A viuvez na cultura popular galega
Aparencia
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- A muller moza e viuda, soila pouco dura [1].
- A muller que se queda viuda e volve casar, unha débeda colle co demo e ela ten que pagar.
- A muller viuda non ten quen a sacuda [1].
- A pena da muller morta, chega hastra a porta [2].
- A viuva honrada ten a súa porta pechada.
- Á viuda o diaño que a sacuda.
- A viuda que moito chora ten gana doutra voda.
- Como Xan de Outeiro, que estivo tres días viúdo e durmiu dúas noites coa criada.
- De viuda tres veces casada non fíes nada.
- En caso de duda, a muller á viuda.
- Filla deshonrada, nin viuda nin casada [3].
- Fillo de viuda, ou mal criado, ou mal vezado [3].
- Home viúvo, cabalo picado.
- Mentras a viuva chora outros cantan na voda.
- Muller moza e viuda, pouco dura, porque se deixa comer de madura [1].
- O pranto da muller morta, non pasa da porta [1].
- O que ten moitas mulleres nunca enviuva.
- Viuda que non dorme, casar quer.
- Viuda rica, casada fica.
- Viuda rica, cun ollo chora e co outro repinica.
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- A rula disque é viuda,/ nunca pensa ser casada,/ nin pousar en pola verde/ nin beber en auga clara.
- Eu caseime por dúas veces,/ agora xa estou viudo; / cásate conmigo, nena,/ porque solo non aturo [4].
- Eu caseime unha vez,/ agora volvo a casare/ e casarei a terceira/ se é que chego a enviudare [5].
- Meniña, tu non te cases/ con home que enviudou,/ que xempre che está decendo:/ Muller que Dios me levou! [6].
- Os solteiros valen ouro/ i os casados valen prata,/ os viudos calderilla/ i os vellos folla de lata [7].
- Que contente estaba eu/ o día que me casei,/ mais aínda o estou máis/ desque viuda quedei [8].
Adiviñas
[editar | editar a fonte]- San Luís ten na frente,/san Miguel ten atrás,/as doncelas ten no medio,/as viúvas non ten máis [9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pena.
- ↑ 3,0 3,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 80. No orixinal: duas.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 80.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 96.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 126.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 136. No orixinal: estóu, quedéi.
- ↑ Gárfer e Fernández; no orixinal: meio, mais. Solución: a letra L.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ed., Madrid 1984.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.