Saltar ao contido

Refraneiro galego sobre o cabalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dous cabalos rifadores, non poden xuntos comer
Poldro
  • A besta amatada, de lonxe ve vir a albarda [1].
  • Á besta axionllada ponlle máis carga [1].
  • Á besta boa, dálle vara i espora [1].
  • Á besta cargada, a cincha mátaa [1].
  • Á besta comedora, pedras na cebada [1].
  • A besta e a muller, que a preste quen quixer [1].
  • Á besta golosa, taleiga de area [1].
  • A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga [1].
  • A besta mala, espora e vara [1].
  • A besta non pregunta quen a monta [1].
  • A besta pola carga, e o home pola palabra [1].
  • A besta preñada cargala ata que para; e dispois de parida, cargala cada día [1].
  • A cabaleiro novo, cabalo vello [2].
  • A cabaleiro vello, cabalo novo [2].
  • A cabalo alleo, espora propia [3].
  • A cabalo cansado, mudarlle o prado [3].
  • A cabalo comedor, ronzal curto [3].
  • A cabalo dado non lle míres o dente [4][5].
  • A cabalo grande, esporas grandes [3].
  • A cabalo morto, cebada ó rabo [3].
  • A cabalo novo, cabaleiro vello [3].
  • A cabalo regalado non lle miran o dente.
  • A cabalo regalado non se lle mira o dente.
  • A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada [3].
  • A cabalo vello, pouco verde [3].
  • A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón [6].
  • A ida de Paio Gomes, fora a cabalo e veu nas alforxas.
  • A mala besta no bo camiño entropeza [1].
  • A millor besta dá coa carga no chan [1].
  • A millor besta, quer aguillón, e a millor muller, quer varón [1].
  • A moza, pra festa; e pra casa, a besta [7].
  • Á muller, á cabala e á mula, pola boca lle entra a fermosura.
  • A muller e a besta a ninguién se empresta [8].
  • A muller e a besta que a empreste quen queira [8].
  • A viña i o poldro que os críen outros [9].
  • A vista do amo engorda o cabalo.
  • Abril chove prás xentes, e maio prás bestas [10].
  • Agora que ten poldro parece outro [11].
  • Amigo de verba, cabalo de herba e casa de terra, todo é merda.
  • Arrédate dos pés da besta, así da grande como da pequena [1].
  • Azadós moi relocentes, escaleiras dos xuzgados, auntamentos con musgo, o panadeiro a cabalo, o médico de pé: o universo ben gobernado.
  • Ben sabe a besta a quen leva, i o demo a quen atenta [1].
  • Besta alegre, deitada apasta [1].
  • Besta de arrieiro vai sempre en recua e nunca sabe o que leva [1].
  • Besta de herba, besta de merda [1].
  • Besta de herba, besta de perda [1].
  • Besta de Liñares, mora de Mellide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos [12].
  • Besta do demo: ¿vas baleira e déitaste? [13].
  • Besta grande, ande ou non ande [1].
  • Besta mular, ou comer ou andar.
  • Besta na corte, non gana e come [1].
  • Besta parada non fai xornada [1][14].
  • Besta que anda por calquera chan, pra min a quero, non pra meu irmán [1].
  • Besta que anda por mal camiño, quéroa pra min e non pro meu veciño [1].
  • Besta que non poidas manter débela vender [1].
  • Besta que pouco anda, nunca falta quen a tanga [1].
  • Besta que xeme, á carga non teme [1][15].
  • Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada [1].
  • Besta vella botala ós toxos [1].
  • Besta vella non admite ensiño [16].
  • Besta vella non entra en paso [1].
  • Bestas en pelo, hainas en Monterroso [1].
  • Boi corvo, burro combo e cabalo fondo.
  • Boi frontudo e cabalo cascudo.
  • Buscas un bo cabalo pra túa égoa, e dás a túa filla ó primeiro que chega [3].
  • Cabaleiro, en bo cabalo; en ruín, nin bo nin malo [2].
  • Cabalo á carreira, sepultura aberta [3].
  • Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán [3].
  • Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono [3].
  • Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo [3].
