O toxo na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gomos da flor do toxo.jpg

Locucións[editar | editar a fonte]

  • Ser coma un toxo arnau, ser áspero no trato.
  • Todo é toxo e por rozar, non hai onde escoller.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Ao entrar o mes de agosto, ponse o inverno tras do toxo.
  • As soberbias non caen nos toxos.
  • Besta vella botala ós toxos [1].
  • En agosto está a auga tras do toxo [2].
  • Moitas chorimas no toxo, moita boroa polo forno.
  • O toxo sempre che é toxo por floreado que estea.
  • Ovella que anda entre toxos, algunha la deixa neles.

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

  • A folla do toxo pica,/ tamén pica a do codeso;/ quen me a min quer, non o quero,/ i a quen eu quero non vexo [3].
  • A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrigar;/ os amoriños pirmeiros/ son moi malos de olvidar [4].
  • A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrincar,/ os amoriños primeiros/ son moi malos de olvidar [5].
  • A Santa Virxe do Viso/ tan alta se foi a pór,/ entre toxos e carqueixas,/ carballiños darredor [6].
  • Anque che son de entre toxos,/ criada nas carrasqueiras,/ tamén sei beber o viño/ como as mozas das ribeiras [7].
  • Arriba raposo,/ que estás tras do toxo,/ non comas o año/ a Pedro Castaño/ que vai na ribeira/ catar a manteiga/ pra a vella parida/ que está na silveira/ con feixe de estelas/ queimando as canelas. </ref>.
  • Fun ó monte por sardiñas,/ fun ó mar cargar de toxo,/ polo monte fun nadando,/ polo mar nun burro coxo [8].
  • Haber, heiche mandar unha,/ por detrás dun pau de toxo/ ¡e non me has de negar/ que es filla dun piolloso!. </ref>.
  • Haber, heiche mandar unha/ por detrás dun pau dun toxo/ e tu non has de negar/ que es filla dun piolloso [9].
  • María berrou con Chuco/ na carballeira de abaixo,/ porque lle picaba un toxo/ que levaba no refaixo.</ref>.
  • Meu pai e miña nai choran/ porque non sei traballar,/ agora xa vou sabendo/ coller toxos pra picar [10].
  • Miña Virxe da Peneda/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e penedos,/ carballiños darredor [11].
  • Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor [12].
  • Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo [13].
  • O amor que che eu teño/ e mais o que che hei de ter/ caiben na folla dun toxo/ e mais non a han de encher [14].
  • O cariño que che teño/ e mais o que che hei de tomar/ caiben na folla dun toxo/ e de elí inda ha sobrar [15].
  • Para cuñas, pau de toxo/ para fungueiros, carballo/ para conserva-las verzas unha mañá de orballo.
  • Paxariño millarengo,/ ponte na punta dun toxo;/ moito gusto a mi me dan/ as nenas de pelo roxo [16].
  • Paxariño millarengo,/ ponte na punta dun toxo;/ toma, lévalle esta carta/ ás nenas de pelo roxo [17].
  • Todo polo río arriba,/ polo río arriba hai toxos;/ no lugar de Baldemir/ no’hai onde pousa-los ollos [18].
  • Vaite á merda, vaite á merda,/ por riba dun pau de toxo/ que anda decindo a xente/ que eres fillo dun piolloso [19].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  2. Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández, 32.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández, 45. No orixinal: raiz.
  5. Álvaro das Casas, en Nós 95, 15.11.1931, 216.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández, 46. Ademais da Virxe do Viso, en Redondela, hai moitos outros lugares con este nome. As cantigas que recolle Xaquín Lorenzo na Limia Baixa refírense á ermida de Nosa Señora do Viso, na parroquia de San Vicente de Lobeira.
  7. Real Academia Galega 1913. No orixinal: tojos.
  8. Lino Lema Bouzas, 15.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 86. No orixinal: de un, és.
  10. Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 193. No orixinal: por que.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Refírese ó Santuario portugués de Nosa Señora da Peneda, en Arcos de Valdevez, moi próximo á fronteira con España.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 103.
  13. A Torre é un lugar de Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía. Fermín Bouza-Brey 1929, 160.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 114. No orixinal: e máis, nona.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: e máis.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 130. No orixinal: de un, dán. O millarengo é un paxaro máis coñecido como liñaceiro (Carduelis cannabina).
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 130. No orixinal: de un.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 155. No orixinal: rio, pousalos. Baldemir é lugar de San Xes de Vilariño, concello de Lobeira.
  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 182. No orixinal: â m... (por eufemismo), de un.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]