Refraneiro galego sobre o mes de maio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Maio na cultura popular galega.
A sardiña no maio que a parta un raio
  • A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano [1].
  • A auga de maio inda carga o carro [1].
  • A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón [2].
  • A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano [3].
  • A langosta e o cazón, en maio están en sazón [4][5].
  • A ovella do probe no maio morre.
  • A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
  • A porca de maio vale máis no principio que no cabo [6].
  • A sardiña no maio que a parta un raio.
  • A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan [7][8].
  • A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
  • A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
  • Abril a lan carda, e maio leva a fama [9].
  • Abril chove pras xentes, e maio prás bestas [9].
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso [10].
  • Abril, déixame dormir, que en maio de meu me caio [11].
  • Abril e maio son a chave de todo o ano [12].
  • Abril e maio son as chaves do ano [9].
  • Abril esfola, pero maio amola [9].
  • Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano [13].
  • Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo [9].
  • Abril, pendoril; maio, engraio; e San Xoan, segaio [9].
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
  • Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado [14].
  • ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo.
  • Are quen arou, que maio xa pasou [15].
  • Are quen arou, que maio xa pasou.
  • Are quen arou que xa maio entrou.
  • As avenidas da Ascensión, sonadas son.
  • As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril.
Ata o corenta de maio a vella non quita o saio
  • Ata o corenta de maio a vella non quita o saio.
  • Ata o corenta de maio non quíte-lo saio.
  • Ata o corenta de maio non te quíte-lo saio; e se volve a chover, vólveo a poñer.
  • Auga de abril e xiada de maio, aseguran o ano [16].
  • Auga de abril e xiada de maio, herba pra todo o ano [16].
  • Auga de maio, crece o pelo un palmo.
  • Auga de maio, mata o porco dun ano.
  • Auga de maio, pan pra todo o ano [16].
  • Auga de maio, quítame a sarna que traio [16].
  • Auga de maio, trai bo ano [16].
  • Auga de maio, trai mal ano [16].
  • Auga en maio detrás do arado.
  • Auga en maio mata a porca de un ano [6].
  • Auga en maio, pan para o ano [17].
  • Auga en maio, pan todo o ano [15].
  • Auga en maio mata o porco de un ano [16].
  • Auga en maio quita a sarna de todo o ano [16].
  • Auga entre maio e xuño vale máis cós bois e o xugo.
  • Ben veñas maio, o millor mes de todo o ano [15].
  • Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio non me ve-lo pelo.
  • Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir [18].
  • Caia auga e veña maio, que xa temos pan pro ano [16].
  • Cando en maio hai lama, inda algo se gana [15].
  • Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba [19].
  • Cando marzo maiea, maio marcea [19][20].
  • Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos [15].
  • Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio [21].
  • Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran [9][12].
  • Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau [22].
  • Chova por abril e maio e non chova en todo o ano [23].
  • Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.
  • Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano [9].
  • Chova pra min abril e maio, e pra ti todo ano [9].
  • Chova pra vós na roda do ano, e pra min en abril e maio [23].
  • Chuvia, de abril; recío, de maio [2].
  • Chuvia en maio, a mexadiña dun gato [2].
  • Chuvia en maio, a mexadiña dun rato.
  • Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón [2][24].
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristovo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nostra Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel [25].
  • Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba, nin bo melón [2][26].
  • Chuvia por abril e maio, aunque non chova en todo o ano.
  • Como sempre, detrás de maio vén san Xoán.
Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés
  • Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés [27]
  • De abril a maio, mes de descanso.
  • De San Miguel a San Miguel, nin rosario nin muller [28].
  • De sol posto en maio, aínda un xastre fai un saio.
  • Dende a Pascoa a Nadal, andai bois pra o meu curral.
  • Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños.
  • Detrás de maio vén san Xoán.
  • Deus nos aparte do polvo de maio e da lama do agosto.
  • Deus nos aparte dos polvos de maio e da lama de agosto.
  • Día a día, maio á porta [15].
  • Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado [29].
  • Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz.
  • Día tras día, maio á porta [15].
  • Día tras día, maio chega [15].
