Abril na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.
Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para acender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo [1].
Crenzas e supersticións
[editar | editar a fonte]En Cambados disque dá mala sorte varrer a casa en Semana Santa (Leiro Lois, 120),
Para cura-lo meigallo ou o tangaraño (raquitismo), vaise á romaría de San Pedro Mártir, en Belvís, Santiago, o 29 de abril. Lamas Carvajal recolle esta tradición nunha das súas poesías [2]:
Naiciña, non sei que teño,/ meu mal non o entende naide,/ díxome o crego que tiña/ que ir a Santiago a curarme/ nos derradeiros de abril,/ día de san Pedro Martir...
Crese que se o cuco non acaba de vir entre marzo e abril é sinal de que se van producir grandes desgrazas.
O último día de abril ou, noutros lugares o 29, existía o costume de alumea-las leiras. Este rito propiciatorio consistía en percorre-los campos de cultivo con fachos encendidos, unha vez rematada a sementeira, para pedir unha boa colleita:
Alumea o pan,
aluméao ben,
alumea o pan
pra o ano que vén.
Alumea o pai,
cada gran un toledán.
Alumea o fillo,
cada gran un pan de trigo.
Locucións
[editar | editar a fonte]- Estar feito un abril: estar cheo de vida.
- Parecer un abril: ser ou aparentar un mozo guapo e elegante.
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- A abella e a ovella, en abril deixan a pelexa [3].
- A auga de abril enche o carro e o carril [4][5][6].
- A choiva no abril dá millo e dá pan.
- A coresma e a cadea, prós probes parecen feitas [7].
- A liñaza por San Marcos nin nada, nin no saco [8]
- A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
- A ovella en Pascua florida está lustrosa e parida.
- A páscoa onde quixeres; o antroido ond'as mulleres [9].
- As sardiñas en abril, cólleas polo rabo e déixaas ir .
- A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan [10].
- A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan [11].
- Á solla de abril ábrelle a mán e déixaa ir [12].
- A solla en abril cóllea na man e déixaa ir [10].
- A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
- A viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril [13][14].
- Abril a lan carda, e maio leva a fama [15].
- Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir [15].
- Abril atoldado e pouco mollado [15].
- Abril, augas mil coadas por un mandil [4].
- Abril, augas mil, escoadas por un mandil [15].
- Abril, augas mil, peneiradas nun candil [15].
- Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin [15].
- Abril chove prás xentes, e maio prás bestas [16].
- Abril chovedoiro enche o cabaceiro [15].
- Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso [17].
- Abril, déixame dormir, que en maio de meu me caio [18]
- Abril e maio son a chave de todo o ano [19].
- Abril e maio son as chaves do ano [15].
- Abril esfola, pero maio amola [15].
- Abril, espigas mil [20].
- Abril frío e fornos quentes, alegría prós meus dentes [15][21].
- Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado [15][22].
- Abril frío, moito pan e pouco viño [15][23].
- Abril frío, pan e viño [15][23].
- Abril frío quer compango, viño e pantrigo [15][24].
- Abril frío trai poias de trigo [15][25].
- Abril mata o porco no cobil, e maio mátao dun ano [26].
- Abril mollado, malo na horta e bo no campo [15].
- Abril, o do bo dormir [15].
- Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo [15].
- Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoán, segaio [15].
- Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
- Abril, pra ser abril, ten que vir con augas mil [15].
- Abril que non chove deixa ó labrego probe [15].
- Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gado [4].
- Abril quente e mollado, carga o carro i engorda o gando [15].
- Abril, se por mal quere vir, as portas non deixa abrir [4].
- Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.
- Abril, si por mal quer vir, inda as portas non deixa abrir [15].
- Abriles bos e bos fidalgos, andan escasos [15].
- Abriles e cabaleiros, son ás veces treicioeiros [15].
- Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros, agora virá teu irmán abril, que non sei se mos deixará vivir [27].
- Algún día será festa e será Pascoa [28].
- Altas ou baixas, en abril son as Pascuas [4][29].
- Antroido á raxeira, Pascuas á lareira.
- As madrugadas de abril son pintadas pra durmir [15].
- As madrugadas de abril son propias para dormir.
- As mañanciñas de abril deixádemas pra dormir.
