HC Turun Palloseura
TPS | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1929 |
Sede | ![]() ![]() ![]() |
Cancha | HK-areena (11.820 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 11 |
Adestrador | ![]() |
Director | ![]() |
Propietario(S) | Turun Palloseuran säätiö (37 %) Varamiespalvelu Oy Miikka Kiprusoff TS-Yhtymä Mikko e Saku Koivu [2] |
Equipo(s) afiliado(s) | TuTo (Mestis) |
Uniforme | |
Cores | Negro e branco |
Sitio web Sitio web oficial |
O HC TPS Turku Oy, ou símplemente Turun Palloseura (abreviado TPS), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en once ocasións (dez dende que adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no HK-areena, pavillón con capacidade para 11.820 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
O TPS fundouse en 1922 como Turun Palloseura, de onde deriva o acrónimo. A sección de hóckey sobre xeo do club comezou as súas actividades en 1929. Actualmente o nome da compañía propietaria do equipo é HC TPS Turku Oy.
O TPS gañou o campionato finlandés de hóckey sobre xeo en 11 ocasións (1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010), sendo as dez últimas baixo a denominación actual da liga (SM-liiga), sendo o terceiro equipo con máis títulos por detrás do Ilves (16) e o Tappara (15). Seis dos once títulos do club foron conseguidos co adestrador Hannu Jortikka entre as tempadas 1989-91 e 1999-01. O TPS ten tamén conta nas súas vitrinas con dúas Copas de Finlandia.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 11 SM-liiga: 1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010
- 2 Suomen Cup: 1955 e 1956
- 1 IIHF European Champions Cup: 1994
- 1 European Hockey League: 1997
- 1 IIHF Super Cup: 1997
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 6 Aaro Kivilinnan muistopalkinto: 1977, 1991, 1995, 1997 (compartido co Jokerit), 2002 e 2004
- 13 Harry Lindbladin muistopalkinto: 1976, 1980, 1982, 1985, 1989, 1990, 1991, 1993, 1994, 1998, 1999, 2000 e 2004
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
Números retirados[editar | editar a fonte]
- 3 Timo Nummelin
- 8 Juhani Wahlsten
- 11 Saku Koivu (non retirado oficialmente mais fora de circulación)
- 23 Hannu Virta
Adestradores[editar | editar a fonte]
Dende que se creou a SM-liiga teñen pasado os seguintes adestradores polo banco do TPS:
- Raimo Määttänen 1975–1980
- Juhani Wahlsten 1980–1983
- Matti Keinonen 1983–1985
- Juhani Tamminen 1985–1988
- Hannu Jortikka 1988–1992
- Vladimir Jursinov 1992–1998
- Hannu Jortikka 1998–2001
- Kari Jalonen 2001–2003
- Jukka Koivu 2003–2005
- Hannu Jortikka 2005–2007
- Hannu Virta 2007–2008 [3]
- Kai Suikkanen 2008–2010
- Heikki Leime 2010
- Riku-Petteri Lehtonen 2010–2011
- Jukka Koivu 2011
- Pekka Virta 2011–2012
- Juha Pajuoja 2012–2013
- Kai Suikkanen 2013–
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ HC TPS: Suikkanen ja Lehtonen palaavat TPS-valmennukseen[Ligazón morta]
- ↑ Propietarios do TPS[Ligazón morta]
- ↑ Jatkoaika.com, ed. (26 de outubro de 2008). "TPS vapautti Hannu Virran ja Kalle Kaskisen valmennusvastuusta". Consultado o 16 de outubro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Turun Palloseura ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial do TPS (en finés)
- TPSen www.liiga.fiArquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en finés)