  • Día tras día, maio vai fóra [30].
  • Días de maio, días de desventura: inda non amañece e xa é noite escura [30].
  • Días de maio tan longo sodes, que morro de fame e morro de amores [30].
  • Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.
  • Díxolle maio a abril: anque che pese heime rir [15].
  • Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro [16].
  • En abril augas mil, e en maio tódalas que queiran vir.
  • En abril, augas mil, i en maio, tres ou catro [9].
  • En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro [31].
  • En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio [9].
  • En abril déixame durmir, que en maio eu só me caio.
  • En abril e maio fai fariña pra todo o ano [9].
En abril, espigas mil, no maio todo espigado
  • En abril e maio fai fariña pro ano [32].
  • En abril, espárragos para min; en maio, para meu amo [33].
  • En abril, espigas mil, no maio todo espigado.
  • En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.
  • En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao de un ano [34].
  • En abril, o salmón pra min, no maio pró criado, e no san Xoán pró can [35].
  • En abril os espárragos pra min, i en maio pró meu amo [9].
  • En febreiro, sete galgos e un lebreiro, e en maio, sete lebres e un galgo.
  • En maio aínda a vella queima o tallo [20].
  • En maio aínda a vella queima o tallo e senón malo.
  • En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.
  • En maio aínda a vella quenta o sallo.
  • En maio aínda bebe o boi no prado.
  • En maio, augas catro, e esas que cheguen ó barro [15].
  • En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo.
  • En maio calquera besta é cabalo [15].
  • En maio, de meu me caio.
  • En maio, de meu me caio, ou con fame ou con traballo.
  • En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo [15].
  • En maio, de meu me caio, xa co sono, xa co traballo.
  • En maio, de sono me caio [15].
  • En maio inda a vella queima o pé ó tallo [36].
  • En maio, inda a vella queima o tallo [15].
  • En maio inda a vella quenta o saio [15].
  • En maio, inda queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para San Xoán a deixou [15].
  • En maio, inda bebe o boi no prado [15].
  • En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado [15].
  • En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
  • En maio, non quites o saio.
  • En maio, non te quites o saio [15].
  • En maio, o barrufeiro faise cabalo [15].
  • En maio, o garabanzal, nin nado nin por sementar [15].
  • En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado.
  • En maio o porco vai ó tallo.
  • En maio, que chova hastra entullarse o carro [15].
  • En maio quince días os bois ó prado, antes no principio que no cabo.
  • En maio sai o pulpo do zamaio [15][37].
  • En maio, sulfato [20].
  • En maio, todo espigado.
  • En maio xa leva as cereixas o gaio [15].
  • En maio, xa saio [15].
  • En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo do can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
  • En marzo, nazo; en abril estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán xa fuxo ó can; en Santa Mariña xa pillo a galiña, e en agosto xa son bo raposo [38][39].
  • Entre abril e maio, fai fariña para o ano [40].
Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre
  • Enxame de maio vale un bo cabalo [41].
  • Enxame probe, no inverno nace e no maio morre [41][42].
  • Enxame probe, se do inverno sale no maio morre [41].
  • Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
  • Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro [43].
  • Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso [44].
  • Garda do pan para maio e da leña para abril [45].
  • Garda leña pra abril e pan pra maio [9].
  • Garda o teu saio para maio.
  • Garda pan para maio e da leña para abril.
  • Garda pan para maio e leña para abril, que che ha de cumprir.
  • Garda pan para maio e leña para todo o ano.
  • Hastra a Ascensión non quites o roupón, e despois quita e pon.
  • Hastra o corenta de maio non te afroxes o saio.
  • Hastra o corenta de maio, non te quites o saio [15].
  • Hastra o corenta de maio non te quites o saio; e se volve a chover, vólveo a poñer [15].
  • Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura.
  • Liño bo, liño malo, todo frolece en maio [46].
  • Maio airoso fai o pan garboso [47].
  • Maio atreboado, ano temperado [15].
  • Maio chuvioso, vran caloroso [15].
  • Maio come o trigo, e agosto bebe o viño [15].
