Saltar ao contido

Jokerit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jokerit
Fundación27 de outubro de 1967
CidadeFinlandia Helsinqui, Finlandia
EstadioVeikkaus Arena
Helsingin jäähalli
Capacidade13 349
8 200
LigaMestis
CampionatosSM-liiga/SM-sarja (6)
Propietario(s)Jokerit Helsinki Oy
DirectorFinlandia Mikko Saarni
AdestradorFinlandia Tomek Valtonen
Cores              
Violeta eléctrico, verde turquesa e branco
Na rede
http://www.jokerit.fi
Facebook: helsinginjokerit Twitter: jokerithc Instagram: jokerithc Youtube: UC8ZqglB5hpQ9kuQI1-5mxwA Editar o valor en Wikidata

Os Helsingin Jokerit, ou sinxelamente Jokerit, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Uusimaa (Finlandia). Competiu de xeito ininterrompido na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende 1989 ata 2014, competición que gañou en seis ocasións (cinco dende que adoptou a denominación actual). Entre 2014 e 2022 competiu na Kontinental Hockey League (KHL), sendo o primeiro equipo nórdico en disputar a competición.[1] Dende a tempada 2023-24 compite na liga Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia, e xoga os seus partidos como local principalmente no Veikkaus Arena, pavillón con capacidade para 13 349 persoas, aínda que tamén disputa algúns partidos no Helsingin jäähalli, con capacidade para 8 200 persoas.

Artigo principal: Historia dos Jokerit.

Fundación

[editar | editar a fonte]
Os xogadores da sección de hóckey sobre veo do Töölön Vesa Veikko Haapakoski, Pentti Simola e Kai Halimo no período 1955-1964.

O Jokerit de Helsinqui foi fundado o 10 de outubro de 1967,[a] cando se celebrou a xunta constitutiva do club na que o empresario da construción Aimo Mäkinen e os pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen asinaron a carta fundación. O novo equipo naceu sobre a base do Töölön Vesa, un club polideportivo que xa existía na capital finlandesa que debido ás dificultades económicas tivo que suprimir a súa sección de hóckey sobre xeo. Segundo as mesmas novas, Mäkinen mercou o club, asumiu a súa débeda e todos os xogadores do Vesa, liderados polo xogador estrela Timo Turunen foron traspasados a Jokerit.[3][4][5] O primeiro partido do novo equipo tivo lugar o 10 de novembro, cando se enfrontaron a Upon Pallo da máxima categoría nun encontro de adestramento, que se saldou coa vitoria de Jokerit (4-3) ante case 700 persoas.[6]

O público en xeral non coñeceu a nova da fundación do novo equipo ata o 6 de novembro dese mesmo ano, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou a primeira noticia sobre o novo equipo de hóckey sobre xeo. Segundo Seppo Aalto, quen escribiu a historia do club, é algo irónico que as novas sobre Jokerit apareceran precisamente ese día, o "día de Suecia" nun xornal en sueco, xa que o tema lingüístico ten sido motivo de controversia no hóckey sobre xeo da capital finlandesa.[5]

Nova etapa na KHL

[editar | editar a fonte]
Jokerit durante un partido da KHL no Hartwall Arena fronte ao Slovan Bratislava en novembro de 2014.

O 28 de xuño de 2013, Harry Harkimo convocou unha rolda de prensa na que comunicou que vendera o Hartwall Areena, o pavillón onde o equipo xoga os seus partidos como local, ao empresario ruso-finlandés Gennady Timchenko (presidente do SKA San Petersburgo), Arkady Rotenberg (presidente do HC Dynamo Moscova) e Boris Rotenberg (copropietario do SKA), xunto cunha opción para comprar unha parte do equipo logo da tempada 2013-14 .[7] Timchenko, xunto cos Rotenberg, teñen dobre nacionalidade rusa e finlandesa. Tamén anunciouse que o club deixaría a SM-liiga despois da tempada 2013-14 e comezaría a tempada 2014-15 da Kontinental Hockey League (KHL).[8][9] Harkimo seguiría a ser o propietario maioritario e xerente do equipo,[10] mentres que Jari Kurri foi nomeado novo director xeral.[11]

