A manteiga na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muller elaborando manteiga

A seguir recóllese a pegada da manteiga na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Refraneiro popular[editar | editar a fonte]

  • A muller e a manteiga, adobalas pra levalas á feira.
  • A veiga e a manteiga, a bondade tena na veiga
  • Época da castañeira, villotes, pan e manteiga.
  • Na cama do can non cates /busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga.
  • No bico /niño do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela vaias cata-la manteiga.
  • O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
  • Queixo de ovella, leite de cabra e manteca de vaca.
  • Se os penedos de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga i o río de Ouro viño mouro, non habería terra como a do Vale de Ouro.[1]
  • A muller e a manteiga adóbanse prá feira.
  • A veiga e a manteiga, a bondá ten á beira.

A manteiga e a tona[editar | editar a fonte]

  • A muller que come a nata non pode ter a manteiga.
  • A muller que come /vende a nata non ten sorte na manteiga.
  • A muller que vai á nata non ten parte na manteiga.
  • Non hai pior vicio que o leite con tona e pantrigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fai referencia a localidades do norte da provincia de Lugo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]