Pyynikin kesäteatteri
Pyynikin kesäteatteri | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | teatro ao ar libre ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1948 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Finlandia | |||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | |||
Rexión | Pirkanmaa | |||
Concello | Tampere ![]() | |||
Localización | Pyynikki (en) ![]() ![]() | |||
Enderezo | Jalkasaarentie 3 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | pyynikinkesateatteri.fi ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Pyynikin kesäteatteri (en galego Teatro de Verán de Pyynikki) é un teatro ao aire libre situado no barrio de Pyynikki da cidade de Tampere, Finlandia. Especialmente coñecido polo seu auditorio xiratorio, é un dos teatros ao aire libre máis grandes de Finlandia e o que máis tempo leva en funcionamento do país.
Foi fundado polos actores Yrjö Kostermaa e Toivo Mäkelä, entrando en fncionamento en 1948 baixo o nome de Tampereen Kesäteatterin (en galego "Teatro de verán de Tampere") en Joselininniemi á beira do lago Pyhäjärven, onde aínda se celebran as representacións na actualidade. En 1955 o Club de Teatro de Tampere converteuse no seu responsable, mudando nese momento o seu nome pola súa denominación actual.
En 1959 completouse o auditorio xiratorio de 792 localidades obra de Reijo Ojanen.[1] Se ben na segunda metade da década de 1950 o teatro experimentara un notable crecemento, foi na década seguinte cando se produciu un auténtico avance logo de que a adaptación teatral do libro de Väinö Linna Tuntematon sotilas gañara unha gran popularidade que a levou a permanecer en cartel durante unha década. A partir de 1972 o Pyynikin kesäteatteri pasou a representar unha soa obra durante o verán.
Entre as décadas de 1980 e 1990 o teatro experimentou un período de transición logo das mortes de Olavi Veistäjä e Veli Sandelli, que tiveron unha grande influencia no Club de Teatro de Tampere. A institución liderada inicialmente por Rauli Lehtonen, a quen sucederon o profesor Panu Rajala.[1]
A mediados da década de 1990 reformouse o auditorio xiratorio, aumentando a súa capacidade ata os 836 asentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Historia" (en finés). Pyynikin kesäteatteri. Consultado o 13 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pyynikin kesäteatteri |