Deste xeito, o Jokerit convertíase no 29º equipo da KHL,[12] e deixaba a máxima competición finlandesa no medio das protestas da liga e mesmo de sectores dos seus propios seareiros.[13] A nova da marcha do club á KHL provocou tamén o descontento nos demais clubs da SM-liiga, e mesmo algúns ameazaron ao Jokerit con impedirlle participar na tempada 2013-14 se se unía á KHL, xa que a marcha do equipo de Helsinqui comportaría para os demais clubs numerosas perdas de ingresos por entradas e dereitos de televisión. Finalmente especulouse con que o Jokerit debería pagar aos outros clubs da SM-liiga 5 millóns de Euros como compensación, se ben os termos finais do acordo non foron revelados.[14]

Saída da KHL (2022)

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2022, ante a escalada de violencia no leste de Ucraína, xurdiron presións para que Jokerit abandonara a KHL. O martes 22 de febreiro o grupo de seareiros Eteläpääty esixiu que o equipo deixara a competición de xeito inmediato. O director executivo da entidade, Sami Kauhanen, sinalaba entón que Jokerit tiña acordos e obrigas coa liga que debían cumprir.[15][16] Segundo o comentarista deportivo ruso Lev Lukin, entre os motivos de Jokerit para non abandonar a KHL estarían o feito de competir na mellor liga de Europa e que o seu estadio, Hartwall Arena, pertence a Gennady Timchenko e á familia Rotenberg dende 2013, polo que o equipo non podería seguir xogando no estadio.[17] Coincidindo co inicio da guerra en Ucraína o 24 de febreiro, varias empresas colaboradoras de Jokerit anunciaron o fin da súa cooperación co equipo a causa da situación en Ucraína, e a empresa Hartwall, principal patrocinador do estadio, anunciou que estaba a valorar se retiraba o seu apoio.[18] Na mañá do 25 de febreiro o equipo emitiu un comunicado no seu sitio web no que anunciaba que suspendía a tempada 2021-22, afirmando que "na situación mundial actual, continuar coa tempada tería sido imposble". O anuncio produciuse despois de que Jari Kurri, director xeral de Jokerit, mantivera conversas coa KHL. Deste xeito o equipo de Helsinqui puña punto e final á tempada antes de comezar os play-offs, nos que debía enfrontarse ao Spartak de Moscova a partir do 1 de marzo.[19]

Logo de retirarse da tempada na KHL o equipo comezou a ofrecer os seus xogadores a equipos da liga finlandesa, entre eles os campións olímpicos con Finlandia Iiro Pakarinen, Petteri Lindbohm, Marko Anttila, Hannes Björninen e Niklas Friman.[20][21] O 27 de febreiro confirmouse a saída do adestrador Lauri Marjamäki logo de que este asinara con Kärpät, equipo que xa dirixira entre 2013 e 2016,[22] conseguindo co equipo de Oulu dúas ligas (2014 e 2015).[23] O 28 de febreiro anunciouse o traspaso do capitán de Jokerit, Marko Anttila, a Ilves da Liiga.[24]

A situación do equipo é confusa e a afección pregúntase sobre o futuro do equipo. Un grupo de afeccionadas e afeccionados no equipo crearon na rede social Facebook un grupo privado baixo o nome Jokerit takaisin liigaan! (en galego "Jokerit de volta á liga!"), en alusión ao campionato finlandés, integrada por unhas 6 800 persoas. Nunha enquisa realizada no grupo, o regreso do equipo á Liiga recibiu a maior parte dos apoios (490 votos), seguida do ingreso do equipo na Mestis, mentres que a opción de continuar na KHL tan só recibiu 16 votos. Do mesmo xeito sinalábase que o equipo mantén contratos coa KHL.[25]

