Muumimuseo
Muumimuseo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | museo de arte, museo e museo de literatura ![]() | |||
Tema principal | Mumintrollen, Mumindalen e Tove Jansson ![]() | |||
Parte de | Museo de Arte de Tampere ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1987 ![]() | |||
Inauguración | 9 de maio de 1987 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Finlandia | |||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | |||
Rexión | Pirkanmaa | |||
Concello | Tampere ![]() | |||
Localización | Tampere-talo, Biblioteca Principal de Tampere, Museo de Arte de Tampere e Tampere-talo ![]() | |||
Sede | Tampere-talo ![]() | |||
Rúa | Yliopistonkatu (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Código postal | 33100 ![]() | |||
Enderezo | Yliopistonkatu 55, 33100 Tampere e Yliopistonkatu 55 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | muumimuseo.fi ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Muumimuseo é un museo de arte situado na cidade de Tampere, Finlandia. O museo presenta obras orixinais de Muumintroll e a súa autora Tove Jansson. Está administrado polo Museo de Arte de Tampere e anteriormente foi denominado Tampereen taidemuseon Muumilaakso (en galego Museo de Arte Val Muumi de Tampere).[1][2] É un museo especialmente popular entre o público adulto e estranxeiro.[3][4]
O museo foi aberto ao público inicialmente en 1987 e durante os seus primeiros 25 anos de existencia estivo localizado na planta baixa da Biblioteca "Metso", a principal biblioteca da cidade, ata que tivo que ser trasladado a causa das renovacións. Posteriormente, entre 2013 e 2016, foi trasladado á planta baixa do Museo de Arte, onde permaneceu ata que en 2017 se trasladou á súa localización definitiva no Tampere-talo, espazo que foi inaugurado no verán dese mesmo ano.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muumilaakso" (en finés). Tampere: Tampereen taidemuseon Muumilaakso. 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Muumilaakso on sulkeutunut!" (en finés). Tampere: Tampereen taidemuseon Muumilaakso. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ Rämö, Marjo (21 de decembro de 2012). "Katso, millainen on Tampereen uusittu, upea muumimuseo". Tamperelainen (en finés) (Tampere). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Mikä saisi miljoona aasialaista turistia viipymään Suomessa? Vastaus on Tampereen Muumimuseo". Aamulehti (en finés). 2016-01-27. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ Roth, Raili (1 de novembro de 2016). "Muumimuseon avajaiset viivästyvät: ”Rakennusteknisiä haasteita”". Aamulehti (en finés) (Tampere). Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Tampereen Muumilaakso muuttaa taidemuseon alakertaan". Helsingin Sanomat (en finés). 7 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do museo (en varias linguas)