Ilves Naiset Akatemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilves Naiset Akatemia
Fundación2023
Cidade Tampere,
Pirkanmaa
Finlandia Finlandia
EstadioVarias
LigaNaisten Suomi-sarja
DirectorFinlandia Yin Tuorila
AdestradorFinlandia Anna Pietilä
Afiliado(s)Ilves Naiset (Naisten Liiga)
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Na rede
https://ilvesnaiset.com

O Ilves Naiset Akatemia é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase dun equipo de formación creado polo Ilves en 2023, cando comezou a competir na Naisten Suomi-sarja.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O Ilves Akatemia fronte o Salo HT no Tesoman jäähalli en 2023.

A principios do mes de xaneiro de 2023 o Ilves anunciou que inscribira un novo equipo para disputar na primavera dese mesmo ano a terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Suomi-sarja,[1] na que tomaron parte os dez equipos peor clasificados da Naisten Mestis, a segunda categoría.[2] O obxectivo do club era dar máis oportunidades de xogo ás xogadoras de hóckey sobre xeo, polo que a base do equipo foron principalmente rapazas dos equipos U18 e U15.[1]

O equipo técnico escollido para o inicio do proxecto estivo integrado por persoas con experiencia e relación co club, estando liderado por Anna Pietilä, coordinadora do hóckey feminino na área de Pirkanmaa, así como por Rami Kujala, Janne Huurtela e Kari Uusimaa, que contaron co soporte de Marjo Voutilainen, adestradora do primeiro equipo. Pola súa banda, Tytti Uusimaa foi nomeada capitá, mentres que Sini Laineesta e Tilda Heimosta foron as vicecapitás.[3]

O Ilves Akatemia debutou na Naisten Suomi-sarja o 15 de xaneiro de 2023 na súa visita ao Salo HT,[3] partido que finalizou con derrota para o equipo de Tampere por 12-0.[4] O seu primeiro partido como local tivo lugar o 29 de xaneiro no Hervannan jäähalli fronte ás Pelicans nunha nova derrota (0-3).[5] A primeira vitoria do equipo non chegou ata o 26 de febreiro, cando o equipo derrotou por 11-2 ao Turku HC en Sentteri RK.[6] Tilda Heimo foi a autora do primeiro gol do equipo o 21 de xaneiro durante o partido que enfrontou ao Ilves Akatemia fronte ao HIFK N18 en Helsinqui.[7] Ao finalizar a tempada o equipo ocupou a derradeira posición da táboa cunhas soa vitoria e once derrotas, anotado só 22 goles e encaixando 116.[8][9]

Estadio[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada o equipo non tivo unha sede fixa, senón que disputa os seus partidos como local en diferentes estadios de Tampere coñecidos polas persoas afeccionadas ao hóckey sobre xeo feminino e xuvenil da cidade, como o Hervannan jäähalli ou o Tesoman jäähalli.[3]

Na súa segunda tempada o Ilves Akatemia xoga os seus partidos como local en Tesoma, mais ocasionalmente tamén xoga ocasionalmente en Sentteri.

Personalidades[editar | editar a fonte]

Capitás[editar | editar a fonte]

A primeira capitá do equipo foi Tytti Uusimaa durante a tempada 2023 da Naisten Suomi-sarja, na segunda tempada do equipo a súa capitá pasou a ser Milja Kiiskilä.[3][10][11]

Capitás de Ilves Akatemia
Nome(s) Período
Tytti Uusimaa 2023
Milja Kiiskilä 2023-

Adestradoras[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada do equipo Anna Pietilä foi a encargada de dirixilo.[3] O 14 de agosto de 2023 o equipo anunciaba na súa conta de Facebook que Tony Suoniemi sería o novo adestrador xefe para a tempada 2023-24, con opción a unha segunda.[12]

Adestradoras de Ilves Akatemia
Nome(s) Período
Anna Pietilä 2023
Tony Suoniemi 2023-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ilves on ilmoittautunut Naisten Suomi-sarjaan kevääksi 2023!" (en finés). Ilves ry. 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de marzo de 2023. 
  2. Ruotalainen, Annu (27 de decembro de 2022). "Naisten Mestikseen noussut KalPa Akatemia lähtee tavoittelemaan menestystä – "Ohipeleihin ei ole varaa"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de marzo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Kiesiläinen, Leevi (14 de xaneiro de 2023). "Ilveksen akatemiajoukkue Naisten Suomi-sarjaan − "Potentiaalisia tulevaisuuden pelaajia tulee olemaan paljon"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de marzo de 2023. 
  4. "Salo HT vs Ilves Ak. (15.1.2023)" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  5. "Ilves Ak. vs Pelicans (29.1.2023)" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  6. "Ilves Ak. vs Turku HC (26.2.2023)" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  7. "HIFK N18 vs Ilves Ak. (21.1.2023)" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  8. "Clasificación 2023" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  9. "Partidos 2023" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  10. "KOKOONPANO Ilves Ak 2023" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de setembro de 2023. 
  11. "NAISET AKATEMIA". Ilves Murise (en finés) (Ilves ry). outono de 2023. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  12. Benvida ao adestrador no perfil de Facebook do equipo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]