A silva na cultura popular galega
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Locucións[editar | editar a fonte]
- Avogado das silveiras: aplícase a quen, sen ter o título de avogado, presume de saber de leis. Tamén, a quen adoita actuar de mala fe para provocar disputas e preitos dos que tirar algún proveito.
- Fillo de tralas silveiras: fillo de solteira [1].
- Ser coma unha ovella atada a unha silva: mostrar pouca disposición [2].
Refraneiro[editar | editar a fonte]
- Ano de amoras, ano de choras [3][4].
- Pouca lá e polas silveiras [5].
- Se San Xoán chora, a silveira non dá mora [6].
- Se San Xoan chora, a silveira non dá moras [7].
Cantigueiro[editar | editar a fonte]
- A silva que me picou/ ela no camiño queda,/ inda me non picou silva/ que me non vingase dela [8].
- A silveira prendediza/ prende no aro da poza;/ tamén os amores prenden/ no curazón dunha moza [9].
- Antes quero á miña porta/ unha silva que me pique/ que non unha mala lengoa/ que a miña honra me quite (Xaquín Lorenzo Fernández, 41.</ref>.
- Arriba raposo,/que estás tras do toxo,/non comas o año/a Pedro Castaño/que vai na ribeira/catar a manteiga/pra a vella parida/que está na silveira/con feixe de estelas/queimando as canelas.</ref>.
- Dices que non pode ser/ silva verde dar un cravo,/ védelo eiquí ben bonita/ criado no monte bravo [10].
- Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno [11].
- Moreniña, moreniña,/ morena coma unha mora;/ non sei que ten o moreno/ que a todo o mundo namora [12].
- O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas [13].
- O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira [14].
- O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira [15].
- O reiseñol cando canta/ mete o pico na silveira,/ tamén eu me adivertía/ cunha meniña solteira [16].
- Quen me dera miña nai/ anque fora dunha silva,/ que anque me a silva picara/ eu sempre era a súa filla (Xaquín Lorenzo Fernández, 137.</ref>.
- Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición (Xaquín Lorenzo Fernández', 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.</ref>.
- Teño unha silveira á porta/ que de contado me prende,/ teño unha mala veciña/ que sen diñeiro me vende (Xaquín Lorenzo Fernández, 153.</ref>.
- Tu disme que non me queres,/ non me dá pena maldita,/ que a mancha dunha mora/ con outra verde se quita (Xaquín Lorenzo Fernández, 157.</ref>.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Constantino García González.
- ↑ Victgoria Cerviño Ferrín 2013.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ Equivale a eramos poucos e pariu a avoa.
- ↑ Rosario Soto Arias 2013.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 47.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 47. No orixinal: de unha.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 70.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 105.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 196.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 122.
- ↑ Xosé Ramón Fernández-Oxea, 217.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 123.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
- GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985.
- RAMÓN E FERNÁNDEZ OXEA, Xosé (BEN CHO SHEY): Santa Marta de Moreiras, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 41. Ed. do Castro, Sada 1982.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.