A principios de abril Jokerit anunciaba na súa conta de Twitter que abandonaba a KHL. Con todo, no momento do anuncio o futuro deportivo do equipo era aínda unha incógnita, se ben especulouse co seu regreso á Liiga, o presidente de SM-liiga Oy sinalaba nesas datas que non houbera negociacións e que a Liiga tería antes que saber cal sería a organización e a propiedade do club, así como o estadio no que podería xogar, aínda que tamén indicou que "non hai oposición en principio".[26][27]

Novo inicio na Mestis

[editar | editar a fonte]

Os Jokerit debutaron na Mestis o 21 de setembro de 2023 fronte o K-Espoo, vixente campión da competición, cunha vitoria na prórroga. O equipo de Espoo chegou poñerse por diante 2-0 no segundo terzo, mais os goles de Alexander Forslund (autor do primeiro gol dos jókers na Mestis) e Emil Oksanen (en superioridade) igualaron a contenda, que caeu do lado capitalino grazas ao gol na prórroga de Leevi Lemberg.[28] O partido, no que antes do inicio celebrouse a cerimonia na que se elevou o bandeirín de campión da tempada 2022-23 do K-Espoo, bateu o récord de asistencia a un xogo da segunda categoría do hóckey sobre xeo finés con 6 982 persoas nas bancadas, superando a asistencia rexistrada o 22 de abril de 2023 durante o terceiro partido das finais entre o K-Espoo e o Ketterä no mesmo escenario.[29]

O debut dos Jokerit na súa pista tivo lugar o 22 de setembro de 2022 coa visita do KOOVEE ao Keravan jäähalli, que rexistrou un cheo con 1 240 persoas nas bancadas. O partido finalizou coa vitoria do equipo de Tampere (2-3), que anotou todos os seus goles no primeiro terzo. O primeiro gol na casa do equipo de Helsinqui foi obra de Mathias Hänninen.[30]

Pavillóns

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Hartwall Arena.
O Hartwall Arena durante un partido entre Jokerit e Dinamo Riga en 2018.

Jokerit xogou os seus partidos como local no Helsingin jäähalli entre 1967 e 1997, este pavillón encóntrase en Nordenskiöldinkatu, no barrio de Taka-Töölö.[31][32]

Dende 1997 o pavillón do Jokerit e Hartwall Arena, localizado no distrito de Keski-Pasila.[31] O pavillón foi remodelado en 2006 e ten unha capacidade para 13 349 espectadores.[33]

Datos de asistencia

[editar | editar a fonte]

Dende que se trasladou ao Artwall Areena, o Jokerit conta coa asistencia media máis alta de toda a SM-liiga, chegando na mellor tempada a unha media de 12.232 espectadores por partido para un pavillón con capacidade para 13.665 espectadores na tempada 1997-98. Dende o último título ligueiro conseguido polo equipo en 2002, a media de asistencia ao pavillón foi diminuíndo (con lixeiros ascensos respecto á tempada precedente en 2005 e 2007) ata chegar á media máis baixa dende que o equipo abandonara o Helsingin jäähalli en 1997 con 8.295 espectadores por partido en 2010, dende aquela a asistencia non parou de medrar, situandose por riba dos 9.000 espectadores por partido nas dúas últimas tempadas.[34]

Ano Asistencia media Clasificación en liga regular Clasificación final
2002 9.662 3 1
2003 9.581 2 4
2004 9.093 7 7
2005 9.636 2 2
2006 8.734 11 11
2007 8.928 2 2
2008 8.591 3 4
2009 8.456 4
2010 8.295 10 10
2011 8.490 6 7
2012 9.173 6 3
2013 9.828 1 5
2014 9.252 7 9

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Equipo actual

[editar | editar a fonte]

Capitáns

[editar | editar a fonte]
Ossi Väänänen, capitán do equipo entre 2010 e 2014.

Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[35]

Capitáns de 1967 a 1987
Nome(s) Período
Osmo Kuusisto1967 a 1969
Erkki Mononen1969 a 1971
Timo Turunen1971-1976
Pentti Hiiros1976 a 1977
Pentti Hiiros, Timo Turunen, Ari Mäkinen1977-1978
Jari Kapanen1978 a 1979
Jari Kapanen, Henry Leppä1979-1980
Henry Leppä1980 a 1981
Jussi Lepistö1981 a 1982
Risto Kerminen1982-1984
Markus Lehto1984 a 1985
Jari Lindroos1985 a 1986
Jari Lindroos, Jussi Lepistö1986 a 1987
Jarmo Koskinen1987-1989
Anssi Melametsä1989 a 1991
Waltteri Immonen1991 a 1999
Capitáns dende 1987
Nome(s) Período
Antti-Jussi Niemi1999 a 2000
Ville Peltonen2001 a 2002
Antti Törmänen2002
Ville Peltonen2002 a 2003
Sami Helenius2003-2004
Juha Lind2004-2005
Petri Varis2005
Marko Jantunen2005
Petri Varis2006-2009
Antti-Jussi Niemi2009-2010
Ossi Väänänen2010-2014
Niko Kapanen2014-2016
Peter Regin2016-2020
Marko Anttila2020-2022

Números retirados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Jukka Jalonen, adestrador do equipo dende 2016.

Dende 2016 o adestrador do equipo é Jukka Jalonen, que asinou un contrato que o vincula ao equipo de Helsinqui ata o ano 2018.[36] O Jokerit tivo os seguintes adestradores ao longo da súa historia:[37]

Lista de adestradores do equipo
Nome(s) Período
Jorma Salmi1967–1968
Martti Sarlin, Jorma Kyntölä1968–1969
Aulis Hirvonen1969–1970
Matti Lampainen1970–1973
Rauli Virtanen, Matti Lampainen1973–1974
Boris Maiorov1974–1976
Jorma Borgström1976–1977
Jorma Borgström, Pentti Katainen, Timo Turunen1977–1978
Matti Väisänen1978–1980
Olli J. Hietanen1980–1982
Reino Ruotsalainen1982–1985
Matti Väisänen1985–1987
Henry Leppä1987–1988
Kari Mäkinen1988–1990
Kari Mäkinen, Boris Maiorov1990–1991
Boris Maiorov1991–1993
Alpo Suhonen, Leo Äikäs, Hannu Aravirta1993–1994
Hannu Aravirta1994–1996
Curt Lundmark1996–1997
Sakari Pietilä, Curt Lundmark, Hannu Kapanen1997–1998
Hannu Kapanen, Leo Äikäs, Timo Lahtinen1998–1999
Erkka Westerlund1999–2001
Raimo Summanen2001–2003
Hannu Jortikka2003–2005
Waltteri Immonen, Curt Lindström2005–2006
Doug Shedden2006–2008
Glen Hanlon2008–2009
Hannu Aravirta, Hannu Jortikka2009–2010
Hannu Jortikka, Erkka Westerlund2010–2011
Erkka Westerlund2011–2012
Tomi Lämsä2012–2013
Tomi Lämsä, Tomek Valtonen2013–2014
Erkka Westerlund2014-2016
Jukka Jalonen2016-2018
Lauri Marjamäki2018-2022

Salóns da fama

[editar | editar a fonte]
Membros do Hockey Hall of Fame

Un único xogador do Jokerit foi introducido no Hockey Hall of Fame ata 2016, trátase de Jari Pekka Kurri,[38] que foi introducido en 2001 logo de xogar 17 tempadas na National Hockey League nas que se converteu no máximo anotador nado en Europa con 601 goles, 797 asistencias, e 1.398 puntos.[39][40]

Suomen Jääkiekkoleijonista

Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 31 xogadores que defenderon a camisola de Jokerit foron introducidos:[41]

