Naisten Liiga
Naisten Liiga | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1982 |
Rexión | ![]() |
Equipos | 10 (1ª fase) 12 (2ª fase) |
Actual campión | ![]() |
Máis laureado | ![]() |
Televisión | Ruutu |
Sitio web | Leijonat.fi |
![]() |
A Naisten Liiga (anteriormente denominada Jääkiekon naisten SM-sarja) é a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. A competición naceu na tempada 1982-83 e na actualidade a integran oito equipos.
A meirande parte dos campionatos foron gañados por Tampere Ilves (10) e Espoo Blues (15), mentres que os 10 restantes se reparten entre 6 equipos. Os Blues dominaron a competición a principios do novo século, cun récord de títulos acadados entre 1999 e 2005, mentres que Ilves conseguiu a meirande parte dos seus títulos entre 1985 e 1993 con oito títulos en nove anos.
Historia[editar | editar a fonte]
Na primavera de 2011 a comunidade finlandesa do Canadá doou a Aurora Borealis Malja, o trofeo que dende entón é entregado ao equipo campión.
Na tempada 2017-18 a SM-sarja mudou a súa denominación a Naisten Liiga.[1] Na tempada seguinte uníronse á liga Vaasan Sport e TPS,[2] producíndose un aumento do número de equipos participantes de oito a dez.
A causa da pandemia por coronavirus, na tempada 2019-20 por primeira vez a liga non decidiu ningún equipo campión,[3] cancelándose a tempada logo das semifinais, non disputándose a final entre Kiekko-Espoo e KalPa.[4]
Equipos 2022-23[editar | editar a fonte]
A maior parte dos equipos da Naisten Liiga comparten os seus nomes cos equipos masculinos profesionais da Liiga ou a Mestis – HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kiekko-Espoo, Kärpät, Lukko RoKi e TPS – mais os equipos femininos teñen recibido historicamente limitados recursos e promoción por parte dos equipos masculinos afiliados.[5] Nos anos recentes producíronse progresos na construción dunha mellor relación entre os equipos femininos e masculinos; agora moitos equipos masculinos dan algo de apoio ás súas contrapartes femininas anunciando xuntos os seus partidos ou axudando a asegurar patrocinadores.[6][7]
Nome | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Títulos |
---|---|---|---|---|---|
Stadin Gimmat HIFK Naiset |
![]() |
Malmin jäähalli | 500 | 1982[a] | 0 |
HPK | ![]() |
Metritiski Areena | 700 | 1929 | 1 |
Ilves | ![]() |
Tesoman jäähalli | 1 500 | 1931 | 10 |
KalPa | ![]() |
Olvi Areena | 5 224 | 1929 | 0 |
Kiekko-Espoo | ![]() |
Tapiolan harjoitusareena | 750 | 1989 | 15 |
Kärpät | ![]() |
Oulun Energia Areena | 6 614 | 1990 | 3 |
Lukko | ![]() |
Westinghouse Areena | 2011 | 0 | |
RoKi | ![]() |
Lappi Areena | 3 500 | 2012 | 0 |
Team Kuortane | ![]() |
Kuortaneen jäähalli | 400 | 2010 | 0 |
TPS | ![]() |
Marli Areena | 2 875 | 1990 | 0 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Dende a primeira edición da liga na tempada 1982-83, oito equipos gañaron a Naisten Liiga. Dende 2011 o equipo campión recibe a Aurora Borealis Malja, mentres que o segundo e terceiro clasificados reciben medallas de prata e bronce. A seguinte táboa amosa os equipos campións do campionato finlandés feminino de hóckey sobre xeo:[8][9]
Trofeos[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Trofeos da Naisten Liiga.
Trofeos a equipos[editar | editar a fonte]

- A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición, doado pola comunidade finlandesa no Canadá en 2011, e o primeiro equipo en alzar o trofeo foi HPK.[10][b] É o equivalente á Kanada-malja da Liiga (máxima competición do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia) ou a Copa Stanley da National Hockey League (NHL).
- Medallas de prata e bronce para o segundo e terceiro equipos nos playoff respectivamente.
Trofeos individuais[editar | editar a fonte]
- Trofeo Riikka Nieminen: outorgado á mellor xogadora da Naisten Liiga dende a tempoda 2008-09.[12]
- Trofeo Tuula Puputti: recompensa cada ano á mellor porteira da liga.[13]
- Trofeo Päivi Halonen: entregado cada ano á mellor defensora da liga. Creado na tempada 2005-06, a primeira xogadora premiada foi Heidi Pelttari.[14]
- Trofeo Katja Riipi: entregado cada ano á mellor dianteira da liga. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora Katja Riipi.[15]
- Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten Liiga, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora de Ilves e membro do Salón da Fama do hóckey finlandés Marianne Ihalainen.[16][17]
- Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga.[18]
- Trofeo Sari Fisk: dende a tempada 2010-11 se entrega o trofeo Sari Fisk á xogadora con mellor plus–minus ao final da liga regular.[19]
- Trofeo Karoliina Rantamäki: entregado dende a tempada 1999-2000 á MVP dos play-offs.[20]
- Trofeo Noora Räty: outorgado á mellor debutante na liga dende a tempada 2005-06.[21]
- Trofeo Emma Laaksonen: o premio ao xogo limpo entrégase dende a tempada 2011-12.[22]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Refundado en 2018.
- ↑ Anteriormente, entre 1983 e 2010, se entregaba a Sammon Malja ao equipo campión.[11]
- Referencias
- ↑ "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ Varjonen, Terhi (19 de marzo de 2018). "Vaasan Sportin naiset pelaavat ensi kaudella liigakiekkoa" (en finés). Yle.fi. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Koronavirus lopettaa Jääkiekkoliiton alaisten sarjojen kauden – Myös alle 16- ja 17-vuotiaiden kotimaan maaottelut peruttu" (en finés). leijonat.fi. 12 de marzo de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ Foster, Meredith (24 de marzo de 2017). "Women's Pro Hockey in Finland Tries to Get More Spotlight" (en inglés). The Victory Press. Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ Aykroyd, Lucas (29 de marzo de 2019). "Women’s Worlds media round-table" (en inglés). IIHF. Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ Teiskonlahti, Kirsi (11 de setembro de 2018). "Naiskiekon arvostus on kasvanut, mutta ihannetilanteeseen on Suomessa vielä pitkä matka – kehitys vaatii hurmosta ja SM-liigaseurojen apua". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ "MITALIJOUKKUEET". Jääkiekkokirja (PDF) (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 237.
- ↑ "Tältä se näyttää - Aurora Borealis -malja julkistettiin!". leijonat.fi (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 21 de marzo de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ Panel da exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Player (Riikka Nieminen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A SM-sarja en www.finhockey.fi (en finés)