Refraneiro galego sobre o burro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben vai a vella na burra cando é súa
O burro ó sol fai sombra
  • Á burra e á muller polo pico lles entra a fermosura.
  • Á burra e á muller, a paus hainas que tanguer.
  • A burro froxo, arrieiro tolo que lle malle o lombo.
  • A burro morto, cebada ó rabo.
  • A burro novo, aparello vello.
  • A burro pardo, arrieiro arroutado.
  • A burro vello, a millor cebada e o pior aparello.
  • A burro vello, albarda nova.
  • A burro vello, múdalle o alimento e darache o pelexo.
  • A burro vello, pouco verde.
  • A carne de burro non é transparente.
  • A carne de man a calquera burro ña dan.
  • A conta do burricón comémo-lo requeixón [1].
  • A conta dos burros comen os agudos [2].
  • Á muller beilar e ao burro ornear, o diaño debeillo ensiñar [3].
  • A vergonza era verde e comeuna un burro.
  • Alá vai, alá vai, o burro tras da nai [2].
  • Alá vai, alá vai, o burro tras de súa nai.
  • Arrieiro rabudo, malla na albarda e malla no burro.
  • As amatas do meu burro fixeron de min albeitar.
  • Asegún sea o burro ten que ser a albarda.
  • Asno morto, a cebada ó rabo.
  • Bachiller en artes, burro en todas partes.
  • Ben burro é quen burro ten, pero inda é máis burro quen, podendo, non o ten.
  • Ben burro é quen tendo burro viaxa a pé.
  • Ben sabe o burro onde ornea.
  • Ben sabe o burro onde ornea, cando quer el ornear.
  • Ben vai a vella na burra cando é súa [4].
  • Boi corvo, burro combo e cabalo fondo.
  • Burra vella non aprende andadura e, se a aprende, pouco lle dura.
  • Burro cargado de ouro consígueo todo.
  • Burro de moitos, cómeno os lobos.
  • Burro lavado, xabrón perdido.
  • Burro pexado non salta valado.
  • Burro que entra na leira allea, sairá dela carregado de leña.
  • Burro sexa quen con burro leirea.
  • Burro sexa quen ser burro queira.
  • Burro sexa quen a burro protexa.
  • Burro vello tamén quer a sua cebada.
  • Cando está o pelexo á porta sinal de que a burra é morta.
  • Cando nace a vasoira nace o burro que a roa.
  • Cando o burro pode, a burra non quer.
  • Cando o burro vén ó lugar, todos o queren montar.
  • Cando todos che digan que es burro, ornea.
  • Cando un burro ornea o outro baixa a orella.
  • Cando un burro ornea, sempre hai outro que escoucea.
  • Canto máis burro, máis peixe.
  • Chanzas con burros acaban en couces.
  • Contos de probes, peidos de burras vellas.
  • Cos burros viven os agudos.
  • Cousas de burros acaban en couces.
  • Dame un maridiño rico, aínda que sexa un borrico.
  • De burro abaixo non hai pior besta.
  • De burro para baixo non hai besta de menos monta.
  • De Lugo, nin boa besta nin bo burro.
  • De Lugo, nin boa besta nin bo burro, mais montadores, os millores.
  • De pequeno, rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e de vello, can.
  • De pequeno, rei; de mozo, galán; de casado, burro; e de vello, can.
  • Deixade ao mestre, ainda que sexa un burro.
  • Des que a besta vai no po, xó, burra, xó!.
  • Des que o burro entra no illó, ¡xo burro, xo!
  • Dixo o burro ó mulo: arre alá, orelludo.
  • Díxolle o burro ás coles: 'pax vobis'.
  • Díxolle o burro o mulo: tírate alá, orelludo.
  • Do burro abaixo non hai menos besta.
  • Dous Xans e un Pedro fan esta-lo burro quedo.
  • É como os burros da Limia, que apañan o viño e beben auga.
  • En Lugo, nin boa besta nin bo burro.
  • En marzo, nin o rabo do burro mollado.
  • Este mundo é un fandango, e quen nono baila é un asno.
  • Fainas o burro e págaas a albarda.
  • Hai cabalos tolos e burros cordos [5].
  • Hai moitas burras do mesmo pelo.
  • Hai moitos burros da mesma cor do coiro.
  • Hai moitos burros do mesmo pelo.
  • Home casado, burro escarallado.
  • Home casado, burro estropeado.
  • Home casado: home pretudo, xordo coma un mudo e orellas coma un burro.
  • Home mozo que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis que home é burro [6].
  • Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro.
  • Ir a cabalo do burro, e andar ó seu precuro [4].
  • Ir cabaleiro no burro, e andar ó seu precuro [4].
  • Ir por besta e volver por burro é un viaxe papudo [7].
  • Lavar a cabeza a un burro, gastar tempo e xabón.
  • Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.
  • Mágoas alleas matan os burros [2].
  • Máis fácil é ó burro ornear que ó sabio responder.
  • Máis fácil é ó burro perguntar, que ó sabio responder.
  • Máis que cen de pardal, vale unha de asnal [8].
  • Máis val burro vivo que sabio morto.
  • Máis val un burro vivo que un cento mortos.
  • Máis val unha asnal ca cento de pardal.
  • Máis vale pequeno e agudo que grande e burro.
  • Maldicións de burro nunca ao ceo chegan.
  • Muller casada? burra e amolada.
  • Muller que do cuco fiou, ou era moi burra ou cucar desexou.
  • Na provincia de Lugo non hai boa besta nin bo burro, pero manteadores, dos millores.
  • Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego.
  • Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego, nin de sabugueiro un bo vencello, nin de cuñado un bo consello.
