Xoán Cuveiro Piñol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Cuveiro Piñol»)
Xoán Cuveiro Piñol
Nacemento28 de maio de 1821
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento13 de maio de 1906
Lugar de falecementoValladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, militar, funcionario e libreiro
Na rede
Galiciana: 34409
editar datos en Wikidata ]

Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906[1], foi un militar, funcionario, libreiro e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diccionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas.....

Militou no Partido Progresista e participou na revolución de 1846, polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en Valladolid e Pontevedra, onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.

Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).

Promoveu e dirixiu as publicacións pontevedresas Las Musas del Lérez, El Libre Pontevedrés e El Progreso, colaborou en A Monteira e Revista Gallega e nas pontevedresas El Circulador, La Distracción, El Vociclero, La Opinión e La Revista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Norte de Galicia, 26-7-1906, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]