Saltar ao contido

Refraneiro galego sobre o can

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • A can fraco todo son pulgas [1].
  • A can pequeno, óso grande [2].
  • A can que moito ladra, bótalle un óso, verás que logo cala [2].
  • A can que os dentes regaña dálle pan ou talladas [2].
  • A can vello, cus cus [3].
  • A can vello non hai cus, cus [2].
  • A can vello non hai tus-tus.
  • Á muller e ó can o pau nunha man, e noutra mau o pan [4].
  • A puta e o can só miran prá man.
  • A quen lle sobre pan, que manteña ben o can [5].
  • A quen non lle sobre o pan, que non críe can [5].
  • Adoece, can, porque non che dan pan [2].
  • Aí vén febreiro cos seus vinteoito: si tivera máis catro non deixaba can nin gato.
  • Alégrase o corvo e o can do que fai o gavián.
  • Amigo de ricachón ou can ou cabrón.
  • Amigos, coma o can e o gato.
  • Anque o can ten catro patas, por un soilo camiño anda [2].
  • Ás veces ruín cadela roe boa correa.
  • Baila o can polo pan.
  • Ben está o can cando non quer pan [2].
  • Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos[6].
  • Cada can lambe a súa caralla.
  • Cada can lambe o seu [2].
  • Cada can lambe o seu nariz.
  • Cada can no seu palleiro é moita xente.
  • Cal e o can, tal é o dono [2].
  • Caldo sin pan dáselle ó can [7].
  • Can alcuceiro, nunca bo coenlleiro [8].
  • Can cativo de lonxe ladra.
  • Can danado non conoce ó amo [2].
  • Can de boa raza, se hoxe non caza mañán caza [2].
  • Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [2].
  • Can de caza quer ser de raza [2].
  • Can de palleiro non quer compañeiro [2].
  • Can doente non conece á xente [2].
  • Can e meniño, onde o cariño [9].
  • Can ladrador que non ten forza, ¡ai, se se descoida! [2].
  • Can ladrador, mal cazador [2].
  • Can merendeiro garda mal o palleiro [2].
  • Can moi ladrador, pouco mordedor [2].
  • Can na porta, pedrada no rabo.
  • Can pola porta pedrada no lombo.
  • Can que ladra, non morde.
  • Can que ladra, non morde nin caza [2].
  • Can que lobos mata, lobos o matan [2].
  • Can que moito ladra, ben garda a casa [2].
  • Can que moito ladra, ruín é prá casa [2].
  • Can que moito lambe tira sangue [2].
  • Can que morde non ladra en vau [2].
  • Can que non ventea, non lebrea [2].
  • Can que ten a nai na aldea, moito ouvea [10].
  • Can que vai a moitas vodas, non pode comer en todas [11].
  • Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [2].
  • Cando o can ladra na calle, señora comadre, cando o can ladra na calle, non ladra de balde [12].
  • Cando o can quer a cadela; moita farela; e dispois ergue a pata e mexa por ela [2][13].
  • Cando o can quer a cadela ofrece moita farela [14].
  • Cando o can quer a cadela, ofrécelle farela.
  • Cando un can traga un óso, confía no seu pescozo [2].
  • Chámame can e dáme pan [2].
  • Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can.
  • Como o can do hortelán, que non come él as peras nin as deixa comer ós máis [2].
  • Dálle ó rabo o can, non por ti, senón polo pan [15].
  • Dáme pan e chámame can [5].
  • De can, cadela; e de cadela, can [2].
  • De can danado, de caldo recalentado e de amigo reconciliado, líbrenos Dios.
  • De coxo e can rabelo, líbrenos Dios como do demo.
  • De home coxo e can rabelo escapa dil como do demo.
  • De home torto e can rabelo fuxe del como do demo.
  • De neno, rei; de mozo, galán; de vello, can.
  • De pequeno, rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e, de vello, can.
  • De pequeno, rei; de mozo, galán; de casado, burro; e de vello, can.
  • Deixa andar o can coa roca, que el dará conta da mazaroca [16].
  • Deixa andar o can coa roca, que ha dar conta da mazaroca [17].