  • Maio é o millor mes do ano [15].
  • Maio fai as apostas, e abril lévallas ás costas [15].
  • Maio fai o trigo, e agosto o viño [15].
  • Maio festeiro, bota a roca no trasfogueiro [15].
  • Maio frío, moito trigo [15].
  • Maio frío, moito trigo; maio pardo, ano farto.
  • Maio hortelán, moita folla e pouco gran [15].
  • Maio longo, San Xoan redondo [15].
  • Maio longo, San Xoán redondo; maio pardo, San Xoán craro.
  • Maio maial, se vén como debe, non ten rival.
  • Maio maieiro, aquí me caio, alí me deito [15].
  • Maio, maiolo, maio tolo, son tres.
  • Maio maiolo, oxalá duraras o ano todo!
  • Maio me molla, maio me enxuga, con raza de sol e raza de chuvia [48]
  • Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura [15].
  • Maio me molla, maio me enxuga, maio me leva á sepultura.
  • Maio non endereita o ano [15].
  • Maio o longo [15].
  • Maio pardo, ano farto [15].
  • Maio pardo e San Xoán craro valen máis ca Señora e o carro [49].
  • Maio pardo e san Xoan claro valen máis que os bois e o carro.
  • Maio pardo, San Xoan craro [15].
  • Maio pardo, sinal de bo ano [15].
  • Maio tolo, nin bo gato nin bo polo.
  • Maio treboado, e San Xoan craro, fan un ano temperado [15].
  • Maio turbio, San Xoán craro, fan un ano moi temprado.
  • Maio un pouco frío cría trigo; pero se é moi frío, nin palla nin trigo [15].
  • Maio ventoso, ano fermoso [15].
  • Malo raio o maio se non bebe o boi no prado no principio, pero non no cabo.
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado [50].
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña [51].
  • Marzo espigarzo, abril penduril, maio granado, san Xoán curado, na santa Mariña metelo na arquiña [52].
  • Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso [19].
  • Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano [19].
  • Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio frorido e fermoso [19].
  • Moitas augas en maio tran mal ano [15].
  • Na semana da Ascensión, tres días carne e tres días non [53].
  • Nin en maio son máis as horas que o traballo.
  • Nin no abril nado, nin no maio plantado [54].
  • No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo [9].
  • No abril mata o porco no cubil, e no maio mátao de un ano [9][55].
  • No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can.
  • No maio así corra a auga detrás do arado.
  • No maio bebe o boi no prado, e se non bebe malo.
  • No maio, o barrufeiro vólvese cabalo [15].
  • No mes de abril fai queixos mil, e no de maio fai tres ou catro [56].
  • No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
  • No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro [9].
  • No mes de maio, nin égoa nin cabalo [15].
  • No serán de maio vaite ó teu mandado, que terás tempo sobrado.
No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro
  • No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro.
  • No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
  • No serán de maio vaite ó teu mandado, que terás tempo sobrado [15].
  • Nos días de maio, ainda non amañece e xa anoitece [30].
  • Nos días de maio, de meu me caio [30].
  • O barrufeiro, no maio vólvese cabalo [57].
  • O cuco no abril vive, e no maio revive [58].
  • O día de Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz [59].
  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [41].
  • O maio, granado.
  • O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
  • O millor trasfogueiro, en maio pra min o quero [15][60].
  • O peixe de maio, a quen cho pida dállo [61][62].
  • O peixe de maio, nin probalo [62].
  • O peixe de maio, que o parta un raio [62].
  • O percebe e o salmón, en maio están en sazón [62][63].
  • O porco de maio coa súa nai vai ó tallo [64].
  • O porco do mes de maio vai ó tallo .
  • O que en maio non merenda, ós mortos encomenda [15].
  • O que en maio se molla, en maio se enxuga [15].
  • O que non ten pan sementado, agosto fáiselle maio [18].
  • O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña.
  • O que queira comer morriña, coma en xaneiro carneiro i en maio galiña [65].
  • O que rapa antes de san Isidro, rapa á nai e mais ó fillo.
