Saltar ao contido

A cabra na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabuxa en Moraña.
Artigo principal: cabra.

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada da cabra na cultura popular galega, así como a súa presenza na literatura oral. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos —xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto—, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.

Locucións

[editar | editar a fonte]
  • Coma a cabra e o coitelo (andar, estar, levarse): levarse moi mal dúas persoas, convivir moi mal.[1]

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
Cabras rubias nun curral.
Cabeza dunha cabra mona (sen cornos).
Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro
  • A filla da cabra, ¿qué ha de ser senón cabrita?.[2]
  • A muller e a cabra é mala sendo fraca.[3]
  • A muller e a cabra, a pata crebada.[3]
  • Á muller e á cabra, corda larga.[3]
  • A muller é antoxadiza, e a cabra é espantadiza.[3]
  • A muller na igrexa, santa, e na rua, cabra.[3]
  • A ovella louzana pidelle lan á cabra.
  • Cabra coxa non ten sesta e, se a ten, mal lle presta.[1]
  • Cabras crían trampas e carneiros crían diñeiros.[4]
  • Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres.
  • En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.[5]
  • En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.
  • Febreiro, cabriteiro.[6]
  • Inda non pariu a cabra e xa o cabrito, mama.[7]
  • Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.
  • Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco.[8]
  • O cabrito cómeo dun mes, i o año de tres.
  • O fillo da cabra, ou cabirto ou castrón.[2]
  • O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • Ovella cornuda e cabra con landras, en poucas cortellas paran.[9]
  • Ovella cornuda e cabra con landras, en poucos cortellos paran.
  • Queixo de ovella, leite de cabra e manteca de vaca.
  • Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla.[4]
  • Vello xa é Pedro pra ser cabreiro.[10]
  • Xaneiro alleiro e febreiro cabriteiro.
  • Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro.[11]

Cantigueiro

[editar | editar a fonte]
  • Ano novo con ben veñas,/ como o sol entre as estrelas,/ os cabritos coas cabras/ e os años coas ovellas.[12]
  • Beila quedo, beila quedo,/ non me rompas os zapatos/ que anque son de cordobán/ costároncheme os cartos.[13]
  • Cálate, boca de troita,/ pelo de cabra tiñosa,/ ollos de pita sarnenta/ i hastra por non ter, es coxa.[14]
  • Cambados, porto de cabras,/ e Fefiñáns de cabritos,/ Santo Tomé de cabróns,/ mira que tres lugaritos.[15]
  • Cantiguiña que dixeches/ inda lle faltan palabras;/ teño unha cabra no monte,/ vaille conta-las cagadas.[16]
  • En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra.[17]
  • Na miña vida tal vin/ unha cabra cunha roca/ e un castrón cun violín.[18]
  • O marrau de tres somanas,/ o cabirtiño dun mes,/ a meniña de quince anos,/ o galán de vintetrés.[19]
  • Se vírades o que eu vin/ fuxírades como eu fixín:/ unha cabra cunha roca/ i un castrón cun violín.[20]
  • Vinde, rapazas/ e mociños todos,/ vinde ve-lo dote/ que me deu meu sogro:/ unha cabra vella/ i un cabirto coxo,/ unha manta vella/ cun remendo roxo.[21]
  1. 1 2 Miguel Rubinos Conde 2013.
  2. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  3. 1 2 3 4 5 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  4. 1 2 VV.AA. (!974): Gran Enciclopedia Galega. Tomo IV. Santiago / Gijón: Silverio Cañada. ISBN 84-7286-039-6.
  5. ↑ Son as fases da vida do lobo.
  6. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  7. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. parir.
  8. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  9. ↑ As landras a que se refire a cantiga son, neste caso, os ganglios linfáticos do pescozo avultados por algunha enfermidade crónica.
  10. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Pedro.
  11. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. xaneiro.
  12. ↑ Gran Enciclopedia Galega III, s. v. año.
  13. ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 163.
  14. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és.
  15. ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 170.
  16. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: contalas.
  17. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 74. No orixinal: Rueguas. Xaquín Lorenzo di que a forma oficial é Venceás, aínda que os veciños digan Véncias, pero no Nomenclátor atopamos Venceáns (San Tomé), parroquia de Entrimo. Na parroquia só hai os tres lugares ós que fai mención a cantiga: Queguas, Vilar e Venceáns.
  18. ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 189. No texto: c-unha, c-un.
  19. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 120. No orixinal: de un.
  20. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: virades, vin, fuxirades.
  21. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 162. No orixinal: velo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]