  • Deixa andar o can coa roca que xa dará coa mazaroca.
  • Deixa, deixa, andar o can coa lebre [18].
  • Detrás dos cas lapazos can.
  • Día de Páscoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro [19].
  • Dios te libre de home que non fala, e de can que non ladra [20].
  • Dixo no monte unha vella: "Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato". Febreiriño contestou: "Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro".
  • Dos homes cativos e femias que teñen lingua noxente ¡líbrenos san Eleuterio antes que dun can doente!
  • Dous de can novo, dous de bo can, dous de can vello, dous de mal can.
  • Dous lobos a un can, ben o comerán [2].
  • Dous poldros a un can, ben o morderán [21].
  • Dous zarrulos a un can, algo lle fan.
  • En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo galo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
  • En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.
  • En abril estou no cubil; en maio xa son ben galo; en san Xoán xa dou unha espola ó can; en santa Mariña xa collo a cabritiña, en agosto xa vou co meu pai ó rosto.
  • En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoan para o can.
  • En coxeira de can e bágoas de muller, non hai que crer [22].
  • En febreiro busca a sombra o cadelo.
  • En febreiro busca a sombra o can.
  • En febreiro, sete galgos e un lebreiro, i en maio, sete lebres e un galgo [23].
  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; por santa Mariña, xa como a galiña; por agosto, xa son bo raposo.
  • En marzo, nazo; en abril estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán xa fuxo ó can; en Santa Mariña xa pillo a galiña, i en agosto xa son bo raposo [24][25].
  • En San Xoán a mexada dun can [26][27].
  • En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.
  • En san Xoán nin a mexeira dun can.
  • En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can.
  • En San Xoán xa fuxe o raposo ó can [26].
  • En san Xuán xa lle mete a corredoira o can.
  • En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
  • Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos prós cas [28]
  • Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor pra ir co ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro.
  • Febreiriño curto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato.
  • Febreiriño corto, cos teus días vinteoito, si duraras máis catro, non paraba can nin gato [29].
  • Febreriño curto, cos teus días vinteoito, se tuveras outros catro, non quedaba can nin gato, nin orellas ó pigureiro, nin can tras do palleiro [30].
  • Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato [31].
  • Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [18].
  • Fogueira de San Xoán, que non pase cadela nin can.
  • Galiñas serán, dixo o zorro, máis chéiranme a can [32][33].
  • Galiñas serán, pero chéiranme a can [34].
  • Gárdate de home que non fala, e de can que non ladra [20].
  • Gárdete Deus de can lebrel, de casa de torre e de muller sabidora.
  • Gracias a Deus co meu can cazou unha mosca e se a cazou comeuna.
  • Home coxo e can rabelo, disconfía dil coma do demo [35].
  • Ladra, can, que pra eso gána-lo pan [2].
  • Ládreme o can e non me morda, que eu lle botarei a corda [36].
  • Ládreme quen queira, mentras eu teña cartos na faltriqueira [37].
  • Lampreas en san Xoán, pra o can [27].
  • Líbrete Deus de home de bigote loiro, de can rabeno e de home pequeno.
  • Máis val can vivo que lión morto [2].
  • Mal ladra o can cando ladra de medo [2].
  • Marzo marceiro, pola mañán cara de can, e pola tarde é falangueiro [24].
  • Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can.
  • Marzo marzán, cara de can [18].
  • Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [18].
  • Marzo marzán cara de rosa pola mañán, e pola tarde cara de can [38].
  • Marzo marzán, cara de rosas pola mañán, e pola noite cara de can [24].
  • Marzo marzán, pola mañán cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de can e pola tarde Xan Barrigán.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de rosa e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can.
  • Marzo marzán, polo día a túa cariña de risa e á noite a túa cariña de can.
  • Marzo marzán, polo día a túa cariña de rosa e pola noite a túa cariña de can.
  • ¡Menos mal co meu can cazou unha lebre!
  • Mentres o can dorme, o lobo mata e come [2].
  • Morreu o can, acabouse a rabia.
  • Morto o can, acabouse a rabia [2][39].
  • Na cama do can non busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga [5].
