Refraneiro galego sobre o porco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abre o porco, verás o teu corpo
A todo porco chégalle o seu San Martiño
San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño.
  • A bo porco, boa landra [1].
  • A cada porco chégalle o seu San Martiño [2][3].
  • A cada porco lle chega o seu San Martiño [3].
  • A quen porcos lle faltan, touzas lle roncan [4].
  • A todo porco chégalle o seu San Martiño.
  • A todo porquiño lle chega o seu san Martiño.
  • A tódolos porcos lles chega o seu San Martiño.
  • Abre o porco, verás o teu corpo.
  • Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano [5].
  • ¡Alegría alegrote, que o rabo do porco está no pote!
  • Anaco de touciño pide trago de viño [6].
  • Ano acabado e porco cebado, son contento e regalo [7].
  • Ano de landras, ano de graxas [7][8][9].
  • Antes de pan viño, antes de viño touciño, e antes touciño que liño.
  • Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño [10].
  • Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño [10].
  • Ao lacón e ao touciño, grolos de viño [11].
  • As verzas quéroas untadas; as patacas, fariñentas e pra compango do porco, quero costelas salpresas [12].
  • Auga de maio, mata o porco de un ano.
  • Auga en maio mata o porco de un ano [13].
  • Ave por ave, o porco, se voase [14].
  • Bacoriño no celeiro non quer compañeiro [15].
  • Ben boa vida pasa o porco, e máis dorme no cortello [1].
  • Bicos de porco non chegan ó ceo.
  • Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres.
  • Cada porco ten o seu san Martiño [1].
  • Caldo sin grasa, pan sin tasa [16][17].
  • Ceba o porco dende agosto se queres que estea gordo [1].
  • Ceba o teu porco dende agosto se queres que teña bo lombo.
  • Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo [1].
  • Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco [1].
  • Coa axuda dos veciños, sóbense os gatos os touciños [6].
  • Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil [18].
  • Comer osos da soá, barba untada e barriga vá [19]
  • Comerás do porco e mudarás de acordo [1].
  • Comerciante e porco, despois de morto [1].
  • Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [1].
  • Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" e se o porco voara a todos lle ganara.
  • Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro.
  • De Lestrobe, nin bo porco nin bo home [20]
  • De pais porcos, fillos marranos [21].
  • De rabo de porco nunca bo virote [22].
  • Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría [23].
  • Día de santo Tomé, colle o porco polo pé [24].
  • Día de santo Tomé ó porco polo pé [1].
  • Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo [1].
  • Do mar, o salmón, e da terra, o lacón [25].
  • En abril, a sardiña val pernil [26].
  • En abril inda está o porco no cubil [27].
  • En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano [28].
  • En abril ronca o porco no cubil.
  • En agosto, o porco pon o entrecosto [29].
  • En maio o porco vai ó tallo.
  • En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
  • En martes, nin porco mates, nin churra botes que pitos saque [30].
  • En martes nin te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates [26].
  • En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes.
  • En martes non te cases, nin te embarques, ni o teu porquiño mates [30].
  • En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro.
  • Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos pros cás [31].
  • Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [32].
  • Fillo de porco, marrau de seguro.
  • Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura.
  • Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro [33].
  • Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can.
  • Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran [34].
  • Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira.
  • Nadal sen porco non veñan moitos.
  • Namentras capo non asubío [15].
  • No abril, mata o porco no cubil, e no maio mátao dun ano [27].
  • No mes de Santos sacha a horta e capa o rancho.
  • No mes dos mortos mata os teus porcos.
  • No mes dos Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bo caldo cos untos.
  • No mes morto nin sáche-lo horto nin cápe-lo porco.
  • No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
  • No san Martiño, porco e viño.
  • No san Xoán deixa o touciño e come pan.
  • No santo Tomé, agarra o porco polo pé.
  • Non dá morcilla o que non mata porco.
  • Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín.
  • Non quero bácoro que ande con chocallo [35].
  • Non se fixo o mel pró fuciño do porco [36].
  • Non ten entrecosto o que non mata porco [31].
  • Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco [7].
  • O boi e o leitón, en xaneiro crían riñón.
  • O caldo, engrolado, pros porcos é un bo bocado [17].
  • O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño [37].
  • Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño [3].
  • O cocho, no agosto pon o entrecosto [38].
  • O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [39][40].
  • O frío de abril mata o porco no cubil.
