Saltar ao contido

Ponte Maior de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte Maior de Ourense
Ourense Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Características
 Material / ingrediente
Datas
 Inauguración
1230 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Seguinte cruzamento cara abaixo
Cifras e dimensións
Altura38 m Editar o valor en Wikidata
Anchura5 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude370 m Editar o valor en Wikidata
Nº de arcos7 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Atravesa
 Coordenadas
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
Data6 de abril de 1961
IdentificadorRI-51-0001283
Códigos e identificadores
Freebase/m/0wdxzgm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 27849
Wikidata C:Commons

A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como ponte Romana ou ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense. Por ela discorre o Camiño de Santiago.

Ten a súa orixe no século I, cando formaba parte dun ramal da vía XVIII do Itinerario de Antonino, tamén chamada Vía Nova. A situación estratéxica da ponte como nó de comunicacións no centro da Gallaecia aumentou durante os séculos posteriores, contribuíndo ao desenvolvemento da vila.

Conserva sete arcos dos once orixinais. Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos, renovado entre 1230 e 1449,[1] até que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco Agüero deu á ponte o aspecto actual,[2] indiscutiblemente medieval a pesar de manter elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio. Durante moito tempo o arco central da ponte Maior, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España.

A mediados do século XIX, coa apertura da estrada Villacastín-Vigo derrubouse a torre existente na ponte que figura no escudo da cidade. O 19 de febreiro de 1844 tivo lugar unha crecida do río, e deixouse constancia na ponte coa inscrición alta de la avenida de 19 de fb de 1844.[3] Foi declarado monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961, publicada no BOE o 18 de abril dese mesmo ano. Trala súa peonización en 1989 é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a catedral de San Martiño.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Enciclopedia Universal Micronet S.A. 1995-2006.
  2. Galegos.info
  3. Rafael Salgado (28 de xaneiro de 2022). "Ourense no Tempo - Las riadas en la ciudad". La Región (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]