Suomen Jääkiekkoleijonista (Leóns do Hóckey Finlandés)
Nome(s) Ano de introdución Período(s)
Matti Keinonen19871973-75
Ilpo Koskela19891969-75
Jorma Valtonen19891972-74
Veli-Pekka Ketola19901969-70
Lauri Mononen19911969-71, 1972-73
Timo Sutinen19911969-75
Seppo Suoraniemi19921972-74
Henry Leppä19961969-76, 1977-81
Jari Kurri19981977-80, 1994-95
Hannu Kamppuri19981975-79
Timo Blomqvist20021977-80
Raimo Summanen20041993-94
Esa Tikkanen20041999-00
Timo Turunen20041967-76, 1977-78
Hannu Kapanen20051974-77
Markus Ketterer20051985-88, 1991-93, 1997-99
Jari Lindroos20051981-87, 1995-97
Mika Nieminen20051997-98
Pekka Järvelä20061982-83, 1990-93
Hannu Järvenpää20061992-93
Timo Saarikoski20061993-99, 2000-01
Otakar Janecky20061991-99
Antti Törmänen20071990-95, 1996-98, 2000-02
Erik Hämäläinen20091992-95
Tero Lehterä20091995-97, 1999-00
Juha Ylönen20091993-96
Mika Strömberg20111987-99, 2002-03, 2007-08
Juha Lind20121992-97, 1998-99, 2004-05, 2008-10
Pasi Nurminen20121999-01
Ari Sulander20131987-98
Petri Varis20131993-97, 1999-01, 2004-09

Palmarés

[editar | editar a fonte]
A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia.