- As pascuas con quen quixeres, os Antroidos coas vosas mulleres.
- As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril.
- Auga de abril e xiada de maio, aseguran o ano [30].
- Auga de abril e xiada de maio, herba pra todo o ano [30].
- Auga de abril, enche o carro e o carril.
- Auga de abril molla o carro, molla a leira e molla o carril [15].
- Auga en abril, toda a que poida vir.
- Ben veña abril coas súas augas mil [15].
- Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir [31].
- Cando abril recacha, inda a vella queima a racha [15].
- Cando abril recacha, queima a vella a maza [4].
- Cando chove por San Xorxe, de cen cereixas quedan catorce [32]
- Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba [27].
- Cando marzo abrilea, abril marcea [27].
- Cando por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [33].
- Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio [34].
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano [4][15][33].
- Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano [15].
- Chova pra min abril e maio e pra ti todo o ano [15].
- Chova pra vós na roda do ano, e pra min en abril e maio [33].
- Chuvia de abril, henche o carro e o carril [35].
- Chuvia de abril non perdoa o carro nin o carril [36].
- Chuvia, de abril; recío, de maio [37].
- Chuvia por abril e maio, aunque non chova en todo o ano.
- Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil [38].
- Cobras en marzo, neve en abril [4].
- Cobras en marzo, neves en abril.
- Cóbregas en marzo, neves en abril [27].
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín [39].
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín [40].
- Corta cardos en abril e de cada un naceranche mil.
- De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir [15].
- De abril a maio, mes de descanso.
- Día de entroido e domingo de Pascoa, cada larpeiro na sua casa [41].
- Día de Páscoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro [28][42].
- Dixo o pastor a marzo: "mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis". E marzo respondeu: "con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir" [27].
- Díxolle maio a abril: "Anque che pese, heime rir" [43].
- Domingo de Ramos lava os teus panos, que na semana maior choverá ou quentará o sol.
- Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro [30].
- En abril, a sardiña val pernil [44][45].
- En abril abre a porta ó gado, e déixao ir [4].
- En abril, ábrelle a porta ó gando e déixao ir [15].
- En abril, augas mil [4][30][46].
- En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril.
- En abril, augas mil, e en maio tódalas que queiran vir.
- En abril, augas mil, e en maio, tres ou catro' [15].
- En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro'.
- En abril, augas mil, e todas caben nun barril.
- En abril, augas mil, e vento, e tódalas que queiran vir.
- En abril, cada pinga val por mil [4].
- En abril, cada pingueira de auga vale por mil [15].
- En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro [47].
- En abril cear sin candil.
- En abril, chuvias ir e chuvias vir [15].
- En abril déitate sen candil.
- En abril déixame durmir.
- En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio [15][48].
- En abril déixame durmir, que en maio eu só me caio.
- En abril e maio fai fariña pra todo o ano [15].
- En abril e maio fai fariña pró ano [49].
- En abril entra o albañil.
- En abril, espárragos para min; en maio, para o meu amo [19].
- En abril, espigas mil [4][15]
- En abril, espigas mil, no maio todo espigado.
- En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.
- En abril, estou no cubíl [4].
- En abril inda está o porco no cubil [15].
- En abril mata o porco no cubil.
- En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano [50].
- En abril métese a vella no cubil.
- En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca [51].
- En abril non te descubras dun fío.
- En abril, o salmón pra min, no maio pró criado, e no san Xoán pró can [52].
- En abril os espárragos pra min, i en maio pró meu amo [15].
- En abril ponte o capelo ruín [15].
- En abril ronca o porco no cubil [44].
- En abril sae o cuco do cubil [46].
- En abril, si por mal quere vir, nin as portas deixa abrir [46].
- En abril vai colle-la sardiña polo rabo e déixaa ir.
- En abril xa soio poda o labrego ruín.
- En marzo saca a cabeza o lagarto, i en abril acaba de saír [27].
- En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira dá mil [27].
- En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.
- En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán, xa fuxo ó can; en Santa Marina, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo [53].</ref>[54].
- En marzo, se podas un cardo, naceranche catro, i en abril, se cortas catro naceranche mil.
- Entre abril e maio, fai fariña para o ano [19][27].