  • O que queira ter prixel todo o ano seménteo no mes de maio.
  • O queixo i o barbeito, en abril ou maio sexa feito [66].
  • O rocín de maio vólvese cabalo.
  • O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio [15].
  • O tres de maio quenta o sol coma un borrallo, e se non quenta aquel día, quenta para o outro día.
  • Ovella vella e enxamio pobre, no maio morre.
  • Pan pra maio e leña pra abril, e o millor cepón, pra marzo o compón [18].
  • Peixe de maio, déixao pró teu amo [67].
  • Poda a viña en marzo e cávaa en maio [68][69].
  • Poda a viña en marzo, pra cavala en maio [70].
  • Pola Santa Cruz de maio tapa o souto o rabo do gaio.
Pola Santa Cruz de maio, o lobo i o corvo nado, i o raposo medio criado
  • Pola Santa Cruz de maio, o lobo i o corvo nado, i o raposo medio criado [71].
  • Polo san Urbán espile o abelán.[72]
  • Polvo no maio e lama no agosto, anda o tempo descomposto.
  • Polvo no maio e lama no agosto, pon ó labrego de mal rostro.
  • Por abril dorme o mozo ruín, e por maio, o mozo i o amo [9].
  • Porca no maio vale máis nos comenzos que no cabo [73][74].
  • Pouco e pouco, maio fóra [75]
  • Que bo maio, que mal maio, quince días os bois ó prado, e máis vale no comezo que no cabo.
  • Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano.
  • Quen en maio non merenda, ós mortos se encomenda.
  • Quen se pon debaixo da folla dúas veces se molla [76].
  • San Felipe merca, Santiago peita [77]
  • San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando [78]
  • Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.
  • Sardiñas de maio, sardiñas do diaño [7].
  • Se chove pola Ascensión, horta ruín e trigo rocón [23].
  • Se en marzo canta a ran, en maio xa calará.
  • Se maio chora, auga criadora [15].
  • Se marzo maiea e maio marcea, pobres dos pobres que viven na aldea!
  • Se non houbera maio, non habería ano malo [15].
  • Se o día da Ascensión a paxariña abala os ovos, quédanlle grolos [79].
  • Se por marzo canta a ra, no maio xa calará [19].
  • Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano [80].
  • Tras de abril vén maio, e hai cereixas como puños.
  • Tras de maio vén San Xoán [15].
  • Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto como os bois e o carro [81].
  • Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz [82][83].
  • Veña maio e veña pardo [15]
  • Viño de maio, pouco e malo [84][85].
  • Viño de maio, pouco e malo, o de abril é xentil.
  • Vodas maiales, todas mortales [86].
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
  • Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano formoso [87].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Eladio Rodríguez González, s. v. auga. No orixinal: i-auga.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  3. Eladio Rodríguez González, s. v. landra.
  4. Lino Lema Bouzas, 1.
  5. Clodio González Pérez, 142.
  6. 6,0 6,1 O libro do porco, 35.
  7. 7,0 7,1 Eladio Rodríguez González, s. v. sardiña.
  8. Lino Lema Bouzas, 2.
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  10. Compogoso significa propicio, favorable, próspero. Quere dicir que a colleita nun ano así será abundante.
  11. Vozes gallegas, ed. de J. Leite de Vasconcellos, 1845. No orixinal: mayo, cayo
  12. 12,0 12,1 Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: mayo.
  13. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, matô, de un.
  14. Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 15,13 15,14 15,15 15,16 15,17 15,18 15,19 15,20 15,21 15,22 15,23 15,24 15,25 15,26 15,27 15,28 15,29 15,30 15,31 15,32 15,33 15,34 15,35 15,36 15,37 15,38 15,39 15,40 15,41 15,42 15,43 15,44 15,45 15,46 15,47 15,48 15,49 15,50 15,51 15,52 15,53 15,54 15,55 15,56 15,57 15,58 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 16,7 16,8 16,9 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  17. Real Academia Galega 1913, s. v. auga. No orixinal: mayo.
