Marzo na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

Crenzas e supersticións[editar | editar a fonte]

Crese que a lúa de marzo é a máis indicada para poda-las árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente (Eladio Rodríguez, s. v. lúa). Seméntase na lúa minguante para que naza ben o millo. Tamén na minguante de marzo é cando se debulla o millo para que non colla gorgullos nin quente no saco, así como ese é o momento de enche-lo piorno para que o millo non se bote a perder (Leiro Lois, 41).

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • A marzo gabo cando non recacha o rabo [1].
  • A que en marzo velou, tarde acordou [1].
  • A viña do bo amo pódase no marzo; a viña do ruín pódase no abril [2].
  • Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir [1].
  • Auga de marzo, herbanzo [3].
  • Auga de marzo, pior lixo no pano [3].
  • Auga en marzo, canto o raposo molle o rabo.
  • Cando en marzo chove, i en abril xía, quédase maio feito unha criba [1].
  • Cando febreiro non febreirea, marzo marcea [4].
  • Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo [1].
  • Cando marzo abrilea, abril marcea [1].
  • Cando marzo maiea, maio marcea [5][1].
  • Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo [1].
  • Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano [1].
  • Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio [6].
  • Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.
  • Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato [1] [7].
  • Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato [8].
  • Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato [9].
  • Cobras en marzo, neve en abril [10].
  • Cobras en marzo, neves en abril.
  • Cóbregas en marzo, neves en abril [1].
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
  • De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado [11].
  • Di o boi: sácame en marzo e verás como pazo.
  • Día de san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan [12]
  • Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.
  • Dixo no monte unha vella: 'Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato'. Febreiriño contestou: 'Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro'.
  • Dixo o pastor a marzo: 'mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis'. E marzo respondeu: 'con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir' [1].
  • Domingo de Entroido larafuzán, comícheme a carne, deixácheme o pan [13].
  • En marzo, abrigo e pantrigo [1].
  • En marzo, abrigo, noces e pan de millo.
  • En marzo, abrigo, noces e pan trigo [5].
  • En marzo, abrigo, noces, pan e trigo.
  • En marzo auga que non molle o rabo do gato [1].
  • En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira dá mil [1].
  • En marzo, espigarzo [1].
  • En marzo, espigas catro.
  • En marzo frolecen tódolos campos [1].
  • En marzo hai que saca-la pelica de debaixo do brazo.
  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.
  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán, xa fuxo ó can; en Santa Mariña, xa pillo a galiña, i en agosto, xa son bo raposo[14][15].
  • En marzo, nin o mexo dun rato.
  • En marzo, nin o rabo do burro mollado.
  • En marzo, nin o rabo do gato mollado [1].
  • En marzo, ó abrigo con noces e pan trigo.
  • En marzo, o garabanzal, nin nado, nin por sementar [1].
  • En marzo, o trigo, nin por sementar, nin nado [1].
  • En marzo, pelarzo [5].
  • En marzo, podar e cavar, se queres colleitar [1].
  • En marzo, queima ben a vella o tallo [1].
  • En marzo saca a cabeza o lagarto; i en abril acaba de sair [1].
  • En marzo sai a herba, anque lle dean cun mazo [1].
  • En marzo, se podas un cardo, naceranche catro; i en abril, se cortas catro naceránche mil [1].
  • En san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan.
  • En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa [16]
  • Entre marzo e abril o cuco ha de vir.
  • Entre marzo e abril o cuco, ou a fin.
  • Entre marzo e abril o cuco quere vir.
  • Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e si o cuco faltara a fin do mundo volvera.
  • Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir [17].
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir [1].
  • Entre marzo e abril, se non vén o cuco quer vir a fin [18].
  • Entre marzo e abril, se non veu o cuco quer vir a fin [19].
  • Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil [20].
  • Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro [4].
  • Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso [21].
  • Fiandeira ¿que fiache? ¿pra onde fuche? ¿por onde andache que en marzo non blanqueache?
  • Gomo de marzo non vai ó cabazo.
  • Líbrame ti da mala veciña que eu te librarei da neve marciña [22].
  • Maio longo, san Xosé redondo.
  • Marzo amola e abril esfola [1].
  • Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor.
  • Marzo é a porta, e abril trai a chave, se está posta [1].
  • Marzo é enganador; un día malo e outro pior [1].
Marzo, espigarzo.
  • Marzo espigarzo [5] [1].
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado [23].
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, san Xoán curado, na santa Mariña metelo na arquiña [24]
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña [25]
  • Marzo, espigas catro; abril, espigas mil [1].
  • Marzo gabo, cando non recacha o rabo.