  • Cabalo de andadura, pouco dura [3].
  • Cabalo de bamba, que non come, nin bebe nin anda [3].
  • Cabalo farto, non ten fame [3].
  • Cabalo grande, ande ou non ande [3].
  • Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a égoa [3].
  • Cabalo que voa non precisa espora [3].
  • Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos [3].
  • Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [17].
  • Casa de terra, cabalo de herba e amigo de pousada, non valen nada.
  • Casa, viño e poldro, fáganos outro.
  • Cebada do día non fai andar a cabalaría [18].
  • Cebada do día non fai andar moito á cabalaría.
  • Cebada e regalo fan o bo cabalo [18].
  • Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino [19].
  • Come máis un día de sol en febreiro que cantos cabalos ten o reino.
  • Como come a besta, dío a besta [1].
  • Couces de égoas non matan poldros.
  • Da besta, a mular, e do home, o de pouco falar.
  • De home maricas e de muller cabalón, libértanos Señor.
  • De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro.
  • Deus nos deixe andar a cabalo de quen o entende [3].
  • Deus nos deixe andar dacabalo de quen non entende.
  • Dou ó demo a besta que non gana a cebada [1].
  • Dou ó demo o poldro que en vendo égoas non relincha [11].
  • Dous cabalos rifadores non poden xuntos comer [3].
  • Dous poldros a un can, ben o morderán [11].
  • Dúas cousas quere o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.
  • En Deza, nin boa besta nin boa peza [1].
  • En Lugo, nin boa besta nin bo burro [1].
  • En maio calquera besta é cabalo [20].
  • En maio, o barrufeiro faise cabalo [21].
  • Enxame de maio vale un bo cabalo [22].
  • Hai cabalos tolos, e burros cordos [3].
  • Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño [23].
  • Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran [6].
  • Home viúvo, cabalo picado.
  • Horta e torta, moza, poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
  • Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro [2].
  • Ir e non vir, como os poldros á feira [24].
  • Ir por besta e volver por burro é un viaxe papudo [1].
  • Levou o demo a besta e mais quen a tangue [25].
  • Mais val a besta que carrexa, que a besta que espoldrexa [1].
  • Naide turra do rabo do poldro coma seu dono [11][26].
  • Negra é a pementa e cómena os fidalgos, branca é a neve e trípana os cabalos [27].
  • Nin besta de soilo herba, nin home de moita verba [1].
  • Ninguén turra do rabo do poldro coma o seu dono.
  • No maio, o barrufeiro vólvese cabalo [20].
  • No mes de maio, nin égoa nin cabalo [20].
  • No pisar conócese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo [3].
  • No seu esterco, o cabalo engorda cando ben repousa [3].
  • Non amanses poldros nin chúfe-la muller doutro.
  • Non amanses poldros se queres ter ben os ósos.
  • Non cabalgues en poldro nin a túa muller gabes a outro.
  • Non hai besta sin freo nin espora [3].
  • Non hai millor cabaleiro que don diñeiro [2].
  • Non pesques con anzó de ouro nin montes poldro novo nin a túa muller gabes a outro.
  • Non podo dar na besta e mallo na albarda [1].
  • Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller doutro.
  • Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito.
  • Nunca amanses poldros nin chufes á muller doutro.
  • Ó amigo e ó cabalo non hai que cansalo.
  • Ó amigo e ó cabalo non o leves ó teu cabo.
  • O barrufeiro non lle acai ben ó bo cabaleiro [28].
  • O barrufeiro, no maio vólvese cabalo [28].
  • O bo cabaleiro non se axeita nun barrufeiro [2].
  • O cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido [3].
  • O cabalo e a muller, a ninguén se han de ofrecer [3].
  • O cabalo fai a égoa [3].
  • O cabalo farto non é comedor [3].
  • Ó cabalo regalado non se lle mira o dente.
  • Ó cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados.
  • O cabalo, no seu esterco engorda, cando ben come e repousa.
  • O cabalo, pando, i o boi, corvado [3].
  • O cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados [3].
  • Ó home e ó cabalo non hai que apuralo.
  • O millor penso do cabalo está no ollo do amo [3].