- Entre marzo e abril o cuco ha de vir.
- Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin.
- Entre marzo e abril o cuco quere vir.
- Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e se o cuco faltara a fin do mundo volvera.
- Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir [55].
- Entre marzo e abril sae o cuco de cubil, que coa neve non quer vir [27].
- Entre marzo e abríl, sai o cuco de cubíl, que coa neve non quer vir [56].
- Entre marzo e abril, se non vén o cuco, quer vir a fin [15].
- Entre marzo e abril, se non ven o cuco quer vir o fin [4].
- Entre marzo e abril, se non veu o cuco, quer vir a fin [55].
- Entroido, á raxeira; páscoa, á lareira [41].
- Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil [57].
- Falten augas mil e non falten en abril [4][15].
- Febreiriño curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato; pois deixa, que agora vén meu irmáu abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil.
- Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [58].
- Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso [59].
- Garda do pan para maio e da leña para abril [19].
- Garda leña pra abril e pan pra maio.
- Garda pan para maio e leña para abril.
- Garda pan para maio e leña para abril, que che ha de cumprir [15].
- Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu [60]
- Maio airoso fai o pan garboso [61].
- Maio fai as apostas, e abril lévallas ás costas [62].
- Marzo amola, e abril esfola [27].
- Marzo é a porta e abril trai a chave, se está posta [27].
- Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado [63].
- Marzo espigarzo, abril pendoril, en maio granado, en San Xoán segado.
- Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña [64].
- Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoán, curado. Na santa Mariña, metelo na arquiña [65]
- Marzo espigarzo, abril penduril, maio granado, san Xoán curado, na santa Mariña metelo na arquiña.
- Marzo, espigas catro; abril, espigas mil [27].
- Marzo louco, e abril non pouco [27].
- Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso [27].
- Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio frorido e fermoso [27].
- Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano [27].
- Na semana de Ramos lava os teus panos; que na de Pasión, ou poderás ou non [66].
- Neve en abril, cobras en marzo [15].
- Nin no abril nado, nin no maio plantado [67]
- No abril, cada pingota de auga vale por mil [15].
- No abril, chuvia que encha o carro i o carril [15].
- No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo[15].
- No abril, mata o porco no cubil, e no maio mátao dun ano [15][68].
- No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can.
- No abril sai o cuco do cubil [69].
- No mes de abril cada polbo bota mil [70][71].
- No mes de abril fai queixos mil, e no de maio fai tres ou catro [72].
- No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro [15].
- No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
- No mes de marzo e abril o cuco ha de saír, se ós tres meses non volveu é porque morreu.
- Non se che fará a coresma larga, se debes algo pra a páscoa [7].
- O abril penduril.
- O año de abril enche o mandil [73].
- O cuco no abril vive, e no maio revive [55].
- O cuco no abril xa sai do cobil [55].
- O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [74].
- Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir [75].
- O frío de abril mata o porco no cubil [76].
- O frío de abril mata o porco no seu cubil [15].
- 'O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
- O millo polo San Marcos nin nado, nin no saco [77].
- O millo por san Marcos nin no saco nin nado.
- 'O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir [78]
- O que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña [79].
- O que en abril come sardiña, inda en agosto lle pica a espiña [80].
- O que en marzo non fende, en abril non estende [81].
- O que non garda leña pra abril, non sabe vivir [15].
- O queixo i o barbeito, en abril ou maio sexa feito [82].
- O salmón i o sermón, dispois da Pascoa non teñen sazón [83].
- O sermón, o sábalo e o salmón, na coresma teñen sazón, dispois non [84].
- O vento de abril i a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto [85].
- O viño de abril, enche o carro e o carril.
- O viño de abril non vai ó funil.
- Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
- Ós comenzos de abril o cuco ten que vir, e se non volveu, ou prendérono ou morreu [55].
- Ós escachos no abril, non hai máis que lle pedir [15].
- Pan pra maio e leña pra abril, e o millor cepón, pra marzo o compón [86].
- Pascoas, con que quixeres; entroidos, coas túas mulleres [41].
- Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
- Pascuas molladas, anadas dobladas.
- Poeira en abril, lama en agosto [15].
- Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir [15].
- Polo abril ronca o porco no cubil [15].
- Polo abril xa solo poda o labrego ruín [15].