  • Na cama do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela búsque-la manteiga [40].
  • Ningún can lamendo engorda.
  • No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can.
  • No bico do can non cáte-lo pan, nin no fociño da cadela cáte-la manteiga.
  • No febreiro busca o can ó pé do palleiro.
  • No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can.
  • Non busques o pan na cama do can [5].
  • Non temos pra pan e mantemos un can [5].
  • Nunca can me roeu que el non adoecese [41].
  • Nunca falta un can pra unha merenda [2].
  • Ó cabo do ano, o can manda no seu amo [42].
  • O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño [2].
  • O can baila polo pan [2].
  • O can coa onda, a seu dono se torna [2].
  • O can coa rabia a seu dono traba [2].
  • O can de boa raza pensa no pan e na caza [2].
  • O can de hortelán non come as verzas nin deixa collelas pra comelas [2].
  • O can de Xan Torrado, canto fai cos pés desfaino co rabo [2].
  • O can do ferreiro dorme ás marteladas e desperta ás talladas [2].
  • O can do hortelán, nin famento nin farto deixa de ladrar [2].
  • O can e o meniño, onde atopan acariño [2].
  • O can e o meniño pr'onde lles dan cariño.
  • O can fraco todo é carrachas [43].
  • Ó can fraco todo se lle volven pulgas [2].
  • O can i o gato comen o mal gardado [2].
  • Ó can i ó paroleiro, deixalos no carreiro [2].
  • O can ladra onde come [2].
  • Ó can mordido, todos o morden [2].
  • O can no barbeito ladra sin proveito [2].
  • O can ouvea e o burro ornea [44].
  • Ó can pola caste; i o novelo, polo fío [2].
  • Ó can que dorme, nono despertes [2].
  • Ó can que lambe a cinza, non lle fíes a fariña [2].
  • Ó can qué mexar, e á muller qué falar, nunca lles ha faltar [2].
  • O can que trousou, o trouso papou, porque lle gustou [2].
  • O can sempre será can [2].
  • O can vello, se ladra, dá consello [2].
  • O can, oubea e o burro ornea [2].
  • O de abril gardallo para ti; o de maio, si cho piden, dallo; o de San Xoán tírallo a un can.
  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [45].
  • O home, cando é rapaz é rei; de mozo, capitan; de casado, burro, e de vello can.

O home, de meniño rei, de mozo, galán, de casado, burro, e de vello can.

  • O que a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can.
  • Ó que non lle sobra o pan, sóbralle o can [5].
  • O que non queira ter cás á porta, que bote a cadela fóra [2].
  • O que non ten pra pan, que non críe can [46]
  • O que se deita con cás, érguese con pulgas [2].
  • O que ten can é que lle sobra o pan [2].
  • O vrau de san Martiño dura mentres o can lambe o fuciño.
  • Onde non hai pan vaise hastra o can [5].
  • Os cás da miña tía, non tendo a quen morder, us a otros se mordían [2].
  • Os enxames de abril, gárdaos pra ti, os de Maio a quen chos pida, dállos e os de San Xoan bótallos ó can.
  • Ou o can mente, ou vén xente [2].
  • Pitos serán pero ólenm'a can [47].
  • Polo pan baila o can [5].[48].
  • Polo pan baila o can pra ver se llo dan [2].
  • Polo san Sebastián medra o día o paso dun can [49].
  • Por diñeiro baila o can, e por pan, se llo dan [50].
  • Por moito que me ladren, inda han ter máis que ladrar [2].
  • Por san Xoán, pedras ó can.
  • Por san Xullán adianta o día o paso dun can.
  • Por san Xulián medra o día un pasiño de can [51].
  • Pra pan non temos e can mantemos [5].
  • Primeiro o pan, dispois o can [5].
  • Probe do can que polo rabo se deixa agarrar [2].
  • Quen dá pan ó alleo can, perde o can e perde o pan [5].
  • Quen ó seu can quer matar, achaque lle ha buscar [2].
  • Quen quer a Xan, quer ó seu can [2].
  • San Adrián, nin bo gato nin bo can.
  • San Xoán, pola mañán cara de can, a mediodía cara de alegría.
