O Bolo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | O Bolo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 806 (2023) (8,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 91 km² | ||||
Altitude | 785 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Corzo | ||||
Eleccións municipais no Bolo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32373 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32015 | ||||
Sitio web | obolo.es |
O Bolo (do latín bullum, 'outeiro')[1] é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O xentilicio é bolés.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo rotal | 1013 (2014) |
Menores de 15 anos | 53 (5,23 %) |
Entre 15 e 64 anos | 459 (45,31 %) |
Maiores de 65 anos | 501 (49,45 %) |
Evolución da poboación do Bolo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5204 | 5550 | 5285 | 3151 | 1286 | 1117 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.
Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira. Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.
A estrada C-533 enlaza o concello coa autovía A-52 e coa estrada N-120.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.
Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.
Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult. En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe -de planta cadrada-, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.
O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.
A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.
En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.
Economía
[editar | editar a fonte]Na economía local destaca o sector primario. Dentro do sector vitícola hai viños da Denominación de Orixe Valdeorras.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do Bolo.
-
O Bolo.
-
Cruceiro no Santuario de Nosa Señora das Ermidas.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Bolo
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Bolo vexa: Lugares do Bolo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (20/07/22). Viana do Bolo - O Seminario de Onomástica responde (Youtube).
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Bolo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.obolo.es Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., páxina oficial do concello.