- Polvo en abril, lama en agosto.
- Por abril dorme o mozo ruín, e por maio, o mozo i o amo [15].
- Por abril ponte de codín; e se o pan ves verdegar, ponte a cantar [15].
- Por Páscoa de Resurreición tres cousas non teñen sazón, sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación [9].
- ¿Por que naciche tan ruín? Porque non me sementache en abril [87]
- Que altas, que baixas, en abril son as Pascuas.
- Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano.
- Quen queira mal a unha veciña, déalle en abril sardiña [88][89].
- Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas.
- San Marcos, sementa polos altos.
- San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro [90].
- Sardiñas salgadas, castañas asadas e confesión, antes das Páscoas de Resurrección [91].
- Se chora Marta, rí Lázaro; se Lázaro chora, Marta rí [92].
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
- Se en marzo ou abril o cuco non vén, quer vir a fin [93].
- Se entre marzo e abril o cuco non vén, é que o cuco é morto ou a fin quere vir [58].
- Se entre marzo e abril o cuco non veu é sinal que morreu ou é sinal do fin.
- Se non houbera abril, non habería ano ruín [15].
- Se non sal o cuco antes do trece de abril, ou morreu o cuco ou virá a fin.
- Se non víche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou quer vir a fin [15].
- Se non víchelo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir a fin [55].
- Se non víche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir ó fin.
- Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [94][95].
- Se por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [15].
- Se pra San Xurxo xea non collerás nin unha pera.
- Se queres saber cando é abril a anduriña viracho dicir.
- Se tes pra Páscoa unha débeda, logo che se vai a coresma [9].
- Sol de abril, ábrelle a man e déixao ir [96].
- Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir [15].
- Solla de abril, abre as maos e déixaa ir.
- Solla en abril, abre a man e déixaa ir [97][98].
- Tal teño a Páscoa, cal teñas a casa [9].
- Tras de abril vén maio, e hai cereixas como puños.
- Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto como os bois e o carro [99].
- Val máis un torbón de abril que os bois e o carro i aquel que vai nil [15].
- Vale máis un turbón de abril que os bois e o carro e quen vai nil.
- Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
- Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano formoso [100].
- Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- Adiós, martes de antroido,/ adiós, meu amiguiño,/ hastra o domingo de Páscoa/ xa non como máis touciño [101].
- As tellas do teu tellado/ non queren baixarme a abrir;/ baixa tu, rosa de maio,/ criada no mes de abril [102].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eladio Rodríguez Gongález, s. v. fogo, s. v. lume.
- ↑ Citado por A. Fraguas, 85.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abella. No orixinal: i a ovella.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Real Academia Galega, s. v. abril.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: i o carril.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. auga. No orixinal: i-auga, i o carril.
- ↑ 7,0 7,1 Eladio Rodríguez González, s. v. Coresma.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. liñaza. San Marcos celébrase o 25 de abril.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Eladio Rodríguez González, s. v. Páscoa.
- ↑ 10,0 10,1 Lino Lema Bouzas, 2.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. sardiña.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. solla.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
- ↑ Refraneiro do viño, 43. No orixinal: do bo amo.
- ↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 15,13 15,14 15,15 15,16 15,17 15,18 15,19 15,20 15,21 15,22 15,23 15,24 15,25 15,26 15,27 15,28 15,29 15,30 15,31 15,32 15,33 15,34 15,35 15,36 15,37 15,38 15,39 15,40 15,41 15,42 15,43 15,44 15,45 15,46 15,47 15,48 15,49 15,50 15,51 15,52 15,53 15,54 15,55 15,56 15,57 15,58 15,59 15,60 15,61 15,62 15,63 15,64 15,65 Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: pras.
- ↑ Compogoso significa propicio, favorable, próspero. Quere dicir que a colleita nun ano así será abundante.
- ↑ Vozes gallegas, ed. de J. Leite de Vasconcellos, 1845. No orixinal: mayo, cayo.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: mayo.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: frio, para os meus dentes.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: frio.
- ↑ 23,0 23,1 Refraneiro do viño, 49.
- ↑ Refraneiro do viño, 23. No orixinal: pántrigo.
- ↑ Poias son bólos de pan, como tortas pequenas e aplastadas. En Verín pagábase con elas ó forneiro.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, matô.
