Museo finlandés do hóckey sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028

Museo finlandés do hóckey sobre xeo
Suomen Jääkiekkomuseo
Coordenadas61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo especial
Inauguración1979 (no Tampereen jäähalli)
2000 (no Museokeskus Vapriikki)
Na rede
http://www.jaakiekkomuseo.fi/
editar datos en Wikidata ]

O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 trasladouse ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.[1]

O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente o museo encontrábase nun espazo dentro do Tampereen jäähalli.

O museo do hóckey sobre xeo finlandés fundouse en 1978,[3] se ben abriu as súas portas por primeira vez en Tampere o 13 de decembro de 1979 no Tampereen jäähalli[a] e parte dos obxectos expostos orixinalmente foran exhibidos nunha exposición a principios dese mesmoo ano na mesma cidade sede da entidade bancaria Tampereen Aluesäästöpankin (traducible ao galego como "Caixa de Aforros Regional de Tampere") como parte das celebracións do 50º aniversario da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo (Suomen Jääkiekkoliito).[4] Os fundadores do museo foron Harry Lindblad, Juhani Linkosuo, Aarne Honkavaara, Usko Teromaa, Kalervo Kummola e Kimmo Leinonen.[5]

Usko Teromaa era xerente da pista de xeo de Hakametsä e con el o museo instalouse no estadio, primeiro nun pequeno espazo no andar do corredor que co tempo acabaría aumentando no andar inferior. Kalervo Kummola pola súa banda tivo como función principal nos inicios do museo a recadación de fondos, que sería tan exitosa que a nova institución non precisou dun empréstamo bancario durante a fase de posta en marcha[6]

En 1985 Kimmo Leinonen regresou a Finlandia dende América do Norte traendo a idea de crear un salón da fama no que homenaxear ás persoas mais relevantes da modalidade no país.[6]

O ex xogador Aarne Honkavaara xogou un importante papel durante os primeiros anos de existencia do museo.

Durante os anos nos que permaneceu no estadio de Hakametsä mantívose de xeito modesto e grazas á axuda de persoas desinteresadas, entre as que salientou a figura do ex xogador Aarne Honkavaara e a súa familia. Nos seus inicios o museo abría unha hora antes dos partidos da SM-liiga, e outros días con cita previa.[4]

En 2001 o museo trasladouse ao Centro Museístico Vapriikki.

En 2001 o museo trasladouse ao Centro Museístico Vapriikki, co que o conseguiu ampliar as súas instalacións cun espazo de 440 metros cadrados que,[3] con todo seguen a ser insuficientes para acoller todos os materiais cos que conta, o que levou a expoñer a posibilidade de trasladalo museo a unha nova localización, unha posibilidade que o presidente da xunta do museo recoñeceu durante a celebración do 40º aniversario da institución en 2019.[6]

En 2014 o museo presentou unha nova exposición principal que contou con, entre outras pezas, o anel de campión da National Hockey League (NHL) de Ville Nieminen, así como obxectos da súa colección non exhibidos ata o momento.[7]

O 14 de outubro de 2017 o museo presentou unha exposición principal completamente renovada, sendo a terceira dende o seu traslado a Vapriikki. Na nova exposición renovada o público puido ver algúns dos galardóns máis importantes entregados na competición doméstica.[8] Concidindo coa apertura da nova exposición realizouse a cerimonia de introdución das novas personalidades do salón da fama. Esta foi a primeira vez que o museo acolleu a cerimonia de nomeamento, na que os "leóns" Veli-Pekka Ketola e Jari Kurri entregaron os premios.[3]

Camisolas de algúns dos equipos da Liiga, a máxima competición do hóckey finlandés.

O 8 de marzo de 2020, coincidindo co 20º aniversario da segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino finlandés, a Mestis, o museo organizou un día temático sobre a competición, na que o público puido familiarizarse cos equipos, os xogadores e os trofeos, e que culminou cunha competición de tiro no simulador do museo.[9]

O 26 de xaneiro de 2021 inaugurou unha exposición adicada ao equipo de Tampere Ilves con motivo do seu 90º aniversario.[10]

En 2022, de cara á celebración en Tampere e Helsinqui do Campionato do Mundo dese ano, a exposición principal foi renovada, e durante o evento o número de visitantes aumentou, e o público do museo foi máis internacional.[11] A exposición procurou a sustentabilidade empregando, entre outras cousas, vitrinas vellas modificadas para que se viran diferentes e a principios dese mesmo ano anunciouse que o museo abriría un espazo destinado a exposicións temporais.[2]

Colección[editar | editar a fonte]

A Kanada-malja, entregada ao equipo campión de Finlandia, é unha das pezas máis importantes do museo.

