Porin Ässät
Porin Ässät | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1967 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Isomäki Areena (6.350 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 3: 1971, 1978, 2013 |
Propietario(s) | ![]() |
Director | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Cores | Vermello, negro e branco |
Na rede | |
http://www.assat.com/ |
O Porin Ässät, ou símplemente Ässät, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pori (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en dúas ocasións (1971 e 1978), se ben só o segundo título foi coa actual denominación. Xoga os seus partidos como local no Isomäki Areena, un pavillón con capacidade para 6.350 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
O equipo foi fundado en 1967 pola fusión de dous equipos locais, o Porin Karhut e o RU-38, e ese mesmo ano chegaría o primeiro título do club tras proclamouse campión da Suomen Cup logo de impoñerse na final ao SaPKo de Savonlinna por sete goles a cero.[1] O nome completo da compañía que xestiona o club na actualidade é HC Ässät Pori Oy.[2] Gañou o campionato finlandés en tres ocasións (1971, 1978 e 2013), e conseguiu outras moitas medallas, sendo a última a medalla de prata conseguida en 2006. Ademais o Karhut e o RU-38 gañaron unha vez cada un o campionato.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 3 SM-liiga: 1971, 1978 e 2013[3][4]
- 1 Suomen Cup: 1967
- 1 I-divisioona: 1990
Xogadores[editar | editar a fonte]
Números retirados[editar | editar a fonte]
- 2 Antti Heikkilä
- 4 Arto Javanainen
- 11 Raimo Kilpiö
- 12 Tapio Levo
- 13 Veli-Pekka Ketola
- 89 Jaroslav Otevrel
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Championnat de Finlande 1966/67. Coupe de Finlande 1967" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Ässät" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Elite Prospects - Liiga". www.eliteprospects.com (en inglés). Consultado o 2022-05-05.
- ↑ "Elite Prospects - SM-sarja". www.eliteprospects.com (en inglés). Consultado o 2022-05-05.