  • Se che din que o teu can está doente, mata axiña o can, Vicente [2].
  • Se has bicar o can no cu, non debes mirarlle o rabo [52].
  • Se marzo marcea non queda can nin ovella, nin pastor coa súa pelexa, nin o can coa súa carranca, nin o lobo coa súa zanca.
  • Se queres gañar ó can, dálle pan.
  • Se queres que te siga o can, dáalle pan.
  • Se qués que te siga o can, dálle pan [2].
  • Sogra e nora, can e gato, non comen no mesmo prato [1].
  • Tres anos de can novo, e tres de bo can; tres anos de can vello, e tres de folgazán [2].
  • Unha sebe tres anos dura, un can tres sebes: unha mula tres cans; un home tres mulas [53].
  • Vaite febreiriño corto, cos teus días vinteoito, que se tiveras máis catro non quedaba can nin gato.
  • Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato.
  • Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.
  • Van os cas a onde non os chaman, e mais apañan pedradas [54].
  1. 1 2 Miguel Rubinos Conde 2013.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  3. Non se pode enganar a unha persoa con experiencia (o can vello) con chácharas de rapaces (voces como cus cus, empregadas para chamar os cadelos).
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
  8. Chámase alcuceiro ó home cocinillas, a quen lle gusta estar metido na cociña; a alcuza é a aceiteira. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  9. Elixio Rivas Quintas (1988).
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: oubea.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: bodas.
  12. Juan Sobreira Salgado: Papeletas.
  13. Farela significa conto, charlatanería, labia (ter moita farela).
  14. Juan Sobreira Salgado: "Vegetables. No orixinal: cadéla, moyta faréla.
  15. Eladio Rodríguez González, s. v. rabo (no orixinal: Dalle o rabo, , senon); s. v. can (no orixinal: .
  16. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: andalo.
  17. Porque o que as fai, págaas. Elixio Rivas Quintas (1978).
  18. 1 2 3 4 Elixio Rivas Quintas (1978).
  19. Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  20. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  21. Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.
  22. José María Pereda Álvarez (1953). No orixinal: n-hai.
  23. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  24. 1 2 3 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  25. Real Academia Galega, s. v. agosto. No texto: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo ao can, ja pillo, ja son, bon.
  26. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
  27. 1 2 Rosario Soto Arias 2013.
  28. Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto.
  29. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: mais.
  30. Elixio Rivas Quintas (1978). No orixinal: ghato, pighureiro.
  31. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No orixinal: corzo, sic por corto.
  32. Refrán que expresa desconfianza ante un probable engano. É o remate dun conto no que o labrego engana ó raposo dándolle un saco cun can dentro dicíndolle que son galiñas.
  33. Eladio Rodríguez González, s. v. galiña
  34. Victoria Cerviño Ferrín 2013.
  35. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  36. Eladio Rodríguez González, s. v. can, s. v. ladrar.
  37. Eladio Rodríguez González, s. v. ladrar.
  38. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No texto: cán.
  39. Centro Virtual Cervantes
  40. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: cátelo, búsquela.
  41. Dise cando alguén se quere cobrar de máis nunha ofensa. José María Pereda Álvarez. No orixinal: qu'él.
  42. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  43. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: carrechas.
  44. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: oubea
  45. Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
  46. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  47. Dío o raposo, e aplícase a cando un presinte que o queren enganar. José María Pereda Álvarez. No orixinal: ólenm'a.
  48. Aníbal Otero Álvarez: Piquín, s. v. can.
  49. San Sebastián, 20 de xaneiro.
  50. Eladio Rodríguez González, s. v. diñeiro.
  51. San Xián, ou Xulián, 9 de xaneiro.
  52. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: .
  53. Juan Sobreira Salgado.
  54. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: nonos, e máis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
  • OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: Vocabulario de San Jorge de Piquín, Verba anexo 8, Universidade de Santiago, 1977.
  • PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
  • Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia" seguido dunhas " Retractaciones" e duns "Documentos justificativos de la nomenclatura botánica gallega" (1790), ed. de J. L. Pensado Tomé en Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241–267.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • Mª Rosario Soto Arias: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.