Museo dos Traballadores Werstas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 61°30′05″N 23°45′34″L / 61.50139, -23.75944

Museo dos Traballadores Werstas
Työväenmuseo Werstas
Werstas Entrance.JPG
Entrada do Museo Werstas.
Coordenadas61°30′05″N 23°45′34″L / 61.50139, -23.75944
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo especializado
AdministradorAsociación de Museos de Traballadores e Cidade de Tampere[1]
DirectorUlla Rohunen[2]
Inauguración1993
Superficie2 000 m²
Visitantes30 989 (2020)[3]
Sitio Webwerstas.fi
editar datos en Wikidata ]

O Museo dos Traballadores Werstas (en finés Työväenmuseo Werstas), é un museo nacional especializado situado na cidade de Tampere, Finlandia. Werstas abriu as súas portas o 12 de novembro de 1993.[4]

Está especializado en rexistrar, investigar e preservar a historia social e a historia do traballo e a poboación activa.[1] Dende principios de 2014 o Museo dos Traballadores Werstas tamén administra o Museo Lenin, situado na Casa dos Traballadores de Tampere.[5]

Cunha superficie de en torno a 2 000 m²,[6] Werstas é o segundo museo máis grande de Tampere e o museo gratuíto máis grande de Finlandia.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Tietoa Werstaasta" (en finés). Tampere: Museo dos Traballadores Werstas. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  2. Mäkinen, Petteri (6 de maio de 2020). "Werstaan museonjohtaja matkaa takavuosisatojen rautatienrakentajien pariin – Varajohtaja hyppää puikkoihin". Tamperelainen (en finés). Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  3. Haapala, Petteri (6 de maio de 2020). "Korona vei kävijöitä Werstaalta ja Lenin-museosta – Leninin syntymäpäiviä jouduttiin juhlimaan suljetuin ovin". Tamperelainen (en finés). Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Werstas täytti tiistaina 12.11. tasan 20 vuotta" (en finés). Tampere: Museo dos Traballadores Werstas. 11 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2021.  O valor |dead-url=no" == DeadURL or "non é incorrecto (Axuda)
  5. "Lenin-museo uudistetaan" (en finés). Tampere: Museo dos Traballadores Werstas. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  6. "Tule Werstaalle" (en finés). Tampere: Museo dos Traballadores Werstas. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]