Saltar ao contido

A oliveira na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A seguir, recóllese a pegada da oliveira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • Aceite, carne, pantrigo e sal, mercadoría real.
  • Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
  • Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
  • Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo.
  • Aceitona e fertuna, ás veces moitas e ás veces ningunha.
  • Aceitonas acedas, pan con elas.
  • Aceitona, unha abonda.
  • Aceitona, unha é ouro; dúas, prata; a terceira, mata.
  • Aceitona, unha; e se é boa, unha ducia.
  • Aceitona, unha por San Xoan, e un cento por Navidá.
  • Aceitona, unha soila, dúas millor, e tres pior.
  • Aceitonas acedas, pan con elas.
  • Bota ben aceite á sartén, e fritirás ben.
  • Co aceite non se pode andar sin se lixar.
  • Comida a aceitona, bota o óso fóra.
  • Con aceitonas e pan quente, mórrese a xente.
  • Moito aceite na sartén, se queres fritir ben.
  • Non bebas na lagoa, nin cuspas máis dunha aceitona [1].
  • O aceite da oliveira, curas as doenzas [2].
  • O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.
  • O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
  • O día de san Pedro vai ver o teu olivedo, e se ves un gran, espera un cento.
  • Polo san Pedro, vai ver o teu olivedo, e se ves un grau, espera un cento.
  • Pouco aceite dan por un carto.
  • Quen aceite mestura, as mans se unta.
  • Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.

Cantigueiro

[editar | editar a fonte]
  • Á oliveira da serra/ o vento lévalle a flor;/ só a min niguén me leva/ da beira do meu amor [3].
  • Á oliveira do adro/ non lle bóte-lo machado,/ que alumea toda a noite/ a Cristo crucificado [4].
  • A oliveira na serra/ ó lonxe mete terror;/ xa te vingaches de min,/ xa non te-lo meu amor [5].
  • Como sei que che gustan/ as aceitunas/ por baixo da porta/ boteiche algunhas [6].
  • Debaixo da oliveira/ non vai frío nin orballo./ Meniña, se has de ser miña/ non me deas máis traballo [7].
  • Debaixo dunha oliveira/ ten a miña moza a cama/ e cando se vai deitar/ colga o candil dunha rama [8].
  • Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá castañas e noces/ i aceitunas no xaneiro [9].
  • En Valencia me perdín/ no medio dos olivares/ procurando unha morena,/ Rosiña de los rosales [10].
  • Eu fun onte de ramboia/ cun pau de oliveira brava;/o que che gasto nas solas/ tamén cho forro nas mantas [11].
  • Eu subín á oliveira/ e corrín de nó en nó/ que tu falas con quen queres/ i eu falo contigo só [12].
  • Miña roquiña de cana,/ meu fusiño de oliveira,/ tendes que fia-lo liño/ que me vén mañá da feira [13].
  • Miña Virxiña do Viso/ sete anos foi muiñeira,/ tiña a palanquiña de ouro/ i a vasoira de oliveira [14].
  • Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite./ ¡Para min non hai cousa boa!/ ¡Tamén me fai mal o leite!
  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio [15].
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [16].
  • O loureiro é florido,/ bota flores ó tellado;/ non te gabes que me deixas,/ que nunca fuches rogado [17].
  • O loureiro é unnha pena/ i a penitencia é a rama;/ déronme por penitencia/ amar a quen non me ama [17].
  • O muíño da oliveira/ heino de mandar pechare/ con caravixas de prata/ heino de acaravixare [18].
  • Oliveira decotada/ atravesada no río;/ para ir á túa casa/ non necesito navío [19].
  • Oliveira decotada/ atravesada no río;/ para ir cara a túa casa/ xa non preciso navío [19].
  • Oliveira decotada/ pouco fruto pode dar;/ a mociña mal casada/ pouco pode namorar [19].
  • Oliveira decotada/ xempre parez oliveira;/ a meniña ben casada/ xempre parece solteira [19].
  • Oliveiriña doada,/ bota raíces ó lodo;/ eu non falo de ninguén,/ de min fala o mundo todo [19].
  • O río cando vai louro/ leva un ramiño de oliva;/ dámelle moitas mamorias/ á miña prima María [20].
  • Pica, pica, picadeira,/ na folliña da oliveira;/ tres no cu e tres no rabo/ á porta do meu cuñado [21].
  • Por baixo da oliveira/ dá gusto parrafear,/ ten a folliña miúda/ e non a fura o luar [22].
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira,/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [23][24].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [25].
  • Se tiveras olivares/ como tes de fantasía,/ o río de Carbajales/ por tu puerta pasaría [26].
  • Teño unha rosa encarnada,/ tamén un ramo de oliva;/ hei de casar con túa nai/ e tu serás miña filla [27].
  1. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. beber.
  2. ↑ Pero tamén O aceite das cepas, cura moitas doenzas. É dicir, o viño.
  3. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 42.
  4. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 42. Porque o aceite que se quita da oliveira ardía nas lámpadas que alumeaban o Sagrario, os cruceiros e moitas imaxes.
  5. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 42. No orixinal: telo.
  6. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 64.
  7. ↑ Fermín Bouza-Brey, en Nós. No orixinal: mais.
  8. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 67. No orixinal: de unha.
  9. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 72.
  10. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 75.
  11. ↑ Ir de ramboia significa andar de contrabando na raia de Portugal, pero tamén saír de troula pola noite, que é o que parece entenderse na cantiga. Xaquín Lorenzo Fernández, 81.
  12. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 84.
  13. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 101. No orixinal: fialo, ven.
  14. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 104. No orixinal: basoira.
  15. ↑ Refírese, como a seguinte, á igrexa de Santa María de Iria Flavia, coñecida popularmente como Adina.
  16. ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.
  17. 1 2 Xaquín Lorenzo Fernández, 119.
  18. ↑ Da Muiñeira da Oliveira.
  19. 1 2 3 4 5 Xaquín Lorenzo Fernández, 118.
  20. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 123.
  21. ↑ Este recitado emprégase para recoller o gando cara as cortes. Xaquín Lorenzo Fernández, 133. No orixinal: cú.
  22. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 134.
  23. ↑ Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña (Pontevedra). Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  24. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
  25. ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  26. ↑ Tradución incompleta dunha copla castelá. Xaquín Lorenzo Fernández, 147.
  27. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 153. No orixinal: encarnarda [sic], tua.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • BOUZA BREY, Fermín (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.