Pirkko Linkosuo, a filla de Juhani Linkosuo, un dos membros fundadores do museo, recibuiu de seu pai o encargo de procurar obxectos e recordos para o museo. O seu labor poñéndose en contacto con persoas e entidades de toda Finlandia axiña deu froitos e axiña conseguíronse obxectos para a colección.[6]

Sección do museo adicada ao hóckey feminino na exposición de 2017-2022.

A colección do museo inclúe 300 000 fotografías, 30 000 obxectos e unha colección de 700 camisolas.[12] Entre os obxectos da colección encóntrase a Kanada-malja (Copa Canadá) orixinal,[b][13] ou as Copa do Mundo conquistada pola selección masculina de Finlandia en 1995, 2011 e 2019, que son os obxectos máis atractivos para o público, e entre as pezas máis valiosas dos fondos do museo encóntrase a primeira camisola a raias verdes e negras de Ilves.[11][14] As pezas da colección viaxan pola historia do hóckey sobre xeo finlandés, amosando o ser rápido desenvolvemento ata converterse no deporte máis popular do país nórdico, e a mayor parte delas foron donadas ou emprestadas, como os aneis de campión da Stanley Cup de Esa Tikkanen e Ville Nieminen.[14]

A exposición conta tamén cunha sección adicada ao deporte feminino,[15] se ben esta é comparativamente moi reducida.

Salón da Fama (Suomen Jääkiekkoleijonat)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Suomen Jääkiekkoleijonat.
Os Suomen jääkiekkoleijonat, o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés.

No museo tamén se atopa o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés, denominado Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego "leóns do hóckey sobre xeo finlandés"), creado en 1985 por iniciativa de Kimmo Leinonen, que acababa de regresar a Finlandia dende América do Norte. No "Salón da Fama" homenaxéase ás persoas máis relevantes do hóckey sobre xeo finlandés, tanto xogadoras e xogadores, como adestradoras e adestradores, árbitras e árbitros, así como outras personalidades que influíron non desenvolvemento do hóckey sobre xeo en Finlanda.[16][6]

Inicialmente introducíronse 36 persoas, o número máis alto ata o momento,[17] máis na actualidade cada ano só poden ser elixidas entre cero e seis persoas.[16]

Exposicións temporais[editar | editar a fonte]

Distintos obxectos de Ilves durante a exposición temporal con motivo do 90º aniversario do equipo de Tampere.
  • Erotuomarin rooli e Hakametsä (2021–2022)[18]
  • Ilves 90 vuotta (2021)[19]
  • Aarne Honkavaara 1924–2016 e Nuoret Leijonat 2016 (2016–2017)[20]
  • Maskit (2015–2016)[21]
  • Urheiluidolit – Suomalaisen urheilumaailman idoleita ja fanikulttuuria (2014–2015)[22]
  • Jäänmurtaja Jari Kurri – Palkintoja legendaariselta uralta (2013–2014)[23]
  • Pekka Marjamäki 1947–2012 (2013)[24]
  • Teräsmies Teppo Numminen – Neljän vuosikymmenen puolustaja (2011–2012)[25]
  • Pelin henki – Jukka Raution valokuvia (2009–2011)
  • Leijonakultaa! Suomi jääkiekon maailmanmestari 1995 (2006–2008)[26]
  • Kohotetaan Kanada-malja! – Jääkiekon SM-liiga 1975–2005 (2005–2006)[27]
  • Lätkässä kortteihin – Suomalaisia jääkiekkokortteja 1965–2004 (2004–2005)[28]
  • Kotijäät kutsuvat – Suomessa järjestetyt jääkiekon MM-kisat (2003)[29]
  • Leijonat olympiakaukalossa 1952–2002 – 50 vuotta suomalaista olympiakiekkoa (2002) (en colaboración cos museos de Tampere e o Museo do Deporte)[30]