  • O millor cabalo dá un tropezón [3].
  • O ollo do amo engorda o cabalo [3][29]
  • Ó poldro i ó mozo, albardón novo e apretado o bozo [11].
  • O poldro, antes teu que doutro [30].
  • O poldro, primeiro doutro [30].
  • O que ameaza ó cabalo, ás veces faino malo [3].
  • O que dí mal da égoa, ese é quen a merca.
  • O que fala mal da egua, é o que a leva.
  • O que non monte a cabalo, nunca se cae do cabalo.
  • O que soilo come o seu galo, só aparella o seu cabalo [31].
  • O que ten besta e anda a pé ben burro é [1].
  • O que ten besta e anda a pé máis besta é [1].
  • O que ten besta e anda a pé, máis besta el é [32].
  • O que ten besta soña coa albarda [1].
  • O que ten bo cabalo, ten que saber montalo [3].
  • O rocín de maio vólvese cabalo.
  • Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor.
  • Onde égoas pacen, poldros nacen.
  • Onde hai eguas, nacen poldros.
  • Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora millorada [33].
  • Onde poldros nacen, égoas pacen [11].
  • Os couces das égoas non fan dano ós poldros.
  • Os poldros caíndo i os mozos brincando, van asisando [11].
  • Pacen os poldros o mesmo us que outros [11].
  • Para quen é o cabalo, chega ben a ferradura.
  • Poldro, de poldrela, becerro, de vaca vella [11].
  • Poltro, de poltrela, e boi, de vaca vella [34].
  • Polo Santiago non hai mal cabalo [35].
  • Por un cravo pérdese un cabalo, por un cabalo, un cabaleiro, e por un cabaleiro, un reino.
  • Quen non monta a cabalo, nunca se cai do cabalo [3].
  • Quen quer besta sin chata, a pé anda [1].
  • Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
  • Quen rico ser queira, que teña egua parideira e muller goberneira.
  • Renego da besta que no inverno quer sesta
  • Se os cabalos corren pra Viana, culle os bois e vai á arada; se corren pra Quiroga, culle os naipes e xoga [36].
  • Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os de outros [11].
  • Se queres ter un bo poldro, que cho amanse outro.
  • Se queres un bo poldro, que cho amanse outro [11].
  • Seis galiñas e un galo comen a ración dun cabalo.
  • Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo [37].
  • Siñal é de boa besta a boa pata e a boa orella [1].
  • Sogra, cabalo e león, son malos de corazón.
  • Unha besta non fai feira [1].
  • Unha besta non quer outra [1].
  • Xanes e bestas hainos en tódalas aldeas.
  • Zapato burgués, besta de andadura e amigo cruñés,/ pouco duran todos tres [4].
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  2. 1 2 3 4 5 6 Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
  4. 1 2 Real Academia Galega 1913.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo. No orixinal: mírelo.
  6. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. moza.
  8. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  11. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.
  12. J. Leite de Vasconcellos (1845).
  13. Eladio Rodríguez González, s. v. besta. No orixinal: valeira.
  14. Marcial Valladares Núñez. No orixinal: jornada.
  15. Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Besta que gème à carga non teme.
  16. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: ademite.
  17. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  18. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
  19. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  20. 1 2 3 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
  21. Barrufeiro é un cabalo ruín. Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
  22. Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
  23. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  24. Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
  25. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Lebou o demo a besta a mays quen a tangue.
  26. Marcial Valladares Núñez: Nuevo suplemento al Diccionario.... No orixinal: d'o rabo d'o poltro.
  27. Eladio Rodríguez González, s. v. negro.
  28. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. barrufeiro.
  29. Eladio Rodríguez González, s. v. ollo.
  30. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. poldro. No orixinal: de outro.
  31. Eladio Rodríguez González, s. v. galo.
  32. Marcial Valladares Núñez. No orixinal: tèn, á pè, mais, è.
  33. Eladio Rodríguez González, s. v. crego.
  34. Aníbal Otero Álvarez: Hipótesis.
  35. Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.
  36. Aquí os cabalos son metáfora por nubes.
  37. Elixio Rivas Quintas (2001).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]