Museo Finlandés dos Xogos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583

Museo Finlandés dos Xogos
Suomen pelimuseo
Suomen Pelimuseo 5.jpg
Entrada ao museo
Coordenadas61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
Inauguración2017
Sitio Websuomenpelimuseo.fi
editar datos en Wikidata ]

O Museo Finlandés dos Xogos (en finés Suomen pelimuseo) é un museo situado na cidade de Tampere (Finlandia), e integrado dentro do Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). Abriu as súas portas en xaneiro de 2017.[1] O museo xurdiu da colaboración entre a Cidade de Tampere, o Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación, Pelikonepeijoonit e a Universidade de Tampere.[2] É o primeiro museo permanente finlandés relacionado cos xogos.

O principal foco do museo son os xogos dixitais, pero tamén se amosan xogos de mesa e xogos de rol.[1] Pelikonepeijoonit, un grupo de entusiastas coleccionistas de máquinas de xogo dende a década de 1990 entregou a súa colección ao museo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Suomen pelimuseo" (en finés). Suomen pelimuseo. Consultado o 10 de febreiro de 2021. 
  2. "Mikä on Suomen pelimuseo?" (en finés). Suomen pelimuseo. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2021. 
  3. "Suomen pelimuseo" (en finés). Mesenaatti.me. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]