  • Nin burro orneante, nin home rallante.
  • Ningún burro se quedou calvo.
  • Non é o mel pra boca do burro [9].
  • Non está feito o mel pra boca de burro.
  • Non hai Pedro bo, nin burro negro, nin lameiro por riba do rego.
  • Non levarán por ben o burro á auga se el non ten gaña.
  • Non merques burro de recoeiro, nin cases con filla de mesoneiro.
  • Non poder dar no burro e dar na albarda.
  • Non se sabe o que pode ensinar á muller a bailar e ó burro a ornear.
  • Non tentes dar auga ó burro se non a quere.
  • O burriño de san Sadorniño cada día máis cativiño [10].
  • O burriño de Vicente ten a carga e non a sente.
  • O burriño de Xosé leva rabo e non o ve.
  • O burro diante, pra que a recua non se espante.
  • O burro diante, pra que non se espante.
  • O burro do vilán é mulo no vran.
  • O burro do xitano, en vendo o pan alonga o paso [11].
  • O burro do xitano, en vendo o pau alonga o paso.
  • Ó burro e ó carro, a carga ó rabo.
  • O burro non anda senón coa albarda e a carga.
  • O burro ó sol fai sombra.
  • O burro pequeniño sempre é borriquiño.
  • O burro que máis traballa, máis axiña cansa.
  • O burro que moito carga, logo rompe o aparello.
  • O burro sofre a carga, mais non a sobrecarga.
  • O burro traseiro que zarre o boqueiro.
  • O can oubea e o burro ornea [12].
  • O día que me casei, un burriño aluguei [13].
  • O fillo do burro ben sabe ornear [14].
  • O home cuco vive do home burro.
  • O home, cando é rapaz é rei; de mozo, capitan; de casado, burro, e de vello can.
  • O home, de meniño rei, de mozo, galán, de casado, burro, e de vello can.
  • O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir [15].
  • O que burro vai á Roma, burro vén á volta.
  • O que che é burro tanto é eiquí como en Lugo.
  • Ó que é burro, Diolo mate.
  • O que é burro, tanto é aquí como en Lugo.
  • O que é burro, verte as papas.
  • O que está acolleito cando chove, é ben parvo se se move; e se se molla, é ben burro se se anoxa.
  • O que nace burro, burro morre.
  • Ó que o burro gaba, tal fillo lle naza.
  • O que ós vinte non é home e ós corenta non é rico, ten algo de borrico.
  • O que ós vinte non é home, ós trinta non se casa, ós cuarenta non ten casa e ós cincuenta non é rico, ¡arre borrico!
  • O que perde o burro e atopa a albarda, xa non sofre tanta perda.
  • O que se para ó lado do fuso, ou é burro ou non ten uso.
  • O que ten besta e anda a pé, ben burro é [7].
  • O que ten besta e anda a pé, máis besta é [7].
  • O que ten burro e vai a pé, ben burro é.
  • O que vive probe e morre rico, é ben borrico.
  • Onde burros andan, alí escoucean.
  • Onde cai o burro dánselle os paus.
  • Onde canta un crego e ornea un burro, alí nunca falta un peso duro [16].
  • Onde canta un crego, moe un muíño e ornea un burro, nunca faltará un duro.
  • Onde os burros andan, alí escoucean.
  • Onde vai o burro vai a albarda.
  • ¿Onde vas Sindo? A levar este burro ao pilón.
  • Orneos de burro non chegan ó ceo.
  • Polo san Pedro, burro quedo.
  • Polo San Pedro, o burro quedo.
  • Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • Por algo Deus non lle deu cornos ós burros.
  • Por culpa do burro mallan na albarda.
  • Por non andar, ornear.
  • Porque un burro dea un couce non se lle ha corta-la pata.
  • Posto no burro, atura-las azoutas.
  • Prá boca do burro non se fixo o mel.
  • Prós enfermos do peito, o leite de burra é remedio feito.
  • Que queira que non queira, o burro ha de ir á feira.
  • Quen a burros favorece, couces merece.
  • Quen ós vinte anos non se casa, i ós trinta non ten casa, i ós corenta non é rico, ese é un borrico [17].
  • Quen perde o burro e atopa a albarda, iso gaña.
  • Quen ten burro e non vai nel, máis burro é el.
  • Se che dixeren dous que es burro, ornea.
  • Se non fora polo rabo empreñaba a burra.
  • Se os burros ornean moito, non sairás enxoito.
  • Se tódolos burros trouxeran albarda, os albardeiros moito gañaban.
  • Segundo sexa o burro, ten que ser a albarda.
  • Tres Xans e un Pedro fan estar o burro quedo.
  • Turra, turra, Xan, pola burra. Pedro non quero que son caballero.
  • Val máis burro ser, que con burros debater.
  • Val máis pequeno agudo que grande e burro.
  • Vale máis cativo agudo que grande burro.
  • Vale máis pan duro, que consello de burro [18]
  • Vezouse o burro nas verzas, e non deixou verdes nin secas.
  • Xogan os burros e páganas os arrieiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: comémolo.
  2. 2,0 2,1 2,2 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  3. Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  4. 4,0 4,1 4,2 Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  7. 7,0 7,1 7,2 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. pardal.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
  10. San Sadurniño, 19 de novembro.
  11. Probable erro por pau.
  12. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  13. Di a muller.
  14. Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  15. Por Ourense, as bromas do día dos inocentes non se celebran o 28 de decembro senón o primeiro de abril (día das petas). Elixio Rivas Quintas (1978).
  16. Eladio Rodríguez González, s. v. crego.
  17. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  18. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.