Saltar ao contido

Museo da Policía, Tampere

Museo da Policía, Tampere
Tampere Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Enderezo
Vaajakatu 2, 33720 Tampere Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal33720 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: poliisimuseo Instagram: poliisimuseo Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Museo da Policía (en finés Poliisimuseo) é un museo situado no barrio de Hervanta, na cidade de Tampere, Finlandia. Creado en 2004, dende 2008 conta coas súas propias instalacións, nas que recibe en torno a 30 000 visitantes anuais aproximadamente.[1]

O museo naceu en 2004 en conexión coa Escola Nacional de Policía de Tampere e inicialmente a súa colección exhibiuse no Museokeskus Vapriikki un ano despois ao non contar coas súas propias instalacións, que foron construídas en 2008 e abertas ao público en setembro dese mesmo ano.[1]

En 2019 o Museo do Crime integrouse no Museo da Policía, se ben a maior parte da colección do Museo do Crime continúa nas instalacións da Policía Criminal Central en Vantaa, pero non accesibles ao público xeral.[1]

Colección

[editar | editar a fonte]

A colección do museo inclúe en torno a 15 000 obxectos, 100 000 fotografías, 2 600 libros e 2 600 películas ou contidos multimedia. De entre todos estes fondos, a exposición permanente ten exhibidos 340.[1]

No museo poden verse uniformes, armas, vehículos, documentos...

Exhibición e actividades

[editar | editar a fonte]

O museo conta cunha exposición principal permanente e tamén acolle outras exposicións temporais.[2]

Existe unha sección adicada ao público máis pequeno para que as nenas e nenos poidan xogar con diferentes xogos relacionados coa actividade policial. O museo conta tamén con xogos de resolución de casos, entre outros, e conta con proxeccións de filmes, principalmente en finés.[3]

  1. 1 2 3 4 "The museum in brief" (en finés). poliisimuseo.fi. Consultado o 11 de abril de 2021.
  2. "Visit our exhibitions" (en inglés). poliisimuseo.fi. Consultado o 11 de abril de 2021.
  3. "Things to do and experience" (en inglés). poliisimuseo.fi. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2021. Consultado o 11 de abril de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]