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
SM-liiga
  • A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Jokerit gañou proclamouse un total de cinco veces campión de Finlandia: 1992, 1994, 1996, 1997, 2002
    • 6 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1971, 1983, 1995, 2000, 2005, 2007
    • 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1998, 2012
Copas de Europa
  • Campión: 1995 e 1996
  • Medalla de bronce: 1993
Copa Continental
  • Campión: 2003
European Trophy
  • Medalla de prata: 2011
  1. O sitio web oficial do club sinala como data de fundación o 10 de outubro de 1967, mentres que Seppo Aalto sinala o 27 de outubro do mesmo ano.[2]
  1. Jussi Konttinen (28.6.2013). "Liikemies Moskovan lentokentältä HS:lle: Jokerit KHL:ään ensi vuonna". Helsingin Sanomat. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2013.
  2. Aalto 1992, p. 26.
  3. Mennander & Mennander 2003, pp. 172–174.
  4. Hannula 2012, p. 12.
  5. 1 2 jokerit.com (ed.). "Jokerit information in English" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2014.
  6. "JOKERIT YLI 30 VUOTTA" (en finés). jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2001. Consultado o 11 de outubro de 2022.
  7. jokerit.com, ed. (28 de xuño de 2013). "KHL" (en finlandés). Archived from the original on 18 de setembro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2014.
  8. Bloomberg, ed. (28 de xuño de 2013). "Putin Allies Buy Finnish Hockey Team to Play for Russian Title" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
  9. IIHF, ed. (28 de xuño de 2014). "Jokerit to join KHL in 2014" (en inglés). Archived from the original on 09 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014.
  10. The Globe and Mail (ed.). "Joketrit to play in KHL in 2014-15".
  11. SM-liiga, ed. (3 de outubro de 2014). "Jari Kurri ja Janne Vuorinen Jokerien organisaatioon" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
  12. Tamén se converteu no primeiro equipo dun país nórdico en participar na competición eurasiática, e no primeiro equipo dun país que non pertencera a un réxime comunista. Erro na cita: Parámetro "group"nota"" non válido na etiqueta <ref>. Os parámetros admitidos son: dir, follow, group, name.
  13. eurohockey.com, ed. (8 de novembro de 2013). "KHL adds 29th team" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
  14. eurohockey.com, ed. (30 de xullo de 2013). "SM-liiga allows Jokerit to play" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
  15. "Ukrainan kriisin seuraus: Jokerien kannattaja­yhdistys vaatii joukkuetta vetäytymään KHL:stä välittömästi - ”Suojelkaa seuraa” Kannattajayhdistys toivoo myös, että Jokerit ry vetää tunnuksensa pois KHL-joukkueelta.". Helsingin Sanomat  (en finés). 22 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. Carácter guión suave en |título= na posición 46 (Axuda)
  16. "Näin Jokerit kommentoi kannattajiensa vaatimusta lähteä KHL:stä: ”Meillä on sarjassa sitovat sopimukset”". Helsingin Sanomat  (en finés). 22 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
  17. "Venäläinen urheilu­sivusto yllättyi Jokereiden ”tottelevaisuudesta” KHL:ää kohtaan – ja keksi sille myös syyn". Helsingin Sanomat  (en finés). 23 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. Carácter guión suave en |título= na posición 19 (Axuda)
  18. "Yhteistyö­kumppanit kaikkoavat Jokereilta, myös Hartwall tutkii mahdollisuutta irtautua sopimuksestaan". Helsingin Sanomat  (en finés). 24 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. Carácter guión suave en |título= na posición 10 (Axuda)
  19. "JOKEREIDEN KAUSI ON OHI" (en finés). jokerit.com. 25 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
  20. Kunnari, Timo (24 de febreiro de 2022). "Jokerien pelaajia kaupataan jo täysillä SM-liigajoukkueille". Iltalehti (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  21. Korpela, Emilia (25 de febreiro de 2022). "Pelicansin kiinnostus Jokereiden pelaajia kohtaan laimeaa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  22. "Lauri Marjamäki Kärppien päävalmentajaksi" (en finés). karpat.fi. 27 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  23. "Finland SM-liiga history and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  24. Lehtinen, Lauri (28 de febreiro de 2022). "Marko Anttila palaa Ilvekseen! Tapparallekin kaksi huippuvahvistusta: mestaripelaaja Veli-Matti Savinainen on taas kirvesrinta". Aamulehti (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  25. "Jokeri-fanien tuska ja katkeruus purkautuu Facebookissa – ”Ihmetyttää, kun tosifanit ilakoivat, että sponsorit lähtee”". Helsingin Sanomat  (en finés). 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
  26. Miettinen, Heikki; Hakola, Tero (5 de abril de 2022). "Jokerit antoi lopullisen vahvistuksen – seura jättää hyvästit KHL-liigalle". Helsingin Sanomat  (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022.
  27. Reponen, Jussi-Pekka (5 de abril de 2022). "Jokerien kannattajayhdistyksessä osattiin odottaa ilmoitusta KHL:n jättämisestä: ”Ilmiselvä juttu”". Helsingin Sanomat  (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022.
  28. "Jokerit nousi jatkoaikavoittoon ennätysyleisön edessä" (en finés). Mestis.fi. 21 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
  29. "Mestiksen uusi yleisöennätys tehtiin Espoossa" (en finés). Mestis.fi. 22 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
  30. Niemistö, Juho (22 de setembro de 2023). "Jokerien kotiavauksen tunnelma löi Kooveen ulkomaalais­vahvistuksen ällikällä – ”Uskomaton”". Aamulehti (en finés). Consultado o 23 de setembro de 2023. Carácter guión suave en |título= na posición 55 (Axuda)
  31. 1 2 "Helsingin kaupungin paikkatietopalvelu" (en finés). Cidade de Helsingin. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013.
  32. "Main page". www.helsinginjaahalli.fi (en finés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
  33. "Hartwall Arena" (en finés). Jokeriit. Consultado o 11 de decembro de 2021.
  34. Datos de asistencia en www.hockeyarenas.net
  35. jokerit.com (ed.). "Kapteenit" (en finlandés). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2014.
  36. "JALONEN PÄÄVALMENTAJAKSI KAUSILLE 2016-18" (en finés). Jokerit. 3 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016.
  37. jokerit.com (ed.). "Valmentajat" (en finlandés). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016.
  38. "Players. Team. Jokerit Helsinki". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 5 de xuño de 2016.
  39. "Players. Jari Kurri". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 5 de xuño de 2016.
  40. "Jari Kurri. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 5 de xuño de 2016.
  41. "ICE HOCKEY LIONS" (en inglés). Jokerit. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]