- ↑ 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 27,13 27,14 27,15 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
- ↑ 28,0 28,1 Eladio Rodríguez González, s. v. día.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: Páscoas.
- ↑ 30,0 30,1 30,2 30,3 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
- ↑ San Xurxo (ou Xorxe) celébrase o 23 de abril.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: d’abril, hènche.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: ó carro nin ó carril.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define xarapada como chuvieira forte e fría.
- ↑ Refraneiro do viño, 51.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. podar.
- ↑ 41,0 41,1 41,2 Eladio Rodríguez González, s. v. Entroido.
- ↑ O libro do porco, 36. Explica que o de Domingo lardeiro lle vén de "lardo", polo moito que se come nese día.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
- ↑ 44,0 44,1 O libro do porco, 36.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 4.
- ↑ 46,0 46,1 46,2 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Son as fases da vida do lobo.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: deixame, mayo, cayo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: mayo, matao, de un.
- ↑ Aníbal Otero Álvarez (1977).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. salmón.
- ↑ Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. No orixinal: i en agosto.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. 'agosto. No orixinal: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, ja son, bon.
- ↑ 55,0 55,1 55,2 55,3 55,4 55,5 Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: co’a.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. espiga.
- ↑ 58,0 58,1 Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define moliñeiro como tempo nubrado, no que chove pouco pero persistentemente.
- ↑ San Xurxo, 23 de abril. A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como a un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, ayroso, fay, garvoso.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Marzo espigarzo, abril pendoril, mayo granado, San Joan segado, Santa Mariña a ayriña.
- ↑ Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. semana.
- ↑ Refírese ó horto das sandías.
- ↑ O libro do porco, 37.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril, s. v. cuco (no orixinal: cobil).
- ↑ Lino Lema Bouzas, 6.
- ↑ Clodio González Pérez, 142.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. queixo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. año.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. escacho.
- ↑ O libro do porco, 38.
- ↑ San Marcos celébrase o 25 de abril.
- ↑ Elixio Rivbas Quintas (1978). Por Ourense, as bromas do día dos inocentes non se celebran o 28 de decembro senón o primeiro de abril (Antón Fraguas, 102).
- ↑ Lino Lema Bouzas, 7.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. sardiña.
- ↑ Quere dicir que se en marzo non se aran e se preparan ben as terras, cando chega o momento de sementa-lo millo, en abril, mal se poderá facer este labor. Refrán recollido en Meis. Fonte: Eugenio Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano, ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. queixo. No orixinal: sea.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. salmón.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Coresma. Na Voz de Galicia (5.07.1986) reprodúceno con erros de transcrición: o sábado, teñen razón.
- ↑ Refraneiro do viño, 53. No orixinal: sea.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
- ↑ Pregunta o labrego ó allo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. sardiña.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 8.
- ↑ Sendo san Xurxo o 23 de abril, o refrán alude ás larpeiradas pascuais, despois da abstinencia da Coresma.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 9. No orixinal: saladas.
- ↑ Santa Marta celébrase o 29 de xullo; San Lázaro, o domingo anterior a Ramos.
- ↑ Crese que se non vén o cuco nestes meses haberá grandes desgracias. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
- ↑ San Xurxo, 24 de abril.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cereixa.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. sol.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: folla.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: folla, erro por solla, deixâ.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día. No orixinal: comos.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Janeyro giadeyro, febreyro escarabanadeyro, marzo amoroso, abril chuvioso, mayo ventoso, San Joan caloroso, que fay o ano formoso.
- ↑ O libro do porco, 42.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 50.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972.
- ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904.
- ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
- ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968.
- FERRO RUIBAL, Xesús, Refraneiro galego básico, Galaxia, Vigo, 1987.
- FRAGUAS Y FRAGUAS, Antón: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas. Cuadernos do Seminario de Sargadelos 51. Ed. do Castro, Sada 1990.
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
- LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
- OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudios Gallegos.
- REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario Gallego-Castellano. La Coruña 1913-1928.
- RIELO CARBALLO, Isaac: Cancioneiro da Terra Cha (Pol). Ed. do Castro, Sada 1980.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
- ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares gallegos. Galaxia, Vigo 1972.