Parque da igrexa de Pyynikki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 61°29.8′N 023°46.9′L / 61.4967, -23.7817

Parque da igrexa de Pyynikki
Vista do parque e as lápidas que aínda se conservan nel.
TipoloxíaParque
Localización
LocalidadeTampere

O parque da igrexa de Pyynikki (en finés como Pyynikin kirkkopuisto), anteriormente chamado parque de Alexandre (en finés Aleksanterin kirkkopuisto),[1] é un parque situado no barrio de Kaakinmaa ao redor da igrexa de Alexandre, no centro da cidade de Tampere (Finlandia).

O parque está situado onde orixinalmente se encontraba o antigo cemiterio da cidade, fundado en 1785, e que foi o primeiro da cidade. Na década de 1880 o cemiterio caeu en desuso cando se finalizou a construción do novo cemiterio de Kalevankangas en 1880. Ese mesmo ano comezou a construción da igrexa de Alexandre entre o cemiterio e a Esplanada, cuxa primeira pedra se colocou o 2 de marzo de 1880.[2].

En 1813 plantáronse os bidueiros no cemiterio[1] pero a principios da década de 1880 o xardineiro da cidade Karl Johan Gauffin deseñou un novo parque ao redor da nova igrexa, onde entre outras plantáronse sauces prateados, alerces siberianos e olmos. Na época do seu sucesor Onni Karsten o parque foi renovado en 1898, reducindo o número de árbores e construíndo novos accesos.[3][1] Aínda que o cemiterio é un parque dende hai máis de cen anos, aínda se conservan numerosas tumbas antigas.

Durante a guerra civil en 1918, excavouse unha fosa común ao carón da igrexa, na que se enterraron aos vermellos executados. As tumbas non están marcadas e sobre elas pasan corredores do parque.[4] Con todo, de acordo con algunhas investigacións, esta información non é correcta.[5]

No parque crece o lárice europeo máis groso de Finlandia, que ten unha circunferencia de 457 centímetros.[1]

Personalidades enterradas no parque[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Pyynikin kirkkopuisto" (en finés). Cidade de Tampere. 22 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2016. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  2. "Aleksanterin kirkko" (en finés). Tampereen kaupunki. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  3. Siitarinen, Eila (1999). Tampereen puistot 125 v. (PDF). Tampereen kaupungin puistoyksikkö (en finés). pp. 12–13. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2017. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  4. Ylikangas, Heikki (=1993). Tie Tampereelle : 1918 : dokumentoitu kuvaus Tampereen antautumiseen johtaneista sotatapahtumista Suomen sisällissodassa (en finés). Porvoo: W. Söderström. ISBN 9789510188972. 
  5. Drufva, Juha (24 de agosto de 2012). "Onko Pyynikillä teloitettujen punaisten joukkohauta?". Kansan Uutiset (en finés). Consultado o 21 de abril de 2021.