de Santa Mariña é o 18 de xullo.
  56. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño, s. v. San Martiño.
  57. ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Diĵo o viño: N'o corpo d'o hòme son valente e voante. E diĵo o pan: S'eu vou diante.
  58. ↑ Real Academia Gallega
  59. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: i en setembro.
  60. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. setembre.
  61. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Bras.
  62. ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: vello he.
  63. ↑ ERG, fillo.
  64. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. galiña.
  65. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. grolo.
  66. ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan, da.
  67. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
  68. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
  69. ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Riveiro.
  70. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. neno.
  71. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. forneiro.
  72. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. mosto.
  73. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
  74. ↑ Álvarez Blázquez recólleo como refrán na súa compilación do Refraneiro do Viño, sen explicación de que "Nosa Señora dos Arcos" se trata.
  75. ↑ Lino Lema Bouzas, 6.
  76. ↑ "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
  77. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  78. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. lacón.
  79. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viña. No orixinal: él.
  80. 1 2 Lino Lema Bouzas, 7.
  81. ↑ Elixio Rivas Quintas (1988).
  82. 1 2 Marcial Valladares Núñez.
  83. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre.
  84. ↑ Juan Sobreira Salgado.
  85. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño. No orixinal: espirto.
  86. ↑ Apéndice a Eladio Rodríguez González, s. v. lambuxo.
  87. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño. No orixinal: i o pan.
  88. ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: a sangre.
  89. ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: O viño fai d'o vèllo moziño.
  90. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. setembre.
  91. ↑ Clodio González Pérez, 142.
  92. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  93. ↑ A Virxe do Portal celébrase o 8 de setembro. En Ribadavia, onde é a patroa, o 9 de setembro
  94. ↑ A Virxe do Pilar, 12 de outubro.
  95. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
  96. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. san Lucas.
  97. ↑ Adela Leiro, 36. Zapar é pechar o bocoi coa zapa. Zapa é o tapón co que se pecha o burato por onde se enchen o bocoi, e tamén o burato mesmo.
  98. 1 2 3 4 Eladio Rodríguez González, s. v. vindimar.
  99. ↑ San Mateu, 21 de setembro.
  100. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
  101. ↑ San Miguel, 29 de setembro.
  102. ↑ Hai un san Nicolao, de Tolentino, que se celebra o 10 de setembro. O refrán non pode referirse a San Nicolao de Mira (ou de Bari), que é o 6 de decembro.
  103. ↑ Adela Leiro, 37 e 72. Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
  104. ↑ San Simón, 28 de outubro.
  105. ↑ San Xenaro de Benevento, 19 de setembro.
  106. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
  107. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.
  108. ↑ San Xudas, 28 de outubro.
  109. ↑ San Simón e San Xudas celébranse o 28 de outubro.
  110. ↑ Elixio Rivas Quintas (1978). O canteiro é o soporte de madeiros sobre os que se colocan os bocois nas adegas.
  111. ↑ San Bieito, 11 de xullo (noutros lugares en marzo ou o 15 de xullo); Santiago, 25 de xullo; Santa Mariña, 18 de xullo; San Roque, 18 de agosto.
  112. ↑ Santa Tegra (Técola), 23 de setembro.
  113. ↑ San Xián (Xulián) celébrase o 7 ou o 9 de xaneiro, segundo as distintas parroquias. O refrán aconsella gardar pan e viño porque aínda queda moito inverno por diante.
  114. ↑ Sendo san Xurxo o 23 de abril, o refrán alude ás larpeiradas pascuais, despois da abstinencia da Coresma.
  115. ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. alacrán.
  116. ↑ Ramón Anxo Martíns Seixo.
  117. ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: quères, engerta.
  118. ↑ A vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito.
  119. ↑ A Santa Cruz de maio é o día 3. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  120. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre.
  121. ↑ Porque a viña e o viño pide moitos coidados, que non os pode dar o pobre por falta de medios. O pan, pola contra, non necesita de tanta atención.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • FRANCO GRANDE, Xosé Luís: Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo 1972.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • Ramón Anxo Martíns Seixo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 463-486.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.