  18. 18,0 18,1 18,2 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  20. 20,0 20,1 20,2 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  21. Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
  22. Eladio Rodríguez González, s. v. centeo.
  23. 23,0 23,1 23,2 Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  24. Marcial Valladares Núñez' (1884). No orixinal: n’a, d’Ascensión, n’os, mouron.
  25. O Día da Ascensión adoita caer en maio. O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (a Ascensión) a setembro (San Miguel).
  26. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n’a, d’Ascension, melon.
  27. Refraneiro do viño, 51. Fala a viña, pedindo a cava.
  28. O primeiro San Miguel ten que ser o que se celebra o 28 de setembro, e o segundo pode ser o que se celebra o 8 de maio. O refrán alude a que as noites son curtas e hai que aproveitar para durmir.
  29. A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  31. Son as fases da vida do lobo.
  32. Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.
  33. Real Academia Galega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo.
  34. Real Academia Galega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo, matao.
  35. Eladio Rodríguez González, s. v. salmón.
  36. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Mayo, queyma.
  37. Lino Lema Bouzas, 4. No orixinal: sal.
  38. Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  39. Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, i en agosto, ja son, bon.
  40. Real Academia Galega, s. v. 'abril. No orixinal: mayo.
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
  42. Eladio Rodríguez González, s. v. inverno.
  43. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  44. Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define moliñeiro como tempo nuboso, no que chove pouco pero persistentemente.
  45. Real Academia Galega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo.
  46. Eladio Rodríguez González, s. v. liño.
  47. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Mayo ayroso fay o pan garvoso.
  48. Quere dicir que neste mes tanto hai días de sol como días de chuvia. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1978).
  49. Elixio Rivas Quintas (1978).
  50. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan.
  51. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Marzo espigarzo, abril pendoril, mayo granado, San Joan segado, Santa Mariña a ayriña.
  52. Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.
  53. Eladio Rodríguez González, s. v.semana, s. v. Ascensión.
  54. Refírese ó horto das sandías.
  55. O libro do porco, 37.
  56. Eladio Rodríguez González, s. v.queixo.
  57. Eladio Rodríguez González, s. v. barrufeiro.
  58. Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
  59. Eladio Rodríguez González, s. v. Santa Cruz.
  60. O trasfogueiro é un armazón de ferro formado que se coloca na lareira para apoiar a leña.
  61. Eladio Rodríguez González, s. v. peixe.
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 Lino Lema Bouzas, 7.
  63. Eladio Rodríguez González, s. v. maio. Non orixinal: i o salmón.
  64. O libro do porco, 39. No orixinal: ca súa nai.
  65. Eladio Rodríguez González, s. v. comer.
  66. Eladio Rodríguez González, s. v. queixo. No orixinal: sea.
  67. Eladio Rodríguez González, s. v. peixe.
  68. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  69. Refraneiro do viño, 53. No orixinal: cávala.
  70. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  71. Eladio Rodríguez González, s. v. Santa Cruz.
  72. San Urbano, 15 de maio.
  73. Elixio Rivas Quintas (1988). Chámase porca de maio ó temporal que adoita producirse nese mes.
  74. O libro do porco, 40. No orixinal: val máis.
  75. É dicir, todo pasa, mesmo un mes de duros traballos do campo como é este. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1988)).
  76. Elixio Rivas Quintas (1988).
  77. San Filipe apóstolo, 3 de maio; san Filipe Neri, 26 de maio.
  78. San Fernando, 30 de maio.
  79. Eladio Rodríguez González, s. v. Ascensión.
  80. San Fernando, 30 de maio; San Cibrao, 16 de setembro.
  81. Eladio Rodríguez González, s. v. día. No orixinal: comos.
  82. A Santa Cruz de maio é o día 3. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  83. Refraneiro do viño, 46. No orixinal: Vai a ver.
  84. Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  85. Refraneiro do viño, 21.
  86. Eladio Rodríguez González, s. v. boda. No orixinal: boda.
  87. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Janeyro giadeyro, febreyro escarabanadeyro, marzo amoroso, abril chuvioso, mayo ventoso, San Joan caloroso, que fay o ano formoso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • Elixio Rivas Quintas: Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (1958-1961).
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.