  • O frío de abril mata o porco no seu cubil [27].
  • O home e o porco non se conocen ata despois de morto.
  • Ó lacón e ó touciño, tragos de viño [41].
  • O máis ruín porco topa unha boa landra [1].
  • Ó matar o porco, praceres e xogos; ó comer as morcillas trouladas e risas; e ó pagar o porco, pesares e choros [1].
  • Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas; e ó pagar os diñeiros, doos choriqueiros.
  • O neno i o bacoriño, van a onde lle dan un bocadiño [42].
  • O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, millor [43]
  • Ó porco dalle de comer se o has de manter [1].
  • O porco de maio coa súa nai vai ó tallo.
  • O porco débelo manter se ti o has de comer [1].
  • O porco do mes de maio vai ó tallo.
  • O porco en agosto pon o entrecosto.
  • O porco i o sogro quixéraos mortos [1].
  • Ó porco i o xenro ábrelle a porta, que xa él virá cedo [1].
  • Ó porco manteno, e non lle contes o tempo [1].
  • O porco no agosto pon o entrecosto [1].
  • O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde [1].
  • O porco sarnento revolve o cortello [1].
  • O que non mata porco, non da morcilla nin entrecosto [1].
  • O que nunca tivo nada, e chega ter un cochiño, anda sempre pola rúa, currí, currí, currichiño.
  • O que nunca tivo nada, e agora ten un porquiño, anda todo o día, currichí, currichiño.
  • O que porco nace porco morre.
  • Ó que porcos lle faltan, touzas lle roncan.
  • O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto [31].
  • O que queira un bo entrecosto que o meta no mes de agosto.
  • O rico que queira empobrecer, que cebe porcos pra vender.
  • O sogro e o porco soio son bos despois de mortos.
  • O touciño fai o caldo [6].
  • Ó touciño, mételle tragos de viño [6].
  • Onde coidas que hai touciños, hai estacas [6].
  • Onde hai touciños non hai corres [6].
  • Onde pensas que hai touciños, non hai tornos pra colgalos [6].
  • Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
  • Os porcos e os grelos, peores se marelos.
  • Ós porcos non se lle dá, préstaselle.
  • Ósos de soán, barba untada e barriga en van.
  • Pola santa Lucía xa o caldo alumía.
  • Polo abril ronca o porco no cubil [27].
  • Polo san Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá.
  • Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
  • Polo san Andrés mata o teu porco coma o tes.
  • Polo san Andrés mata o teu porco como é.
  • Polo san Lucas, mata o teu porco e barra as túas cubas [1].
  • Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas [44].
  • Polo san Martiño, mata o teu porquiño.
  • Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño [3].
  • Polo san Martiño, mete o porco no cortelliño.
  • Polo San Miguel sabe o touciño a mel [45].
  • Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño [46].
  • Polo san Tomé colle o porco polo pé [1].
  • Polo san Tomé dálle ó porco polo pé.
  • Polo santo Tomé, dálle polo pé e se non é groso, nunca é.
  • Por san Andrés, agarra o porco polos pés; e se non o queres matar, déixao pra Navidá [1].
  • Por san Andrés, quen non ten porco, mata a muller.
  • Por San Andrés, toma o porco polo pé [47]
  • Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
  • Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño.
  • Por san Pedro, o cocho no medio.
  • Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas.
  • Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
  • Por Santos, sacha a horta e capa o rancho [48].
  • Porca de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro.
  • Porca no maio vale máis nos comenzos que no cabo [49].
  • Porco agostado é medio cebado.
  • Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro [1][50].
  • Porco de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro.
  • Porco fiado ronca todo o ano [1].
  • Porco fiado, inverno e verau malo [1].
  • Porco limpo nunca engorda [1].
  • Porco que está sen cebar non se debe matar [1].
  • Porco que se está cebando, non hai San Antón que poida gardalo [1].
  • Porcos e xenros, Dios os acerte.
  • Pra matar o porco tanto ten o día de santa Lucía como pró outro día.
  • Pra o porco e a galiña, que pase a Santa Mariña.
  • Pro ruín porco sempre hai unha boa castaña [1].
  • Quen porco nace, porco morre.
  • Quen soilo ten un porco faino gordo [1].
  • San Antón a san Roque meteulle preito porque ó seu porquiño traboullo o cadelo.
  • San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño.