  • Marzo iguarzo [1].
  • Marzo, iguarzo, antes a tres que non a catro.
  • Marzo louco, e abril non pouco [1].
  • Marzo marceado, bota as vellas ó sol, e despois as apedrean.
  • Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol [1].
  • Marzo marceiro, pola mañán cara de can, e pola tarde é falangueiro [1].
  • Marzo marcisco, algús días corisco.
  • Marzo, marzaco, cabeza de gato, de oito bois que tiña deixáchesme catro.
  • Marzo, marzadas: vento, frío, sol e sarabiadas [1].
  • Marzo marzado, cada ovella co seu año [1].
  • Marzo, marzal, déixame o viño trasegar.
  • Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can.
  • Marzo, marzán, cara de can [26].
  • Marzo, marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [26].
  • Marzo marzán cara de rosa pola mañán, e pola tarde cara de can [27].
  • Marzo marzán, cara de rosas pola mañán, e pola noite cara de can [1].
  • Marzo marzán, pola mañán cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de can e pola tarde Xan Barrigán.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de risa, pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de rosa e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can.
  • Marzo marzán, polo día a túa cariña de risa e á noite a túa cariña de can.
  • Marzo marzán, polo día a túa cariña de rosa e pola noite a túa cariña de can.
  • Marzo marzola, trebón e raiola [5] [1].
  • Marzo marzolas, treboadas e raiolas [1].
  • Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran [1].
  • Marzo marzote, pola mañán cara de pote; ó mediodía por aí se iría; e pola noite, un serán coma se fora verán.
  • Marzo, nin rabo de gato mollado.
  • Marzo, o viño polo vaso.
  • Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso, fan o ano fermoso [1].
  • Marzo pardo, pouco sol e malo [1].
  • Marzo pardo; San Xoán, craro [1].
  • Marzo pardo, siñal de bo ano [28].
  • Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo, fan fermoso o ano [1].
  • Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio frorido e fermoso [1].
  • Nas tardes de marzo recolle o teu gando.
  • Neve en abril, cobras en marzo [29]
  • Neve marzá, neva de noite, vaise á mañá.
  • Neve marzal vén e vaise pola mañá.
  • Nin frores en marzo, nin muller sin vergonza.
  • Nin marzo con flores nin moza con amores.
  • Nin marzo con flores nin moza sin amores [1].
  • No marzo, abrigo; na eira pantrigo [1].
  • No marzo, abrigo; na eira, pantrigo.
  • No marzo, abrigo, noces e pantrigo.
  • No marzo aínda hai lama no pazo.
  • No marzo hai que saca-la pelica de debaixo do brazo.
  • No mes de marzo e abril o cuco ha de saír, se ós tres meses non volveu é porque morreu.
  • No mes de san Xosé, niño polo pé.
  • Nosa Señora de marzo, Diola traia. Nosa Señora de setembro, Diola deteña [30]
  • O aire e o sol de marzo queima as donas no pazo.
  • Ó cuco san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla.
  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pro meu amo; e o de San Xosé, pro can [31].
  • O que en marzo non fende en abril non estende [32].
  • O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
  • O que en marzo non poda a viña perde a vendima.
  • O que en marzo non poda perde a vendima toda.
  • O que poda por marzo, vindima no regazo [33].
  • O ramo de san Xosé tódolos anos frolez.
  • O sol de marzo queima á dama no pazo.
  • O sol de marzo queima as donas no seu pazo [1].
  • O sol de marzo queima as donas no pazo.
  • O viño de marzo, lévao a vella no regazo [34].
  • O vento de marzo queima as damas no palacio.
  • O vintecinco de marzo entra a merenda e mailo descanso.
  • Pan pra maio e leña pra abril, e o millor cepón, pra marzo o compón [35].
  • Poda a viña en marzo e cávaa en maio.
  • Poda a viña en marzo, pra cavala en maio [2].
  • Poda en marzo, vendima no regazo.
  • Polo san Matías, marzo ós cinco días [36].
  • Polo San Pedro da Cuadrela sae a cóbrega de debaixo da pedra.
  • Por marzo, a cava; por marzo, a poda; por marzo vólvese a viña toda [1].
  • Por san Reimundo a anduriña vén do outro mundo [37]
  • Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vindima.
  • Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo.
  • Sácame ó marzo, verás como pazo.
  • San Adrián, nin bo gato nin bo can.
  • San Reimundo, a anduriña trai do outro mundo.
  • San Reimundo tira a anduriña do outro mundo e san Cebrián vólvea a levar [38].
  • Se en marzo canta a ran, en maio xa calará.
  • Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
  • Se en marzo ou abril o cuco non vén, quer vir a fin [39]
  • Se entre marzo e abril o cuco non vén, é que o cuco é morto ou a fin quere vir [26].
  • Se entre marzo e abril o cuco non veu é sinal que morreu ou é sinal do fin.
  • Se febreiro non febreirea, marzo, marcea [4].
  • Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou [19].
  • Se marzo maiea e maio marcea, pobres dos pobres que viven na aldea!
  • Se marzo marcea non queda can nin ovella, nin pastor coa súa pelexa, nin o can coa súa carranca, nin o lobo coa súa zanca.
  • Se marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año [1].
  • Se marzo requicha o rabo, non queda ovella nin pastor azamarrado.
  • Se marzo retorce o rabo, non queda ovella no monte nin no campo [1].
  • Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar.
  • Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar.
  • Se por marzo canta a ran, no maio xa calará [1].
  • Se por san Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.
  • Se queres ter bo banastro, corta os bimbios no marzo.
  • Se queres ter un bo banastro, curta os bimbios en marzo.
  • Se trobexa por san Rosendo, inda temos inverno [40]
  • Sol de marzo queima as donas no pazo.
  • Tanto dura a mala veciña coma a neve marciña.
  • Tardes de marzo, recolle o teu gando [1].
  • Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.
  • Vindima no regazo, aquel que poda en marzo [41].
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
  • Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano formoso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 1,49 1,50 1,51 1,52 1,53 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  3. 3,0 3,1 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  4. 4,0 4,1 4,2 Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
  7. Rosario Soto Arias 2013.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  9. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: d’un.
  10. Real Academia Galega 1913, s. v. abril.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. muller
  12. Santo Adrián celébrase o 1 ou o 4 de marzo.
  13. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Entroydo, Larafuzan, comicheme, deyxacheme.
  14. Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v.marzo.
  15. Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No texto: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, ja son.
  16. San Francisco, 4 de outubro.
  17. Eladio Rodríguez González, s. v. cuco. No orixinal: sai.
  18. Eladio Rodríguez González, s. v. abril; s. v. marzo.
  19. 19,0 19,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
  20. Eladio Rodríguez Gonzále<, s. v. espiga.
  21. Chaman moliñeiro ó tempo nuboso, no que chove pouco pero persistentemente. Elixio Rivas Quintas (1978).
  22. A neve en marzo derrétese axiña, pero é imposible librarse das malas veciñas.
  23. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan
  24. Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.
  25. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan, ayriña.
  26. 26,0 26,1 26,2 Elixio Rivas Quintas (1978).
  27. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: cán.
  28. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. No orixinal: prado, erro por pardo
  29. Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  30. A Nosa Señora de Marzo é o 25 deste mes, día da Anunciación; a Nosa Señora de Setembro, o día 8, día da Natividade. O refrán refírese á merenda, que comeza en marzo mentres que en setembro acaba o tempo de merendar. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: Dio-la.
  31. Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
  32. Quere dicir que se en marzo non se aran e se preparan ben as terras, cando chega o momento de sementa-lo millo, en abril, mal se poderá facer este labor. Refrán recollido en Meis. Fonte: Eugenio Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano, ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995.
  33. Marcial Valladares Núñez (1884).
  34. Juan Sobreira Salgado: 'Papeletas.
  35. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  36. San Matías celebrábase o 24 de febreiro pero o cambio litúrxico levouno ó 14 de maio, co que o refrán perdeu o seu sentido. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  37. San Reimundo é o 7 de xaneiro, pero este refrán refírese a San Reimundo Fitero, que se celebra o 15 de marzo.
  38. San Reimundo Fitero, 15 de marzo, época na que comezan a aparece-las andoriñas; San Cibrao, 16 de setembro.
  39. Crese que se non vén o cuco nestes meses haberá grandes desgrazas. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  40. San Rosendo, 1º de marzo.
  41. Eladio Rodríguez González, s. v. vindimar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • FERRO RUIBAL, Xesús (Dir.) et al.: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.
  • FERRO RUIBAL, Xesús, Refraneiro galego básico, Galaxia, Vigo, 1987.
  • ESMORÍS RECAMÁN, Federico: "Refranero fisterrán" en Cuaderno de Estudios Gallegos 14, 42, 1959.
  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor. Lugo 1977.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
  • REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RIELO CARBALLO, Isaac: Cancioneiro da Terra Cha (Pol). Ed. do Castro, Sada 1980.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia. Vigo 1958-1961.
  • RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • Mª Rosario Soto Arias: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
  • ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares gallegos. Galaxia, Vigo 1972.