Empresas asociadas[editar | editar a fonte]

O museo ofrece ás empresas a posibilidade de facerse socias do museo, o que lles permite por exemplo realizar eventos no museo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén coñecido como Hakametsä, o nome do distrito no que se encontra.
  2. A Kanada-malja é o trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs da máxima categoría do hockey sobre xeo finlandés, a SM-liiga.
Referencias
  1. "Museum Centre" (en inglés). vapriikki.fi. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Runsas, Jari (2 de xaneiro de 2022). "JÄÄKIEKKOMUSEO AVAA UUDEN NÄYTTELYN APRILLIPÄIVÄNÄ". Tampereen Kauppakamari Lehti (en finés). Consultado o 23 de xuño de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "JÄÄKIEKKOMUSEO SIIRTYI UUTEEN AIKAKAUTEEN" (en finés). Suomen Jääkiekkohistoriallinen Seura. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Suomen Jääkiekkomuseo täyttää 40 vuotta" (en finés). Vapriikki. 10 de decembro de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  5. "Suomi-kiekon merkkipaaluja" (en finés). Liiga e Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Laakso, Mika (14 de decembro de 2019). "Suomen Jääkiekkomuseo täytti 40 vuotta, tulevaisuudessa yhä enemmän digitaalisia palveluita luvassa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  7. "Suomen jääkiekkomuseo" (en finés). Vapriikki. 2014. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  8. "Suomen jääkiekkomuseo" (en finés). menoinfo.fi. 2017. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  9. "Jääkiekkomuseossa on Mestis-meininkiä" (en finés). Vapriikki. 4 de marzo de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  10. "Ilves 90 -näyttely Jääkiekkomuseossa" (en finés). VisitTampere.fi. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 Kujansuu, Valtteri; Sirén, Anna (23 de maio de 2022). "Suomen jääkiekkomuseo ikuistaa jo nyt yhä käynnissä olevia kotikisoja – yllättävätkin asiat voivat muodostua vetonauloiksi". Yle.fi (en finés). Consultado o 23 de xuño de 2022. 
  12. "KOKOELMAT" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  13. "NÄYTTELY" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  14. 14,0 14,1 "Suomen jääkiekkomuseo on lätkäfanin paratiisi" (en finés). jalkipeli.net. 20 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2022. 
  15. "Suomen Jääkiekkomuseo" (en finés). visittampere.fi. Consultado o 23 de xuño de 2022. 
  16. 16,0 16,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  17. "SUOMEN JÄÄKIEKKOLEIJONAT". JÄÄKIEKKOKIRJA 2022 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 584. 
  18. "Erotuomarin rooli -näyttely nyt Jääkiekkomuseossa – Pienoisnäyttely kunnioittaa Hakametsän jäähallia" (en finés). Leijonat.fi. 15 de setembro de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  19. Suonsyrjä, Vesa (3 de febreiro de 2021). "Jääkiekkomuseossa nähtävissä Ilves 90 vuotta näyttely!" (en finés). Ilves. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  20. "Jääkiekkomuseossa avautuu kaksi pienoisnäyttelyä" (en finés). Vapriikki. 11 de abril de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  21. "Maskit" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  22. "Urheiluidolit" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  23. "Valokuva Jäänmurtaja Jari Kurri - Palkintoja legendaariselta uralta -näyttely Jääkiekkomuseossa" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  24. "Valokuva Pekka Marjamäki 1947-2012" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  25. "Näyttelykalenteri". Museoon! (en finés) (Cidade de Tampere): 27. 2011. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  26. "Arkistoidut näyttelyt 2009-2005" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  27. "Jääkiekkomuseossa kohotetaan Kanada-maljaa". mtvuutiset.fi (en finés). 21 de abril de 2005. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  28. "Lätkässä kortteihin - suomalaisia jääkiekkokortteja 1965-2004". Turun Sanomat (en finés). 25 de setembro de 2004. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  29. "MM-pokaali esillä Tampereen jääkiekkomuseossa". mtvuutiset.fi (en finés). 16 de setembro de 2002. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  30. "Aarne Honkavaara: Oslon olympiakaukalossa ei kahvattu". mtvuutiset.fi (en finés). 15 de febreiro de 2002. Consultado o 26 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]