  • San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
  • San Xoán come pan e san Andresiño touciño.
  • San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
  • Santa Lucía anda co porco á porfía.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
  • Santo Tomé, agarra o cocho polo pé.
  • Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
  • Se non matas porco, non terás entrecosto [1].
  • Se o deixaran, vendía o porco de san Antón [51].
  • Se o porco voara non houbera ave que coel se igualara.
  • Se queres colle-lo entrecosto, empeza a cebar en agosto.
  • Se queres graxiña, cébao na santa Mariña.
  • Se queres ter bo lombo, ceba o porco desde agosto.
  • Se queres ter un bo porco, cébao no mes de agosto.
  • Sempre ó porco máis ruín halle tocar unha castaña boa.
  • Sempre un porco ruín atopou unha belota boa [52].
  • Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Si comes porco en febreiro, frío polo invernadeiro.
  • Sol de xaneiro, porco ó bulleiro [53].
  • Tallada de touciño quer gulapo de viño [6].
  • Tanto dá touciño como soá [6].
  • Teña eu porcos anque non teña ollos [1].
  • Ti dona i eu dona, ¿quén botará o porco fóra? [54].
  • Tres anos hai que me casei, e que porco non matei: este ano, i o pasado i o ano que me casei [1].
  • Un porco é unha botica [1].
  • Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
  • Veñen os porcos do monte botarnos da nosa corte [1].
  • Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [46].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
  2. En sentido figurado, significa que ó final todo o mundo ten o seu merecido.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.
  4. Cando se busca algo con moito interese, calquera cousa nos fai pensar que xa o atopamos. Elixio Rivas Quintas (1978).
  5. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No texto: mayo, matô.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Eladio Rodríguez González, s. v. touciño.
  7. 7,0 7,1 7,2 Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  8. Real Academia Galega, s. v. ano.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. landra.
  10. 10,0 10,1 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  11. X. L. Franco Grande, s. v. lacón.
  12. No texto: berzas.
  13. Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  14. Eladio Rodríguez González, s. v. ave.
  15. 15,0 15,1 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  16. Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. caldo.
  17. 17,0 17,1 Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
  18. Elixio Rivas Quintas (1978). Define xarapada como chuvieira forte e fría.
  19. Eladio Rodríguez González, s. v. soá.
  20. Recollido por Anxo Angueira en Iria, Xerais (2012). Lestrobe é un lugar da parroquia e concello de Dodro.
  21. Elixio Rivas Quintas (1988).
  22. Eladio Rodríguez González, s. v. rabo.
  23. Santa María, 15 de agosto. O refrán refírese ó mexillón e outros mariscos e está relacionado co consello de non comer marisco nos meses con r, que comezan, precisamente, ó rematar agosto.
  24. Santo Tomé, 21 de decembro.
  25. Clodio González Pérez, 142.
  26. 26,0 26,1 Lino Lema Bouzas, 4.
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  28. Real Academia Galega, s. v. abril. No texto: mayo, matao, de un.
  29. Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No texto: pón.
  30. 30,0 30,1 Eladio Rodríguez González, s. v. martes.
  31. 31,0 31,1 31,2 Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto.
  32. Elixio Rivas Quintas (1978).
  33. Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro.
  34. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  35. Eladio Rodríguez González, s. v. bácoro.
  36. Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
  37. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  38. Real Academia Gallega, s. v. agosto.
  39. "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
  40. Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  41. Eladio Rodríguez González, s. v. lacón.
  42. Eladio Rodríguez González, s. v. neno.
  43. Eladio Rodríguez González, s. v. pato.
  44. Eladio Rodríguez González, s. v. San Lucas.
  45. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
  46. 46,0 46,1 Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  47. San Andrés, 30 de novembro.
  48. Eladio Rodríguez González, s. v. Santos.
  49. Chámase porca de maio ó temporal que adoita producirse nese mes (Elixio Rivas Quintas 1988).
  50. O fumeiro e a estrutura de paus ou táboas que se coloca na cambota da lareira para curar ou secar chourizos
  51. Disque este refrán se aplicaba a un crego moi amigo dos cartos.
  52. Porque a peor xente é a que máis sorte ten. Elixio Rivas Quintas (1978).
  53. Bulleiro é terra chea de lama.
  54. Eladio Rodríguez González, s. v. dona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • FRANCO GRANDE, Xosé Luís: Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo 1972.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.